A Mariña
Con motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este venres, día 14, no Cenima, organízanse unhas xornadas de portas abertas que comezan o próximo domingo, 16 de xuño, en Cervo e continuarán nas seguintes fins de semana de xuño en Mondoñedo, A Pontenova, Viveiro e Burela. Estas accións realízanse no marco do convenio firmado coa Axencia de Turismo de Galicia.
No novo material informativo, que estará dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca a partir do día da presentación, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa.
A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o...
leer másO Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, participou este luns, na Casa Habanera de Guitiriz, na presentación das XII Xornadas do PeregrinoAbrindo Camiño nas comarcas de A Mariña e a Terra Chá. No marco desta iniciativa, impulsada pola Asociación de Amigos do Camiño do Norte Abrindo Camiño e na que colaboran a Deputación e os concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Barreiros e Guitiriz, realizaranse catro andainas no mes de xuño para impulsar o Camiño do Norte ao seu paso pola provincia de Lugo.
As tres primeiras rutas serán os días 16, 23 e 29 de xuño e discorrerán pola variante marítima do Camiño do Norte, polos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo. A cuarta andaina será o 30 de xuño polo Camiño do Norte ao seu paso polas localidades de Baamonde,en Begonte, e Parga, en Guitiriz.
... leer másDurante todo o mes de xuño chegará ás veciñas e aos veciños da comarca a nova campaña de concienciación da FCAM Compra na Mariña, desvirtualízate co obxectivo de potenciar as compras no comercio local. Preséntase en varios formatos: con chapas/pins, que lucirán os empregados dos establecementos asociados; con servilletas, que estarán presentes nos locais hostaleiros; con vallas publicitarias e con anuncios en radio, en prensa, no cine, na televisión e nas redes sociais para tentar chegar ao maior número de persoas posible. Un dos principais destinatarios da campaña é a xente nova, que é a que máis compra a través de internet.
Compra na Mariña, desvirtualízate é unha campaña pensada en positivo, na alegría que supón saír de compras no comercio local e no orgullo que debemos sentir por sermos mariñáns. Os cinco sentidos son protagonistas...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha dous cursos de formación gratuíta dirixida a axentes turísticos do territorio, en activo ou desempregados vinculados ao sector. Esta formación que se desenvolve grazas ao Convenio firmado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, faise en colaboración co IES de Foz. Serán os docentes de Hostelería e do departamento de inglés deste centro os encargados de transmitir o coñecemento e experiencia aos asistentes.
Dende a Área de Turismo da Mancomunidade da Mariña Lucense considérase que a formación é un factor determinante na actividade do sector turístico para adaptarse a todos os cambios que se veñen producindo na sociedade en xeral e no turismo en particular. Con esta iniciativa preténdese dar unha resposta...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro 25 de maio un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de Mañón. Aínda que dos detalles das visitas se informará máis polo miúdo, adiántase que serán guiadas e que se visitará Bares, O Barqueiro, as Ribeiras do Sor e as Grañas do Sor.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Foz e faría as paradas intermedias necesarias ata Bares. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10h00 ata as 19h00, cunha pausa para o xantar de 14h00 a 16h00.
O prezo da actividade é de 2€ para as/os socias/os e 12€ para as persoas que non o sexan; o bus serían 10€ e o xantar 15€. Para poder organizar axeitadamente esta saída, cómpre anotarse...
leer másVuelve un verano más el Memorial Heroes do Orzán de la Fundación Imdecum, con la octava edición y regresando a sus orígenes, con sede únida en A Mariña.
El Torneo de Fútbol Sala Base en recuerdo de los policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López y José Antonio Villamor Vázquez arrancará en la comarca el 26 de junio, hasta el domingo 30. Burela, Foz, San Cibrao, Xove y Viveiro volverán a ser testigos del mejor futsal de pequeñas promesas del panorama nacional, en las categorías prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete y juvenil.
Inscripción abierta. Los equipos interesados podrán reservar su plaza hasta el martes 4 de junio. Toda la información en contacto@imdecum.com // 982 888 610 // 670321857
Este martes, 23 de abril, deron comezo as actuacións de “A Maxia dos Valores” un programa educativo innovador dirixido ao alumnado de infantil e primaria co que o Goberno da Deputación leva a colexios de toda a provincia un espectáculo de maxia capaz de transmitir valores como a responsabilidade, a gratitude ou o respecto, así o explicou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. Esta primeira actuación tivo lugar no salón de actos do CEIP San Miguel de Paradela ante medio cento de nenos.
A Deputada destacou que “grazas as capacidades únicas da maxia, como son a capacidade de sorprender e emocionar, este espectáculo convertese nunha ferramenta educativa de gran calado entre os máis pequenos. Xa tenos confirmados máis de 450 nenos que desfrutarán deste espectáculo singular ao tempo que aprenden”.
A programación do...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo, as audioguías ficcionadas da Mariña en catro idiomas: galego, castelán, inglés e francés e o material que se elaborou para a promoción deste produto conxunto. Este proxecto levado a cabo pola Mancomunidade e o Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) conta co apoio da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para a promoción turística do xeodestino.
No acto participaron o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; a concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández; o responsable da Área de Turismo na Deputación de Lugo, Eduardo Vidal; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e a xerente de...
leer másO Presidente, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, informaron sobre a posta en marcha dunha nova campaña de promoción e exaltación dos produtos da provincia baixo o nome E para comer...Lugo. Fixérono nun acto acompañados de representantes de distintos locais de restauración que se sumaron a esta iniciativa, no que se degustaron algúns dos pratos que se poderán desfrutar durante estas xornadas. Máis información en www.deputacionlugo.gal e www.eparacomerlugo.com
Trátase dunha iniciativacoa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios lucenses introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida (D.O.P) ou indicación xeográfica protexida (...
leer más












