A Mariña
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este mércores na Praza Maior de Viveiro, a cuarta edición doRaid Gallaecia, unha proba multideportiva que se celebrará entre o 10 e o 19 de maio nos concellos da Comarca da Mariña e en Muras, e na que participarán máis de 150 deportistas de todo o continente. No acto, Campos Conde estivo acompañado polo Deputado de Deporte, Pablo Rivera Capón,a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Presidente da Mancomunidade da Mariña, Alfredo Llano García, os organizadores e representantes de varios dos concellos polos que descorrerá a proba.
O Presidente destacou que “A Mariña descóbrese como espazo cunha gran potencialidade para as competicións que unen deporte e o patrimonio natural, así se demostrou fai unhas semanas co Illa Pancha Challenge, un evento que encheu Ribadeo de...
leer másA firma galega Galipizza obtivo a certificación da marca “Q” do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) na categoría de “Servicios de Restauración”, converténdose así na única cadea de restauración galega que o ostenta, o que supón un impulso no seu proceso de mellora continua para asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible.
A marca de garantía Q Calidade Turística é unha marca de recoñecido prestixio dirixida á certificación de servizos turísticos. Para obter este galardón Galipizza superou nos últimos meses unhas estritas auditorías que aseguran que a prestación dos seus servizos é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade; analizando tódolos aspectos da xestión dos seus establecementos: xestión, aprovisionamento, materias primas, prestación do servizo, instalacións, etc; así como a formación e...
leer másA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a desenvolver unha campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e con este fin visitará cinco centros educativos lugueses ao longo desta semana.
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta iniciativa, enmarcada na campaña xeral ‘O que se enchufa recíclase’ busca sensibilizar aos máis cativos na necesidade de realizar un tratamento axeitado deste tipo de residuos
A actividade desenvolverase no CEIP San Xoán de Becerreá e no CEIP Plurilingüe de Monterroso (día 8 de xaneiro); no CPI Ramón Piñeiro de Láncara (día 9 de xaneiro); e, finalmente, no CEIP Virxe do Carme de Burela e no CPR Pluringüe Martínez Otero de Foz (día 10 día de xaneiro)
... leer másO Festival da Mariña Imaxiña 2018 levou ao realizador audiovisual Xaime Miranda ao IE Alfoz-O Valadouro para compartir co alumnado de 4º ESO a súa experiencia cun obradoiro de vídeo.
O estudantado coñeceu máis de preto o proceso de creación dunha curta, seguindo os pasos de presentación da personaxe, aparición do conflito, acción ante o conflito e resolución. A partir de títulos como ‘Hipo’, ‘Invisible’ e ‘Cambio de Notas’ desenvolveron a historia e gravaron as imaxes, para a posterior edición e montaxe.
O obradoiro de Xaime Miranda é o segundo desta oitava edición do Festival Audiovisual da Mariña, que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. A comezos de mes a fotógrafa Sabela Blanco impartiu outro de fotografía destinado aos usuarios da Fundación Eu Son de Burela.
...
leer más700 establecementos da Mariña participan en Merca e Gaña polo Nadal, a campaña de sensibilización e promoción das compras no pequeno comercio, que puxo en marcha a Deputación a través da Federación de Comercio de Lugo. O Voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, e o Presidente de dito colectivo, José María Seijas López, informaron sobre esta iniciativa a veciños de Viveiro, acompañados pola Alcaldesa deste Concello, María Loureiro. As persoas que merquen en ditos establecementos da Mariña ata o 6 de xaneiro participarán no sorteo de 40 premios por valor de 10.000 euros, que poderán reinvestir en novas compras no comercio local.
Santos Ramos apuntou que “estamos nunha época de demanda e consumo, na que queremos convidar aos cidadáns a comprar no comercio local, a comprometerse cos seus veciños, cos seus Concellos, coa vida das...
leer másEsta fin de semana, os días 30 de novembro e 1 de decembro, remata o Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña. En varios locais hostaleiros mariñáns de Viveiro, Cervo, Alfoz e Ribadeo haberá cenas cheas de boa gastronomía e ilusión.
Esta quinta fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue este venres, 30 de novembro, en As Sirenas, en Viveiro, coa presenza do Mago Teto; e no Almacén, en Cervo, estará o Mago Rafa. Finalmente o 1 de decembro o Mago Teto levará a maxia a Casa Franco, en Alfoz; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Parador de Turismo de Ribadeo.
O sétimo Mes da Maxia desenvolveuse desde o pasado 2 de novembro. Na iniciativa, que xa está consolidada no outono mariñán, participaron os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acolleron as súas actuacións...
leer másEsta fin de semana, os días 23 e 24 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Barreiros, Ribadeo, O Vicedo e Mondoñedo.
Esta cuarta fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue este venres, 23 de novembro, en Barreiros. O restaurante A Yenka contará con Pi e Joge e Texturas Galegas, en Ribadeo, gozará cos trucos do Mago Rafa. E o 24, o sábado, Pie e Paredes actuarán no restaurante Area Grande, de O Vicedo, e Joge estará en A Penela, en Mondoñedo.
Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do...
leer másDo 26 de novembro ao 11 de decembro terán lugar os cursos de formación para profesionais da hostalería que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Serán impartidos pola Asociación de Cociñeiros da comarca e desenvolveranse no restaurante O Asador del Alba, en Barreiros.
Como todos os anos, desde o 2016, a Mancomunidade ofrece formación específica para as empresas de restauración e hostalería, que se desenvolve grazas ao convenio firmado pola Mancomunidade e a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia. A devandita formación vai dirixida este ano ao persoal de cociña co interese de fomentar o produto local.
Esta formación estará impartida pola Asociación de Cociñeiros da Mariña, que busca coa súa entidade dinamizar, promocionar...
leer másOllo así se denomina a campaña de concienciación que a Federación de Comercio A Mariña levará a cabo na xornada de mañá, venres. Os establecementos asociados apagarán as luces dos seus negocios e escaparates entre as oito da tarde e as doce da noite para sensibilizar á poboación sobre a importancia que o comercio local ten para as vilas mariñáns. A campaña foi presentada este mediodía no Cenima, en Foz. Alí interviñeron o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, o alcalde focense, Javier Castiñeira, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, o responsable da Área de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
José Carlos Paleo, o presidente da FCAM, dixo: “queremos, dadas as circunstancias que está vivindo o pequeno comercio, facer...
leer más