pintura

Etiquetas:
08/05/2015
Ata o 19 de xuño estará aberta na Casa da Cultura, en Burela, a exposición de HIpólito Xeada "Marexada de cores".
 
Ata o 19 de xuño pode verse na sala de arte da Casa da Cultura de Burela a exposición Marexada de cores de Hipólito Xeada Pena. 
A inauguración da mostra está prevista para as 19 horas de hoxe, venres. Despois a exposición deste artista mariñán estará aberta de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, segundo informa a Concellería de Cultura. 
Hipólito Xeada naceu en Adelán (Alfoz). “Conta con obras dun realismo que non deixa de revelar a man do retratismo ou dunha figuración inconfundible de trazos áxiles, que xoga coas cores e peneira a emoción do escuros”, sinalan desde a organización. 
 
Etiquetas:
08/05/2015
O Concello de Ribadeo convoca o concurso "Arte nas paredes" para seguir facendo máis agradable á vista a paisaxe urbana. Os artistas que queiran participar teñen ata o 22 de xuño para presentar as súas propostas.
 
O Concello convoca o concurso Arte nas paredes co obxectivo de adecentar as fachadas dalgúns edificios de Ribadeo. O primeiro espazo a intervir é un inmoble da avenida Rosalía de Castro, que fai esquina con San Roque e a temática a plasmar deberá estar obrigadamente relacionada co auxe socioeconómico e cultural acontecido desde mediados do século XVIII e ata principios do XX en Ribadeo, tendo en conta o carácter comercial da vila e o legado da emigración. Os artistas que o desexen poden presentar os seus bosquexos ata o 22 de xuño. A obra gañadora terá que pintarse nesa fachada. Os gastos de instalación e os materiais necesarios para a súa realización correrán a cargo do Concello, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez. 
O rexedor explicou que “queremos...
leer más
23/04/2015
Catorce autores participan na mostra "Cartografías da néboa", que se pode ver no Centro Comarcal de Mondoñedo ata o 16 de maio.
 
Xose Artiaga, Nina Alvarez, Ignacio Castro (Nachok), Caxigueiro, Ernesto González Torterolo, Quique Guerra, Martin Hirschy, Zilí Katova, Mauro Leivas, Juan Puchades, Alicia Puchades, Mundo Rubal, Fernando Vilariño e Xose Vizoso son os autores mindonienses que forman parte da exposición colectiva“Cartografias da Neboa”, que se exhibe no Centro Comarcal de Mondoñedo.
Na mostra, organizada pola area de Cultura do Concello, participan 14 autores que están vencellados a Mondoñedo, cun total de 37 obras.
Na exposición, que xa ten abertas as súas portas ao publico pero que será inaugurada o vindeiro 25 de maio ás 12:30, poden verse pinturas, fotografías, esculturas de pedra e de ferro. 
“Cartografias...
leer más
Etiquetas:
29/01/2015
Dende o 30 de xaneiro poderase visitar na Casa de Cultura de Burela a mostra de pintura acrílica Unha ollada.

 

A sala de arte da Casa de Cultura acollerá a partir do vindeiro venres, 30 de xaneiro, a exposición de pintura Unha ollada. Nela, os artistas Laura P. Rodil, Mar G. Pires e Ángel Picos mostran os seus traballos máis representativos na modalidade de acrílicos. A mostra está coordinada pola Concellería de Cultura e será inaugurada este venres ás 20:00 horas. Na mostra participan dous artistas da Mariña e un da Coruña.

Laura P. Rodil é natural de Burela e unha das xoves pintoras dedicadas á técnica do acrílico en Galicia. A través das súas obras intenta mostrar ao mundo as pequenas paisaxes que previamente acostuma a captar co obxectivo da súa cámara fotográfica. Mar G. Pires procede de Ribadeo e é unha pintora costumista que utiliza a pintura como medio para manifestar as súas...

leer más
13/11/2014
O Concello de Foz oferta 17 cursos en 8 parroquias do municipio para os vindeiros cinco meses.

O Concello de Foz iniciará este vindeiro luns, 17 de novembro, os seus cursos anuais de formación, que se desenvolverán na vila e nas parroquias do municipio durante os vindeiros cinco meses. Así o comunicou a concelleira de Servizos Sociais de Foz, Mercedes González, quen adiantou que o Concello ofertará un total de dezasete cursos en oito parroquias: San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e a vila de Foz. As actividades versarán sobre ximnasia, pilates, zumba, ballet, cestería, bordado, costura, pintura ou internet e terán un custo de 10 euros por mes excepto nos casos dos cursos de cestería, zumba e pilates, nos que o prezo ascende a 15 euros por mensualidade. Os interesados poden anotarse xa na Casa da...

leer más
10/11/2014
CELSO DOURADO INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA A SÚA EXPOSICIÓN REPRESALIADOS NO MUSEO ETNOGRÁFICO DA FONSAGRADA.

 

O artista barreirense Celso Dourado, inaugurou o pasado sábado, 8 de novembro, a súa exposición Represaliados no Museo Etnográfico da Fonsagrada. A mostra consta de dez cadros que repasan a historia do Comandante Moreno e os doce homes que formaron parte do Batallón Galicia, que foron asasinados e enterrados no ano 1937, nunha fosa común do Acevo. Os seus corpos foron exhumados finalmente no ano 2007, un acto que serviu de inspiración a Celso Dourado para comezar a traballar na obra que agora presenta e que estará previsiblemente exposta no Museo Comarcal ata finais de ano.

 

...

leer más