Ruta
11/10/2015
O próximo domingo, 18 de outubro, o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata Villanueva de Oscos (Asturias) para facer a Ruta Senda Verde del Agüeira.
Os organizadores explican que “a Ruta, que é circular, con saída e chegada no pobo de Villanueva de Oscos, vai darnos unha preciosa visión da comarca dos Oscos nesta estación outonal, pois toda a masa arbórea desta comarca é de folla caducifolia, que se mostra espectacular nesta parte do ano. Ademais de facer o Ruta, o grupo visitará, distintos puntos de interese natural de Os Oscos, xa que forma parte da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón”.
A programación da xornada é a seguinte:
Hora saída: en bus as 8:00 horas da mañá...
leer más 05/10/2015
A Asociación Pasada das Cabras de Burela fará o vindeiro sábado, 10 de outubro, a ruta Ascensión aos tres Vispos, nos Ancares, un percorrido de 16 quilómetros e dificultade media.
A saída está prevista para as 7:15 horas da mañá da estación de autobuses de Burela.O prezo é de 15 euros para os socios do colectivo e de 20 euros para os que non o son, e inclúe autobús e seguro. A comida será no medio da ruta e ten que levala cada un.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves, 8 de outubro, ás 20 horas.
30/09/2015
A Concellaría de Igualdade comeza o vindeiro 11 de outubro unha nova edición dos Domingos a pé, que desta volta discorrerá polo municipio de Castropol, nunha ruta a pé duns 11 quilómetros, gratuíta, que inclúe a subida ao monte Pousadoiro. Precísase dun mínimo de 12 mulleres participantes para poder levarse a cabo, segundo anuncia Mariluz Álvarez Lastra.
A edil de Igualdade contou que “dende o Centro de Información á Muller do Concello de Ribadeo queremos informar a toda a cidadanía e sobre todo ás mulleres do noso concello dos Domingos a pé, esas actividades que xurdiron hai nove anos para ter un tempo de desconexión, de relax, para compartir con outras compañeiras e, sobre todo, para coñecer o noso patrimonio e o noso entorno con estas rutas a pé que imos facendo os...
leer másTerras de Lourenzá fará a ruta do Desfiladero de los Arrudos, en Asturias, o vindeiro 11 de outubro.
29/09/2015
Rematando setembro, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá presenta a ruta do mes de outubro. Nesta ocasión volve desprazarse á veciña comunidade de Asturias, para, en pleno Parque Natural de Redes, realizar a ruta do Desfiladero de los Arrudos (PR.AS-61).
Trátase dun percorrido lineal, de 11 kms e dificultade media-baixa, que os levará de Caleao a La Fontona, con regreso a Caleao. Tendo en conta as características do entorno, recomendan levar botas e bastóns.
Esta andaina será o domingo, 11 de outubro, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7 da mañá. No prezo (de 35€ para socios e 40€ para non socios) inclúese o transporte en autobús...
leer más 23/09/2015
O vindeiro sábado, 26 de setembro, Foz celebrará a décima edición do Día da Bicicleta, partindo do Parque Infantil de Tráfico e facendo o percorrido pola ruta das praias, ata chegar á zona de avituallamento que estará sita no parque do río Ouro. Posteriormente realizarase o mesmo percorrido á inversa para chegar ao punto de inicio.
Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 25 na Casa da Xuventude e o sábado poderán facelo desde as 15 ata as 15:45 horas no Parque Infantil de Tráfico. Ás 16 horas será a saída. O percorrido estará controlado pola Policía Local en coche e moto, ademais de Protección Civil.
Haberá premios para o participante máis novo, o máis veterano, o mellor disfrace e a bicicleta mellor engalanada....
leer más 22/09/2015
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros de Foz ten previsto desprazarse o próximo 4 de outubro á Ribeira Sacra para facer a ruta da Cubela, no municipio de Ribas do Sil. A saída está prevista ás 7:30 horas dende o Concello de Foz e o prazo para inscribirse na actividade pecha o 2 de outubro. Poderase facer nos teléfonos 696 23 60 20 (Luciano) ou 670 36 90 17 (Morís). Tamén é posible a inscrición no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es
O prezo é de 15 euros para os socios e de 20 para os non socios. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten unha dificultade media. A actividade non inclúe seguro se accidentes, así que cada participante farase cargo dos danos que poda sufrir. A comida será por conta propia no San...
leer más 15/09/2015
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o próximo 27 de setembro unha ruta ao San Cosme da Montaña, que levará aos participantes ata a tan afamada romaría. A saída é ás 9 da mañá do domingo, 27 de setembro, do Cantón de Vilanova. Está previsto que os anotados se distribúan nos coches, para completar as prazas e así evitar levalos medio baleiros. Dende este punto desprazaranse ata diante da Catedral de Mondoñedo, onde está previsto o inicio da ruta, arredor das 9:30 horas.
Despois de 12 kms. de dificultade media, chegarán ó entorno do San Cosme, onde poderán desfrutar da xornada de romaría e festa. A comida será por libre, polo que cada un pode optar por levala da casa, ou ben xantar nos postos que están situados para a festa (polbo, churrasco…).
... leer más 17/08/2015
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá ten previsto realizar, coma o ano pasado, unha fin de semana de camiñatas. Este ano as dúas rutas preparadas serán en Somiedo (Asturias), polo que a fin de semana do19 e 20 de setembro se desprazarán a esta localidade asturiana.
O sábado, 19, realizarán a "Ruta dos Lagos" que os levará dende o Alto de la Farrapona ata o Valle de Lago, pasando polos Lagos de Salienza. Esta primeira andaina ten unha distancia de 14 quilómetros e dificultade media. No punto de destino será onde pasen a tarde. Tamén alí cearán e disporán do aloxamento desa xornada, así como o almorzo do domingo. A comida será en ruta, polo que cada participante terá que levar a súa, así como auga e bastóns. A tarde será...
leer más 16/08/2015
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o próximo sábado, 22 de agosto, o último dos seus “andareiros de verán”, que discorrerá polo entorno do municipio e acabará cunha pequena comida para celebrar a fin do verán.
A cita é ás nove da mañá e o punto de encontro será a Casa do Concello e os participantes deberán pagar unha tarifa de 5 euros. Recoméndase levar equipo de sendeirismo, auga e algo de picar para o camiño. A dificultade da ruta é media.
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, polo que cada quen é responsable dos danos que puidera sufrir na ruta.
A inscrición é obrigatoria nos teléfonos 696236020 e 670369017 ou no correo electrónico...
leer más 10/08/2015
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha camiñata nocturna o 14 de agosto polas rúas de Foz, o porto e o paseo das praias entre A Rapadoira e Llas. Será a partir das 10 da noite, con saída da praza Conde de Fontao.
É a 6ª marcha nocturna que organiza este colectivo. Ao acabar, os participantes estarán convidados a unha chocolatada con biscoitos.
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, sendo responsabilidade da persoa os danos que puideran sufrirse na ruta. Os organizadores recomendan levar lanterna ou farol.
Os interesados poden anotarse nos teléfonos 696236020 e 670369017, así como no correo electrónico...
leer más