Ruta

Etiquetas:
09/11/2015
Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas Foces do Esva, en Asturias, o vindeiro 6 de decembro.
 
A asociación Os Sendeiros, de Foz, ten previsto o seu próximo andareiro o vindeiro 6 de decembro polas Foces do Esva, en Valdés, Asturias. O grupo saíra ás 8 da mañá do Concello de Foz. Os interesados poden anotarse ata o 28 de novembro nos teléfonos 696 23 60 20 ou 670 36 90 17e tamén no mail ossendeiros@yahoo.es.
 
A ruta polas Foces do Esva, de gran fermosura e dificultade media, concluirá cunha comida que a organización promete “impresionante”. O prezo para participar é de 25 euros para socios e 30 para os non socios.  Será tamén a despedida do ano para Os Sendeiros de Foz. Recoméndase aos participantes levar equipo de sendeirismo.
 
Etiquetas:
04/11/2015
Terras de Lourenzá realizará a ruta Senda do Arenteiro, por Ourense, o 14 de novembro. Será a penúltima da camiñatas deste 2015.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá desprazarase o vindeiro 14 de novembro á provincia de Ourense para realizar a ruta Senda do Arenteiro, a penúltima das camiñatas que programarán neste 2015. 
 
Trátase dun percorrido lineal, de 12 quilómetros e dificultade media-baixa, que os levará dende Carballiño ata Pazos de Arenterio, seguindo o curso do río, e que lles permitirá gozar, non só de fermosas paisaxes naturais en pleno outono, senón de diversas belezas arquitectónicas. 
 
A saída de Lourenzá está prevista para as 7 horas da mañá dende o Cantón de Vilanova. O prezo é de 35 euros para socios e de 40 euros para non socios en el inclúese o...
leer más
Etiquetas:
26/10/2015
Os días 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro celebrarase a XII Ruta "Montes da Mariña" para vehículos todoterreo, organizada polo club Os Correcamiños.
 
Os días 30 e 31 deste mes de outubro e o 1 de novembro celebrarase a XII ruta Montes da Mariña para vehículos todoterreo que organiza o club Os Carrecamiños 4x4. Foi presentada hoxe en Foz cun acto no que participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
Os organizadores do evento explicaron que “o venres 30 comezan as actividades coa recepción dos inscritos, chegados dende diversas comunidades como Extremadura, Madrid, Castela León, Euskadi, Asturias e, como non, moitos de Galiza e concretamente da Mariña. Haberá a recepción dos inscritos (115 motos de enduro, 120 quads e 192 todoterreos) no parque pechado, que estará na explanada portuaria de Foz. A continuación degustaranse uns pinchos xunto coa proxección dun vídeo da ruta no pavillón do colexio Martínez Otero”.
... leer más
Etiquetas:
11/10/2015
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove realizará o vindeiro 18 de outubro a ruta Senda Verde del Agüeira, polos Oscos, en Asturias.
 
O próximo domingo, 18 de outubro, o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata Villanueva de Oscos (Asturias) para facer a Ruta Senda Verde del Agüeira. 
Os organizadores explican que “a Ruta, que é circular, con saída e chegada no pobo de Villanueva de Oscos, vai darnos unha preciosa visión da comarca dos Oscos nesta estación outonal, pois toda a masa arbórea desta comarca é de folla caducifolia, que se mostra espectacular nesta parte do ano. Ademais de facer o Ruta, o grupo visitará, distintos puntos de interese natural de Os Oscos, xa que forma parte da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón”. 
A programación da xornada é a seguinte: 
Hora saída: en bus as 8:00 horas da mañá...
leer más
Etiquetas:
05/10/2015
Pasada das Cabras realizará a ruta da "Ascensión ós Tres Vispos" nos Ancares este sábado, 10 de outubro.
 
A Asociación Pasada das Cabras de Burela fará o vindeiro sábado, 10 de outubro, a ruta Ascensión aos tres Vispos, nos Ancares, un percorrido de 16 quilómetros e dificultade media. 
A saída está prevista para as 7:15 horas da mañá da estación de autobuses de Burela.O prezo é de 15 euros para os socios  do colectivo e de 20 euros para os que non o son, e inclúe autobús e seguro. A comida será no medio da ruta e ten que levala cada un.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves, 8 de outubro, ás 20 horas. 
 
Etiquetas:
30/09/2015
A Concellaría de Igualdade de Ribadeo reinicia os "Domingos a pé" o 11 de outubro cunha ruta de 11 quilómetros por Castropol. A inscrición está aberta.
 
A Concellaría de Igualdade comeza o vindeiro 11 de outubro unha nova edición dos Domingos a pé, que desta volta discorrerá polo municipio de Castropol, nunha ruta a pé duns 11 quilómetros, gratuíta, que inclúe a subida ao monte Pousadoiro. Precísase dun mínimo de 12 mulleres participantes para poder levarse a cabo, segundo anuncia Mariluz Álvarez Lastra. 
A edil de Igualdade contou que “dende o Centro de Información á Muller do Concello de Ribadeo queremos informar a toda a cidadanía e sobre todo ás mulleres do noso concello dos Domingos a pé, esas actividades que xurdiron hai nove  anos para ter un tempo de desconexión, de relax, para compartir con outras compañeiras e, sobre todo, para coñecer o noso patrimonio e o noso entorno con estas rutas a pé que imos facendo os...
leer más
Etiquetas:
29/09/2015
Terras de Lourenzá fará a ruta do Desfiladero de los Arrudos, en Asturias, o vindeiro 11 de outubro.
 
Rematando setembro, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá presenta a ruta do mes de outubro. Nesta ocasión volve desprazarse á veciña comunidade de Asturias, para, en pleno Parque Natural de Redes, realizar a ruta do Desfiladero de los Arrudos (PR.AS-61). 
 
Trátase dun percorrido lineal, de 11 kms e dificultade media-baixa, que os levará de Caleao a La Fontona, con regreso a Caleao. Tendo en conta as características do entorno, recomendan levar botas e bastóns. 
 
Esta andaina será o domingo, 11 de outubro, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7 da mañá. No prezo (de 35€ para socios e 40€ para non socios) inclúese o transporte en autobús...
leer más
Etiquetas:
23/09/2015
Foz acollerá o día da bicicleta este sábado, 26 de setembro, cun percorrido pola ruta das praias.
 
O vindeiro sábado, 26 de setembro, Foz celebrará a décima edición do Día da Bicicleta, partindo do Parque Infantil de Tráfico e facendo o percorrido pola ruta das praias, ata chegar á zona de avituallamento que estará sita no parque do río Ouro. Posteriormente realizarase o mesmo percorrido á inversa para chegar ao punto de inicio.
Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 25 na Casa da Xuventude e o sábado poderán facelo desde as 15 ata as 15:45 horas no Parque Infantil de Tráfico. Ás 16 horas será a saída. O percorrido estará controlado pola Policía Local en coche e moto, ademais de Protección Civil.
Haberá premios para o participante máis novo, o máis veterano, o mellor disfrace e a bicicleta mellor engalanada....
leer más
Etiquetas:
22/09/2015
Os Sendeiros de Foz realizarán a ruta da Cubela, en Ribas de Sil, o vindeiro 4 de outubro.
 
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros de Foz ten previsto desprazarse o próximo 4 de outubro á Ribeira Sacra para facer a ruta da Cubela, no municipio de Ribas do Sil. A saída está prevista ás 7:30 horas dende o Concello de Foz e o prazo para inscribirse na actividade pecha o 2 de outubro. Poderase facer nos teléfonos 696 23 60 20 (Luciano) ou 670 36 90 17 (Morís). Tamén é posible a inscrición no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es 
O prezo é de 15 euros para os socios e de 20 para os non socios. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten unha dificultade media. A actividade non inclúe seguro se accidentes, así que cada participante farase cargo dos danos que poda sufrir. A comida será por conta propia no San...
leer más
Etiquetas:
15/09/2015
Terras de Lourenzá organiza unha ruta ao San Cosme da Montaña. Será o 27 de setembro.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o próximo 27 de setembro unha ruta ao San Cosme da Montaña, que levará  aos participantes ata a tan afamada romaría. A saída é ás 9 da mañá do domingo, 27 de setembro, do Cantón de Vilanova. Está previsto que os anotados se distribúan nos coches, para completar as prazas e así evitar levalos medio baleiros. Dende este punto desprazaranse ata diante da Catedral de Mondoñedo, onde está previsto o inicio da ruta, arredor das 9:30 horas.
Despois de 12 kms. de dificultade media, chegarán ó entorno do San Cosme, onde poderán desfrutar da xornada de romaría e festa. A comida será por libre, polo que cada un pode optar por levala da casa, ou ben xantar nos postos que están situados para a festa (polbo, churrasco…).
... leer más