Ruta
19/04/2016
Desde este venres, día 22, ao domingo, día 24, celébrase en Alfoz a 2ª Ruta de Tapas.
Esta cita gastronómica coincide coas probas das Olimpiadas Interparroquias que teñen lugar as fins de semana deste mes de abril.O Concello sorteará entre os participantes tres premios de 200 euros en vales de compra no comercio de Alfoz. Tamén haberá premio para o mellor bar entre os sete establecementos participantes.
Os locais nos que poderán degustarse as tapas son Restaurante A Naranxa, Bodegón Ponte de Pau, Restaurante O Frenazo, Parrillada Bar San Pedro, O Bar de Elvira, Casa Pereiras e Bar Rodolfo.
16/04/2016
O colectivo Pensamento e Sementeira abre o 24 de abril o programa “Camiñadas polas Terras de Viveiro” coa rota dos muíños do Fontecova.
A xornada dará comezo ás 10 da mañá na explanada de Verxeis. As persoas participantes farán o primeiro tramo do paseo fluvial do río Landro. A primeira parada será no muíño das Aceas para deseguido continuar até o Convento de Valdeflores. A rota dos muíños seguindo o regato Fontecova chegará até a capela da Sarna. A volta será por Fontecova até a Ruanova, en Magazos, onde os camiñantes repoñerán forzas cuns petiscos.
Para participar nesta actividade, que terá un percorrido aproximado de 9 quilómetros, hai que se...
leer más 15/04/2016
A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta para este mes de abril por Cangas do Morrazo.
Esta andaina será pola Ruta do Monte Facho cun percorrido de 12´5 quilómetros e dificultade media. Terá lugar o sábado, día 23 de abril, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7:30 horas. O prezo é de 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe o transporte en autobús e a comida nun restaurante da zona.
O prazo para anotarse remata o día 21 de abril e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 636 49 64 48 (Fe) ou 669 68 59 02 (Sandra).
14/04/2016
Dende o pasado 20 de xaneiro está legalizada a Asociación Cultural Amigos de Regalxunqueira, que conta con 60 socios e na actualidade está presidida por María Carmen Blanco Trobo, o secretario é Alfonso Otero Regal e a tesoureira, Montserrat Prieto Pernas. Segundo anunciaron, a asociación “realizará as seguintes actividades: sendeirismo, cinefórum, cursos de gravado, cerámica e pintura, ioga, pilates, reiki, excursións, viaxes organizadas, gastronomía, elaboración de cervexa artesán e de vermú, conferencias encol da sanidade e club de lectura, entre outras”.
Como primeira actividade da asociación, no apartado de sendeirismo, este próximo sábado, día 16 de abril, iniciase o percorrido: O Barqueiro – Vegadeo, seguindo a ruta...
leer más 10/04/2016
A décimo primeira edición do Ribadeo de tapeo desenvolverase do 21 ao 29 de maio.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo sinalan que “xa está aberto o prazo para apuntarse nesta tradicional cita coa cociña en miniatura. Os establecementos hostaleiros da vila e das parroquias que estean interesados en participar poden anotarse ata o día 20 de abril (incluído)”.
E engaden que “na Oficina de Turismo de Ribadeo e na Área de Desenvolvemento Local os locais poden atopar toda a información que precisen sobre esta convocatoria”.
07/04/2016
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove deu comezo a súa tempada de Rutas o pasado día 3. As andainas seguirán a finais do presente mes.
A vindeira ruta será o día 24 de abril pola comarca ferrolán. Será pola ruta de Senda e Fervenzas do río Belelle. A distancia é de 12´5 quilómetros con dificultade baixa. A saída será desde a Igrexa de Santa María de Neda, seguindo a Senda do río Belelle que nace nas Fragas do Eume e chega ao mar na ría de Ferrol. Na ruta atópanse varios muíños restaurados e que fan referencia ao afamado pan de Neda. Caracterízase esta ruta pola espectacularidade das fervenzas e a frondosidade das árbores á ribeira do río.
07/04/2016
Este domingo, día 10, celebrarase a sétima edición consecutiva da Ruta do Poldro, que organiza a asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.
O concelleiro José Ramón Soto explicou que “esta nova edición xa se converte nunha cita habitual non só para os cabaleiros da nosa comarca senón que este acto atrae a numerosos participantes que se achegan dende varios puntos da nosa provincia e incluso de fóra; de feito o ano anterior contouse cunha participación de 115 cabaleiros, cantidade que se espera superar nesta edición”.
Ademais José Ramón Soto detallou que “o programa comezará ás 10 e media da mañá dende o polígono industrial...
leer más 23/03/2016
Dezasete bares e restaurantes participan do 24 ao 26 de marzo en Foz na décimo terceira edición da Ruta de Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto.
As saborosas propostas da hostalaría local poderán degustarse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo das tapas será de 1,50 euros. Tapas elaboradas con chipiróns, con bacallau, con vieiras ou con pato son algunhas das preparacións que se poderán degustar ao longo destes días.
Os 17 locais participantes e as súas tapas son: A Funcional (Montadiño de piña con ensalada de marisco); Bar 78 (Lume, lume, lume); Express (Delicias del Cantábrico); Happy Days (Delicias vulovan); Mayros (Marea roja...
leer más 21/03/2016
A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á ruta Las Arribes del Duero en Salamanca do 14 ao 17 de maio.
Os interesados poderán facer as súas reservas ata o 23 de marzo nos teléfonos 676 561 594 ou 670 369 017, ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
A saída está prevista para ás oito da mañá do día 14 das inmediacións do Concello e o prezo para os socios é de 250 euros e 300 euros para os non socios cun suplemento por habitación individual de 90 euros. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A viaxe inclúe un cruceiro fluvial.
15/03/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha viaxe para este domingo, día 20, a Sober coincidindo coa celebración da Feira do Viño.
Os participantes realizarán a Ruta Aba Sacra cun percorrido de 6,3 quilómetros e dificultade baixa dende Doade ata Amandi. O percorrido discorre na súa totalidade entre os característicos bancais de viñedo da zona e paralelos ao canón do río Sil. Ao rematar desprazaranse ata Sober onde gozarán da xornada festiva que supón a celebración da tradicional Feira do Viño.
Esta andaina será este domingo, día 20, e a saída de Lourenzá está prevista para as 8:00 horas. O prezo de 10 euros para socios e 15 euros para...
leer más