Ruta
16/09/2016
La asociación Salto do Coro, de Mondoñedo, organiza una excursión para hacer una ruta en el municipio asturiano de Taramundi. Será el día 1 de octubre, sábado.
La salida está prevista para las 8 y media de la mañana desde las inmediaciones de la catedral de Mondoñedo y el precio, que es de 20 euros, incluye el desplazamiento en autobús hasta Taramundi y la comida. La inscripción está abierta hasta el 28 de septiembre, miércoles. Para obtener más información e inscribirse los interesados deben llamar al teléfono 690.147.151.
En Taramundi los participantes realizarán una ruta circular que comienza y termina en Teixo y paso por Santamarina, Almallos,...
leer más 15/09/2016
O Concello organiza a Ruta das Fachas, que terá lugar este sábado, día 17, por San Xusto. Os que acudan a esta andaina poderán ver casas con escudos, muíños, a capela de San Antón no Val do Caínzo, as Fachas, Pena Corveira, a igrexa parroquial (que data do século XVI) e algún cruceiro. A Ruta das Fachas foi promovida polo profesor Emilio Piñeiroa, que acudiu á presentación na que participaron o alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez.
O edil barreirense explicou que “se vai realizar o día 17, sábado. É unha ruta que deseñou o profesor Emilio Piñeiroa Lozano, que estivo moi vinculado aquí a Barreiros, deu clases en San Miguel de Reinante durante moitos anos. Foi o promotor desta ruta, deseñouna...
leer más 11/09/2016
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove, desprazase o vindeiro domingo, 18 de setembro, á Ribeira Sacra, para facer a Ruta Ribeira Sacra do Miño con saída en Cima de Atán (Concello de Pantón) e chegada a A Cova (Concello de O Saviñao).
Distancia: 16 km. Dificultade: Media Tempo: 4.30h.
A camiñata discorrerá polo medio dos viñedos en plena vendimia na Ribeira Sacra,
Arte Sacro do Romanico, castros, pequenas aldeas, fervenzas, adegas, bancais, todo o lado do Rio Miño. Un verdadeiro espectáculo para os sentidos.
Dia: Domingo 18 de Setembro
Saída de Xove as 7:30 horas da mañá en autobús
Prezos:
Socios Federados: 12.-€
Socios Non Federados: 14.-€
Non Socios Federados: 15.-€
Non Socios Non Federados: 17.-€
Comida: por...
leer más 06/09/2016
A asociación Pasada das Cabras de Burela fará a novena etapa do Camiño Norte a Santiago. Terá lugar o sábado, 10 de setembro, entre Roxica e O Castro (Sobrado dos Monxes) e o recorrido é de 16 quilómetros.
A saída será ás oito da mañá desde a Estación de Autobuses de Burela e o prezo é de 20 euros para os socios e 25 euros para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro.
Para poder participar é necesario anotarse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves, 8 de setembro, ás 20:00 horas.
30/08/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para os días 17 e 18 de setembro unha ruta a Os Ancares.
O percorrido o sábado 17 é a subida ao Pico dos Tres Bispos cunha distancia de 14 quilómetros e dificultade alta.
O prazo de inscrición remata o 13 de setembro e pode facerse nos números de teléfono 647 06 70 54(Javier) e 686 77 11 13(Emilio). Os presos son de 70 euros para os socios federados, 75 euros para os socios non federados, 85 euros para os non socios federados e 90 euros para os non socios non federados. As prazas son limitadas e faranse por orden de inscrición.
18/08/2016
O Freixo dos Lobos e o Concello de Alfoz organizan para o sábado día 20, a ruta da Pena Abaladoira.
A saída en bus desde o Castelo do Castrodouro será ás 9:00 horas cara O Pereiro desde onde comezará o ascenso a pé á Pena Abaladoira. O regreso está previsto para as 13:00 horas.
O prezo é de 5 euros para adultos e 3 euros para menores de 18 anos. As prazas son limitadas e a reservas poden facerse ata o venres 19, nos números de teléfono 982 558 578 ou 666 372 403.
No trazado do percorrido cunha lonxitude de 8 quilómetros e dificultade media, os participantes poderán gozar...
leer más 16/08/2016
A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o vindeiro sábado, 20 de agosto, a 8ª Etapa do Camiño Norte de Santiago, dende Miraz a Roxica, de 14 quilómetros.
A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo será de 12 € para os socios e de 15 € para os que non o son. Inclúe autobús máis seguro. Hai que levar comida.
Para poder participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do venres 19 de agosto ás 15:00 horas.
09/08/2016
La ACD Xove organiza para este jueves, 11 de agosto, una quedada nocturna denominada O Camiño das Estrelas-Perseidas 2016.
A partir de las 22:30 horas la ruta nocturna parte del Portiño de Portocelo en Xove para subir andando al monte O Castelo (Punta Roncadoiro). Desde allí se observará la lluvia de estrellas fugaces Perseidas o Lágrimas de San Lorenzo.
La ruta tiene un trayecto de ida y vuelta de 5 kilómetros, muy fácil y apta tanto para niños como para adultos. Será necesario linterna o frontal de luz y no se precisa inscripción previa simplemente estar en el Portiño de Portocelo a las 22:30 horas.
04/08/2016
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para este domingo, 7 de agosto, a ruta da Espiñeira a Cazolga. Invitados pola asociación Terras de Lourenzá fan este percorrido de 12 quilómetros e dificultade media-baixa, que permite gozar do curso do río Masma dende a ría ata a contorna da área recreativa da Cazolga.
O prezo para os socios é de 10 euros e de 15 euros para os que non o son, inclúe autobús e comida. A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.
Ao remate da camiñata terá lugar unha churrascada na área recreativa da Cazolga organizada por Terras de Lourenzá, e pola tarde haberá música e xogos.
21/07/2016
A Asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para o sábado, 23 de xullo, a ruta nocturna a San Cibrao de 9 quilómetros de percorrido e dificultade baixa.
A saída será ás 22:00 horas da praza de A Mariña de Burela. Á chegada a San Cibrao haberá chocolate con churros de balde para os asistentes a esta ruta.
Para poder asistir é imprencindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves día 21.