Ruta

Etiquetas:
06/04/2017

A terceira edición da Ruta das Tapas de Alfoz terá lugar do 14 ao 16 de abril en sete locais hosteleiros, bares e restaurantes. 

Os establecementos participantes nesta cita gastronómica son: Parrillada Bar San Pedro, O Bar de Elvira, Casa Pereiras, Bar Rodolfo, Restaurante O Frenazo, Bodegón Ponte de Pau e Restaurante A Naranxa. 

Sortearanse tres premios de 200 euros en vales de compra entre aqueles que se acheguen a degustar as preparacións dos distintos locais nesta 3ª Ruta das Tapas.

Organiza o Concello de Alfoz e colabora a Deputación Provincial de Lugo.

O venres 14 haberá ademais unha ruta de sendeirismo á Pena Abaladoira, organizada por O Freixo do Lobos en colaboración co Concello de Alfoz. Para anotarse a esta ruta  poden chamar ao 657 84 92 00. Ademais,...

leer más
Etiquetas:
05/04/2017

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza a 4ª etapa do Camiño do Cantábrico o vindeiro 8 de abril.

Esta etapa de 17 quilómetros de percorrido, vai desde Barreiros á praia de Llás. A saída será ás 9:00 horas da estación de autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves 6 de abril ás 20:00 horas.

Por outra banda o domingo 9 de abril, dentro dos actos da Semana do Deporte do Concello de Burela, imos facer unha ruta circular por Burela de 5 quilómetros aproximadamente que sairá ás 11:00 horas da praza do Concello pasando polos lugares máis emblemáticos de Burela.

 

Etiquetas:
02/04/2017

O día 9 deste mes, domingo, celebrarase a novena edición da ruta BTT Pico da Lebre, que organiza o Club Ciclista Foz. Foi presentada cun acto no que participaron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e seis membros da directiva do club: Mauro Álvarez, Ibán Castro, José Antonio González, Lombardero, Iván Rodríguez e Suso Lestegás.

A ruta sairá desde a Praza Conde de Fontao ás 9 da mañá. Unhas das novidades deste ano é a da elección por parte do participante da duración e dureza da proba, posto que a organización propón tres trazados de diferente dificultade para adaptarse aos distintos tipos de ciclistas que queiran achegarse a Foz para gozar dun día de ciclismo puro de montaña. Para os ciclistas que desexen optar pola variante más sinxela teñen preparado un percorrido de 32 quilómetros aproximadamente no que a ascensión total será de...

leer más
Etiquetas:
31/03/2017

Unha ducia de locais hostaleiros participarán na XIV Ruta das Tapas, que se celebrará en Foz do 13 ao 15 de abril. Este evento gastronómico, no que a protagonista é a cociña en miniatura, está organizado polo Centro Comercial Aberto. 

As propostas culinarias serviranse en horario de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. As tapas custarán 1,5 euros. 

Os establecementos que participan son: Bar 78, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. 

O público poderá votar a través do facebook do Centro Comercial Aberto de Foz á tapa coa mellor presentación. 

O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo,...

leer más
Etiquetas:
06/03/2017

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza o sábado, 11 de marzo, a 3ª etapa do Camiño do Cantábrico entre Rinlo e Barreiros.

A saída para realizar esta ruta de 14 quilómetros de percorrido será ás 9:00 horas da estación de autobuses de Burela. O prezo é 20 euros para os socios e 25 para os non socios, e inclúe transporte, comida e seguro.

Para participar é preciso anotarse en Gráficas Arfe ou ben chamando ao número de teléfono 982 580 504, antes do 9 de marzo ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
23/02/2017

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, mantivo no día de hoxe unha xuntanza na Deputación Provincial de Lugo co responsable da Área de Deportes, Pablo Rivera. A ese encontro tamén asistiu o presidente do club ciclista Cerezo Bikes, Jaime Seijas, para falar da I Ruta de Enduro Monte Castelo, que se vai  celebrar na localidade os días 27 e 28 de maio. 

Fernández Rey explicou que “o obxectivo da reunión foi trasladarlle ao responsable provincial a celebración deste evento, que está auspiciado pola Federación Galega de Ciclismo e que será puntuable para o campionato da modalidade. Tamén quixemos ver a posibilidade que dende a Deputación de Lugo se apoiase a celebración deste evento. A reunión tivo un resultado moi positivo e a institución provincial vai valorar a organización desta proba por parte do Club Cerezo Bikes de cara ás achegas...

leer más
Etiquetas:
15/02/2017

O Concello de Cervo, acolleu a presentación da VIII edición da Ruta de Enduro Medela MTB, que terá lugar o vindeiro domingo 5 de marzo.

No acto estiveron presentes o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela; o Presidente, David Riera, Abel Ordás e Víctor Riera; que sinalaron que “a proba comezará ás 9:30 horas, nas inmediacións da piscina de Lieiro, en San Cibrao, realizando, primeiramente, un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, a zona do Faro, Galdin e Gondrás”.

A continuación, os participantes porán rumbo ao Monte Medela. Riera sinalou que “levamos moitos meses traballando xa na posta a punto dos camiños, e preparando tramos especiais de enduro, para o día da competición”.
A proba, de dificultade media-alta, será...

leer más
Etiquetas:
12/02/2017

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha andaina por Taramundi o 18 de febreiro.

Trátase da Ruta da Auga (PR-AS17) cun percorrido circular que dará a oportunidade de visitar conxuntos etnográficos, pequenas aldeas restauradas e ata unha fervenza agochada entre árbores autóctonas. Ten unha distancia de 14 quilómetros cunha dificultade media-baixa. Os organizadores recomendan levar botas, bastóns e chubasqueiro.

A saída será ás 8:00 horas do Cantón de Vilanova e o xantar será no Restaurante Casa Paulino de Taramundi.

As inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 16 de febreiro, por correo electrónico en terraslourenza@gmail.com, ou por teléfono no 647 06 70 54 (Javier) e no 686 77 11 13 (Emilio Celeirao). Os...

leer más
Etiquetas:
06/02/2017

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 11 de febreiro, a 2ª etapa do Camiño do Cantábrico entre Ribadeo e Rinlo.

A etapa ten 11 quilómetros de lonxitude e a saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e 25 para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro.

Os interesados en participar teñen que anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves 9 de febreiro ás 20:00 horas.

Esta actividade organizada pola asociación Pasada das Cabras, que conta co patrocinio do Concello de Burela.

 

Etiquetas:
30/01/2017
Os Sendeiros de Foz organiza un novo andareiro o 12 de febreiro. Será desde Cazolga ata a capela do Carmen de San Martiño. A inscrición está aberta.
 
Os Sendeiros de Foz fará o andareiro 118, o sábado 12 de febreiro. Partirá desde Cazolga, ascenderán o Virin e rematarán na capela do Carme de San Martiño. Nesta marcha tamén participará o grupo Mies de Oviedo e ao remate farán un xantar de confraternidade.
 
A saída será ás 9:15 horas do Concello. Os prezos son 10 euros para socios federados, 14 € para socios non federados, 15 euros para non socios federados e 19 € para non socios non federados. Está incluído o seguro de accidentes e a comida é opcional por 12 euros. 
 
Para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 8 de febreiro nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-Mail: ossendeiros@yahoo.es
 
... leer más