Ruta
O vindeiro sábado, 21 de outubro, a asociación Pasada das Cabras de Burela xunto con voluntarios de Alcoa van a facer a subida ao Monte Castelo, de Viveiro, de 8 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será ás 10 da mañá da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar á ermita do monte haberá pinchos gratis para todos os participantes antes de empezar a baixada.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do xoves día 19 de outubro ás 20:00 horas.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza os días 27, 28 e 29 de outubro un fin de semana de sendeirismo con dúas camiñatas polas terras asturianas de Somiedo.
A saída está prevista para o venres, día 27, ás 19:30 horas dende o Cantón de Vilanova. O sábado 28 realizarase a ruta Foces e Brañas de Saliencia dunha lonxitude de 15 quilómetros e dificultade media-alta. Para as persoas que o desexen existe a posibilidade de reducir esta camiñata e facer unha variante denominada Ruta Brañas de Saliencia de 7,5 quilómetros e dificultade media-baixa. A comida será durante o desenrolo da propia ruta e unha vez rematada o punto de destino será Valle de Lago onde será a cea, o aloxamento e a comida do domingo.
O domingo 29 a camiñata escollida é a Ruta Braña de Sobrepena cun percorrido duns 9 quilómetros e...
leer másA vixésimo sexta edición da ruta cicloturista Pardo de Cela celebrarase o día 22 deste mes, domingo, con saída desde a Praza Conde de Fontao, de Foz.
Este evento foi presentado por compoñentes do Club Ciclista Foz e o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira. A saída será ás 9 da mañá desde a praza Conde de Fontao e cubriranse un total de 98 quilómetros.
Desde o Club Ciclista Foz animan a participar nunha ruta “para admirar paraxes, pasar un día de ciclismo en estado puro e gozar da bicicleta fóra de toda competición. O alto da Ermida, O Pereiro, O Cadramón ou Moucide son os puntos que entrañarán máis dificultade, aínda que tamén hai preparadas escapatorias por se hai quen necesita acurtar a ruta. Un domingo para compartir o deporte do ciclismo”.
As inscricións para participar poden...
leer másA 4ª Ruta Ecuestre Equus Norte celebrarase en A Pontenova o 7 de outubro. O programa dará comezo ás 10:00 horas cun almorzo no Mesón A Mina e ás 11:00 iniciarase a ruta dunha distancia aproximada de 18 quilómetros. Ás 14:00 horas terá lugar o xantar e durante toda a tarde haberá sorteos coa a actuación de Discomóvil Blanco y Negro. As reservas poden facerse no Mesón A Mina no 982 336 049, no 649 932 318 (Juan), no 690 164 908 (Aitor) ou no 662 062 625 (Pepe). O prezo é de 25 euros.
Ás 16:00 horas celebrarase unha carreira de obstáculos a cabalo. Para aluguer de cabalos pódese chamar ao 620 302 567 (Moncho) e a organización comunica que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo.
A cita foi presentada polo alcalde Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e os membros da Asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero e Óscar Otero, que organiza o evento, en colaboración co Concello de Cervo.
A concentración de xinetes será ás 10:30 horas no Polígono de Cuíña; e dende alí os participantes comezarán a ruta duns 20 quilómetros e unhas 2 horas de duración por diferentes recunchos do Concello.
A continuación haberá un xantar de irmandade para aqueles que queiran participar, por un prezo de 20 euros, que terá lugar nunha carpa instalada para a ocasión no propio Polígono de Cuiña.
Haberá agasallos sorpresa para os asistentes.
O rexedor quixo destacar a importancia desta cita “xa consolidada no noso Concello como punto de encontro para...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o 9 de setembro a novena etapa do Camiño do Cantábrico, que vai da praia de Covas á praia de San Román cun percorrido de 10 quilómetros.
A saída será ás 9:30 horas da Estación de Autobuses de Burela, e o prezo para os socios é 20 euros e para os non socios 25€ (inclúe autobús, comida e seguro).
Para participar é imprescindible anotarse e debe facerse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 7 de setembro ás 20:00 horas.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro para o día 10 de setembro a Pontedeva en Ourense, onde terá lugar a XXIX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.
A saída será ás 5:50 horas do Concello. Os prezos son 34 euros para os socios federados, 39 € para os socios non federados, e 44 euros para os non socios non federados. O xantar está incluído e o ingreso debe facerse en conta bancaria.
Para participar é obrigatorio anotarse e o prazo de inscrición remata o mércores 6 de setembro. Pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 17, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan de que a ruta ten unha dificultade media.
A Concellería de Deportes e Turismo organiza a que será a 2ª Ruta en Kaiaks polo litoral burelés. Segundo explica Ramiro Fernández Rey será “este sábado, 19 de agosto, a partir das 11 da mañá, con saída desde a praia do Cantiño”.
O edil burelés sinala que “o percorrido vai por toda a zona xeolóxica do Perdouro e despois vólvese para O Cantiño. O prezo, ao igual que cando fixemos a primeira Ruta en Kaiaks o pasado mes de xullo, será de 10 euros. As persoas interesadas en participar poden anotarse o sábado na saída, antes das 11 da mañá, ou achegándose ás instalacións do Activity Center”.
Ramiro Fernández subliñou que “é unha ruta moi bonita e merece moito a pena. Animamos á xente a que se anote para gozar dunha mañá diferente descubrindo a riqueza paisaxística e xeolóxica de Burela”.
A 2ª...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza a última saída dos Sábados de Verán, o 19 de agosto.
A ruta programada para esa xornada discorrerá por Penabor e ten unha dificultade media. A saída será ás 9:00 horas do Concello.
O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar hai que anotarse e pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es O prazo de inscrición remata o xoves 17.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a oitava marcha nocturna polo paseo de Malates o vindeiro luns, 14 de agosto.
A saída será as 22:30 horas da praza Conde Fontao e ao remate haberá gran chocolatada e biscoitos gratis.
O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ata o sábado 12 de agosto. A organización lembra que é preciso levar lanterna ou farol.