Samaín
O Vicedo celebrará un desfile para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves. Será a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura.
Está organizada pola APA e o Concello do Vicedo, que anuncian: “para manter o espírito do Samaín do Vicedo desfilaremos cunha saba branca ou camiseta branca moi longa. Cada participante debe traer a cabaza para desfilar. Ao final haberá chocolatada na Casa da Cultura para os asistentes. Esperamos moita asistencia e diversión, mentres metemos uns sustos polo pobo adiante”.
O Vicedo empeza as actividades dedicadas a celebrar o Samaín cun espectáculo de maxia este xoves, día 24 de outubro. Será na Casa da Cultura ás 17 horas.
O Concello do Vicedo anuncia: “esta semana, o xoves, teremos unha actividade que empezará a abrir boca para o Samaín.En Samaín toca...maxia é un espectáculo moi divertido, destinado principalmente ó público infantil e xuvenil, pero que todos poderemos desfrutar para pasar un bo rato na tarde. Animádevos a vir”.
A asociación cultural e musical Arume, de Burela, organiza a segunda Noite das Ánimas para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves, desde as 17:00 horas na Praza de Abastos de Burela.
Haberá actividades como taller de cabazas, confección de bonecas de millo, xogos tradicionais, contacontos, chocolatada, canto da Sinistra Compaña, procesión das ánimas, sorteos e foliada libre.
Arume anuncia: “volta a Noite Das Ánimas. O 31 de outubro agardamos por todos vós para desfrutar dunha tarde chea de actividades, nas que as nosas tradicións serán as protagonistas. Vide pasalo ben e a aprender cousiñas mentres enchemos o bandullo cunha boa chocolatada. Ás 21:00 horas comeza unha foliada libre na que todos seredes benvidos. Traede o voso instrumento, ganiñas de cantar, bailar e a facer festa”.
A asociación Camiña organiza un taller de Samaín e unha cea baile benéfica o 26 de outubro en Burela
A asociación comarcal de nais, pais e titores de persoas con discapacidade da Mariña lucense Camiña organiza un taller de Samaín e unha cea baile benéfica para o día 26 de outubro, sábado, en Burela.
O taller de Samaín é para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e desenvolverase de 11 a 13 horas.
E a cea baile benéfica será no hotel restaurante Nordés e comezará ás 22 horas. “O prezo será de 35 euros (30 para a cea e 5 de donativo para a asociación). Contaremos coa colaboración de Dj Beto,que amenizará a noite. As entradas están dispoñibles tanto en Camiña A Mariña coma no hotel restaurante Nordés. Non esquezas facer a túa reserva con antelación”, explican desde Camiña.
O Concello de Cervo organiza actividades de Samaín para o martes 31 de outubro e o mércores 1 de novembro.
O martes ás 19:30 horas haberá contos terroríficos da man de Ángeles Goás na actividade titulada “Caldo con unto e osos de defunto”. Será nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación Airiños do Xunco.
E o mércores a partir das 18:00 horas na Casa do Mar terá lugar unha festa infantil de Samaín, na que haberá baile de disfraces, animación musical, talleres e outras actividades.
O Concello de Viveiro organiza unha serie de actividades para celebrar o Samaín orientadas ás e ós máis pequenos da casa. Ditas actividades terán lugar mañá, sábado, 28 de outubro, e o 31 de outubro, martes, e véspera do Día de Tódolos Santos.
Na xornada de mañá pola mañá haberá dous obradoiros temáticos de cara a esa festividade. Por unha banda, o obradoiro para elaborar monstros, de 11:00 a 12:30, e por outra banda, o obradoiro para elaborar casas fantasmagóricas, que terá lugar a continuación, de 12:30 a 14:00.
O primeiro deles está indicado para nenos e nenas de 4 a 7 anos, mentres que o segundo, pola súa banda, está dirixido ao grupo de 8 a 12 anos. Ambos terán lugar na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro.
Na xornada do martes 31 as persoas que asistan á sala multiusos do...
leer másA APA O Vicedo e o Concello organizan o seu tradicional desfile infantil de Samaín, que chega á súa décimo novena edición, para o 31 de outubro, martes, ás 19:30 horas.
Ao rematar o desfile haberá chocolatada para os asistentes na Casa da Cultura.
Burela acollerá o vindeiro martes, 31 de outubro, unha Noite das Ánimas para celebrar o Samaín, organizada pola ACM Arume.
O evento terá lugar na praza de Abastos de Burela a partir das 17:00. Haberá actividades para todos os públicas, e dende a organización animan á veciñanza a acudir ás mesmas cos disfraces temáticos propios da ocasión.
Haberá un obradoiro para preparar cabazas, para o cal será necesario que cada participante traia a súa de casa. Estas cabazas serán empregadas no posterior “Desfile das Ánimas”.
Tamén haberá contacontos, chocolatada, e o “Canto da Sinistra Compaña”. Todas as actividades son de balde, debendo estar a cativada menor de 6 anos acompañada sempredunhapersoa adulta.
O Concello colabora un ano máisna realización desta actividade...
leer másA comparsa Ruxe Ruxe, de Vilaronte, organiza unha festa de Samaín para o día 28 de outubro, sábado, na Sala Bahía, de Foz.
De 16:00 a 20:00 horas terá lugar unha festa infantil con actividades como pintacaras, xogos populares e animación musical, colchoneta, etcétera. Ademais o mago Martín Carmiña presentará o espectáculo ‘Ilusións sen azucre industrial’ e haberá tamén scape room, mesa doce e concurso de cabazas.
E a partir das 23:30 horas será a Noite Tenebrosa amenizada polo DJ Pedro Brmudz, na que haberá sorteos e sorpresas.
O Concello de Viveiro invita a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar dende este sábado e ata o lunes día 31 dunha ampla programación prevista para as festas do Samaín nas rúas do Casco Histórico.
O sábado comezan os Obradoiros do Samaín con dúas actividades para os máis cativos. Así, entre as 11:00 e as 12:30 horas, levaranse a cabo os talleres de elaboración de gadoupas para os cativos e cativas entre os 4 os 7 anos, mentres que entre as 12:30 e as 14:00 horas os que aprenderán a facer unha lámpada serán os nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Sen dúbida será o mellor xeito de pasar as horas á espera da gran cita do luns día 31, cando chegue por fin o momento para os máis novos de saír a pedir caramelos e bailar polas rúas de Viveiro.
Haberá amenización musical e o reparto de...
leer más












