Samaín
El Hotel Thalasso Cantábrico - Las Sirenas de Viveiro organiza el próximo viernes 1 de noviembre una nueva edición de su ya clásico “Thalaín”, una fiesta especial que vuelve a combinar un año más el ambiente de Samaín o Halloween con la buena gastronomía y los servicios de su circuito termal de thalassoterapia.
Una cena baile tematizada abierta a todo el público en los salones del Resort Las Sirenas, tanto para los que sólo quieran cena y fiesta con barra libre, como a los que se decidan por el paquete completo, que incluye también alojamiento en el hotel de cuatro estrellas y circuito termal. Después de la cena bufé temática, la fiesta continuará hasta que aguante el “esqueleto”, nunca mejor dicho.
Todas las personas interesadas pueden contactar directamente con el Hotel Thalasso Cantábrico para informarse y...
leer másA Concellaría de Xuventude e a OMIX organizan unha Festa de Samaín que terá lugar o venres, 2 de novembro, no pavillón de deportes a partir das 16:30 horas. A entrada será de balde.
Haberá obradoiros de decoración de cabazas, maquillaxe de terror, elaboración de bruxas de pau, baile de disfraces Truco ou Trato con discoteca móbil, xogos tradicionais, desfile, presentación de disfraces e photocall.
Para participar no obradoiro de decoración de cabazas será preciso levar a cabaza e utensilios para limpala.
As persoas interesadas poden obter máis información na OMIX - Casa da Xuventude, en Antonio Otero, 15, ou no seguinte número de teléfono 982 129 889.
A asociación Fervenza de Sargadelos celebrará o Samaín o vindeiro mércores, 31 de outubro. Os actos terán lugar no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto, de Cervo, a partir das 18:45 horas.
Comezarán as actividades coa actuación do Mago Pi, ás 20:00 horas haberá unha chocolatada e ás 20:30 horas un concurso de disfraces e cabazas. Os premios serán dous paseos a cabalo en Cabaliño de Pao. No concurso poderán participar todas as persoas que o desexen e valorarase a orixinalidade tanto do disfraz como da cabaza.
A xornada rematará ás 21:00 horas coa Estantiga das Ánimas, desfile polo Rego Cachón ata a praza do Souto.
A asociación Amigos da Troula, en colaboración co Concello de Cervo, organiza a Festa de Samaín que se celebrará o día 2 de novembro en San Ciprián.
Os actos darán comezo coa cea que terá lugar no restaurante Buenavista, a partir das 22:30 horas. O menú estará composto por ameixas en salsa mariñeira, lombo en salsa de améndoas, ensalada, café, chupito e viños Rioja e Albariño. O prezo é de 20 euros e a venda de tíckets é na Casa da Cultura de San Ciprián, e nos números de teléfono 691 656 600 ou 617 383 418.
Ademais haberá unha festa de balde para todas e todos, a partir das 00:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián, con dj e premios aos mellor caracterizados.
A Concellaría de Mocidade e o CFCA Pedro Murias organizan o Samaín, que este ano se celebrará na granxa situada en Vilaframil o vindeiro mércores, 1 de novembro.
A edil Vanesa Yanes explica que “o que imos facer é unha visita guiada á exposición de cabazas ecolóxicas, sementaremos o noso propio legume, preparemos tamén as nosas cabazas e remataremos a tarde tomando un chocolate”.
A concelleira de Mocidade dixo que “contaremos con bus gratuíto para desprazarnos ata a granxa Pedro Murias, que sairá ás catro da tarde da Oficina de Turismo. E a volta será ás sete”.
Vanesa Yanes anima “a todos @s nen@s e moz@s de Ribadeo a gozar deste Samaín dun xeito diferente, na granxa Pedro Murias. O único que teñen que facer é estar un pouco antes das catro diante da Oficina de Turismo para coller o...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, celebrará un ano máis o Samaín con múltiples actividades dirixidas aos máis pequenos da casa.
Deste xeito, tal e como apuntou Caramés, deseñamos unha programación que abrangue dende o domingo 29 de outubro, ata o 1 de novembro, Día de Todos Os Santos.
De tal xeito, que para o domingo estamos a preparar un taller de cociña infantil, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que se desenvolverá na Casa do Mar, entre as 12:00 e as 13:30 horas.
O martes, 31 de outubro, terá lugar a Festa infantil entre as 18:30 e as 20:30 horas, na Casa do Mar de San Ciprián “que contará co espectáculo Casa Encantada, ademais de xogos, baile, maquillaxe de terror e moitas outras sorpresas terroríficas”.
... leer másO Goberno da Deputación ofrece este sábado, obradoiros gratuítos e para todas as idades, nos 4 museos da provincia, con motivo do Samaín. Así o informou este luns a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto. As actividades terán lugar no Museo Provincial de Lugo, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, no Museo Provincial do Mar en Cervo, e no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos. Os interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse nos museos onde se realizan as actividades.
As 4 actividades gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación este sábado nos 4 museos da Rede Museística Provincial son:
- No Museo Provincial de Lugo, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar o obradoiro Samaín no museo. Está dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos e conta con 15 prazas. Os participantes...
leer más












