Teatro

Etiquetas:
13/05/2015
Barreiros celebrará o día das Letras Galegas con teatro e con música no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
 
Este domingo, 17 de maio, haberá teatro e música en Barreiros. O grupo A Adala representará pequenas pezas teatrais. E a Coral Polifónica de Barreiros interpretará varios temas: O voso galo comadre, Lela, Velaí vai e Meu amor é mariñeiro. 
A actividade, organizada pola Concellería de Cultura e Xuventude para conmemorar o día das Letras Galegas, dará comezo ás 19:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 
 
Etiquetas:
11/05/2015
A asociación cultural O Castelo, de Alfoz, organizou un intenso programa de actividades para celebrar a Festa das Letras Galegas.
 
A Asociación Cultural O Castelo de Alfoz está preparando un acto moi especial para celebrar a Festa das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, que constará de diferentes partes. Para empezar, vén de recuperar o concurso literario "Trulasqui", que organizou hai algúns anos e que se perdera nos últimos. Neste concurso participan rapaces de Primaria e de Secundaria. O acto cultural do día 17 terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz e comezará ás 18,30 horas e nel incluiranse as seguintes cousas.
 
1. Conferencia sobre a vida do escritor galego homenaxeado este ano, Filgueira Valverde. Esta conferencia correrá a cargo do profesor e escritor alfocense Lionel Rexes.
 
... leer más
Etiquetas:
07/05/2015
Este sábado, 9 de maio, haberá en Foz teatro musical para @s pícar@s, que gozarán de "A nena e o grilo no país das apertas". Será na Sala Bahía pola tarde.

 

O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, anunciou que “este sábado a partir das 6 e media da tarde na Sala Bahía teremos teatro infantil coa compañía A nena e o grilo representando a obra musical titulada A nena e o grilo no país das apertas”.

Etiquetas:
07/05/2015
En Foz celébrase a primeira edición do ciclo de teatro de primavera nas parroquias, que inclúe dúas representacións este domingo, día 10, en Cordido e San Acisclo.
 
O Concello de Foz organiza a primeira edición do Ciclo de Teatro de Primavera nas parroquias, que inclúe dúas representacións para este domingo, día 10 en Cordido e San Acisclo. E este sábado, día 9, haberá un musical para o público infantil na Sala Bahía.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o pasado xoves, día 30 de abril, deu comezo o primeiro Ciclo de Teatro de Primavera nas parroquias, que empezou na antiga escola de Marzán onde actuou a compañía A Adala, de Fazouro. Terá continuidade durante todo este mes de maio no resto das parroquias do concello. Este domingo, día 10, haberá dúas representacións: unha en Cordido, no centro cívico a partir das 18.30 horas coa compañía Pico do Castro; e en San Acisclo á mesma hora, nunha carpa instalada na...
leer más
Etiquetas:
24/04/2015
O domingo, 26 de abril, clausura a tempada a Escola de Teatro da ACD Xove. Será con tres representacións nas que participarán todos os nenos e nenas da escola.
 
Este domingo, 26 de abril, no Salón de Actos do Concello de Xove, a Escola de Teatro da ACD Xove fai a sua Clausura de Tempada, representando tres obras teatrais, na cal van a participar todolos nenos-as da Escola. As obras serán: "Os soños na gaiola",  "O Principe Feliz" e "Os vellos non deben namorarse" e darán comezo as 19:00 horas.
Desde a ACD Xove "animamos a todolos amantes do teatro, a vir ver estas postas en escea, dos nosos pequenos actores e actrices".
Etiquetas:
22/04/2015
Boneca Lareta porá en escena en Barreiros "Sede de mal". Será o 26 de abril ás sete da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
 
A compañía Boneca Lareta representará o vindeiro domingo, 26 de abril, en Barreiros a obra Sede de mal. Será ás 19 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 
O reparto está formado por Luis Iglesias e Xavier Deive, dous dos actores mais importantes da escena galega, participantes en series de éxito como Matalobos e Gaivotas subterráneas. Sede de mal é un espectáculo cheo de humor, teatro e música en directo. 
Boneca Lareta chega a Barreiros a través do programa Cultura no Camiño 2015, do Agadic e a Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello barreirense. 
 
Etiquetas:
21/04/2015
Alfoz celebrará o día do libro o 27 de abril con Sarabela Teatro. Será na Casa da Cultura a partir das tres das tarde.

 

Segundo informa Pepe Peinó "en Alfoz celebramos o Día do Libro para os máis pequenos o luns, 27 de abril, ás 15,00 horas. Estarán connosco na Casa da Cultura os de Sarabela Teatro, nun espectáculo dirixido a nenos de 4 a 12 anos no que haberá música, danza e teatro. Ranpunzel e Grettel Chanetti chegarán en bicicleta con contos express e precisarán da axuda do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. E de sobremesa suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silenciosos".

Etiquetas:
21/04/2015
A compañía Trípode representará este domingo, 26 de abril, a obra "Apedreando". Será en Lourenzá ás oito e media da tarde.

 

A concelleira de Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez, tamén deu a coñecer que “o domingo, 26 de abril, vamos ter á compañía Trípode, composta por Alberto Niñe, Pepe Peinó e Cachín, co espectáculo Apedreando. Será ás oito e media da tarde no salón de actos cun prezo de 2 euros a entrada. Sabemos que as representacións teatrais teñen moito éxito aquí, en Lourenzá, polo que convidamos a todos os nosos veciños a asistir a esta que organizamos para despedir o mes de abril”.

Etiquetas:
16/04/2015
Os máis pequenos teñen este domingo, 19 de abril, unha cita en Ribadeo con Magín Blanco e o seu "Gatuxo".
 
Desde a Concellaría de Cultura explican que “despois do éxito de “A nena e o grilo”, Magín Blanco trae o seu “Gatuxo” a Ribadeo. Trátase do espectáculo músico-teatral para @s pícar@s da casa”.
Será o vindeiro domingo, 19 de abril, ás 17:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 2,5 euros. 
 
Etiquetas:
16/04/2015
O espectáculo musical "Os Tres Porquiños" de Educa Teatro chega este sábado, 18 de abril, a Burela.
 
O espectáculo Os tres porquiños de Educa Teatro chega este sábado, 18 de abril, á Casa da Cultura de Burela. O acto, que se enmarca dentro da Programación Cultural de Primavera do Concello, foi presentado esta mañá polo alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e actores da compañía. 
Esta obra musical con bonecos a tamaño real dará comezo ás 17:30 horas. 
Desde Educa Teatro preguntan “como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?”. E engaden “a resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna...
leer más