Turismo
O Concello de Foz anuncia que a Oficina de Turismo ampliará o seu su servizo para atender aos visitantes que se acheguen ao concello focego a disfrutar da Semana Santa. Abrirá do 3 ao 8 de abril.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “despois de dous anos de pandemia, cun descenso significativo no número de visitantes, neste Semana Santa prevese unha gran afluencia de visitas polo que é necesario reforzar o servizo”. E especifica que “a oficina abrirá durante a semana do 3 ao 8 de abril, ambos días incluídos, en horario de luns a mércores de 09:00 a 14:00 horas; e xoves, venres e sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas”.
Chema Linares tamén anuncia que “o Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño poderá visitarse de martes a sábado de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00...
leer másA Delegación de Turismo do Concello de Foz puxo en marcha un proxecto de cartografía e dixitalización integral e contido multimedia “moi ambicioso, que contempla diversos traballos dentro da aposta incondicional do Concello de Foz polo uso das novas tecnoloxías e posta en valor do territorio”.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “por outra parte estase a elaborar un repositorio de recursos turísticos coa identificación e xeoreferenciación de diversos elementos de interese turístico ou paneis informativos coa incorporación a portal web de consulta (Mapbox) e deseño de plantillas e macros para a creación de mapas pola Oficina de Turismo. Desta forma podemos ter identificados todos os recursos do concello, ir incorporando novos e traballar sobre mapas identificando aqueles segundo as necesidades do momento; por exemplo...
leer másEsta fin de semana seguen as experiencias de turismo slow da Mariña Lucense. Deron comezo o pasado 11 de marzo e prolongaranse ata o 23 de abril. O de 18 de marzo recalarán en Cervo e en Foz. Dito programa de actividades está organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
O vindeiro sábado, 18 de marzo, terá lugar un brunch con degustación de marmeladas en A Morena, un obradoiro situado en Sargadelos (Cervo), que elabora marmeladas artesanais elaboradas con ingredientes ecolóxicos e de primeira calidade. E ese mesmo día Os Tres Teixos en San Acisclo (Foz) ofrece unha estancia especial para recibir e celebrar o Equinoccio de primavera cun programa de actividades compartidas coma mindfulness, yoga, danza ou paseos conscientes.
As experiencias de Turismo Slow continuarán o 25 de marzo con dúas...
leer másÁ Área de Turismo pon en marcha unha nova iniciativa baseada no turismo xeolóxico de inverno. Trátase de Mareas Vivas nas Catedrais. Haberá tres días ao mes para realizar visitas guiadas ao areal da man dun xeólogo experto. As primeiras datas serán o 20, 21 e 22 de marzo e 19, 20 e 21 de abril, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso.
O edil ribadense explicou que “desde a Área de Turismo do Concello de Ribadeo, presentamos una nova iniciativa Mareas Vivas nas Catedrais, baseada no turismo xeolóxico de inverno e coa que buscamos mostrar a importancia do monumento natural praia das Catedrais nos mellores momentos do ano, cadrando coas mareas vivas”.
Pablo Vizoso subliñou que “este monumento natural praia das Catedrais representa unha das marabillas xeolóxicas máis...
leer másEsta fin de semana arrinca unha nova edición das experiencias de turismo slow da Mariña Lucense. Do 11 de marzo ao 23 de abril desenvolveranse oito xornadas, que terán lugar en Ourol, A Pontenova, Cervo, Foz, Xove, Ribadeo e Viveiro.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembra que “o Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra – Rías Altas, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta de ambos xeodestinos para dar resposta ao perfil do turista que escapa das masificacións e que está cada vez máis...
leer másDo 11 de marzo ao 23 de abril desenvolveranse na Mariña Lucense oito xornadas de turismo slow, que terán lugar en Ourol, A Pontenova, Cervo, Foz, Xove, Ribadeo e Viveiro.
O Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra – Rías Altas, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta de ambos xeodestinos para dar resposta ao perfil do turista que escapa das masificacións e que está cada vez máis concienciado cunha forma de viaxar máis pausada, buscando o descanso, gozando do medio natural e coñecendo e valorando a...
leer másA Mariña Lucense volverá estar presente en Fitur do 18 ao 22 de xaneiro da man de Turismo de Galicia presentando a nova campaña turística: Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia ante autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.
O vídeo principal desta nova estratexia de comunicación formará parte do acto de presentación da Mariña Lucense que terá lugar o xoves, 19 de xaneiro, ás 17:30 horas no stand de Turismo de Galicia. No evento intervirá o Presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, acompañado por representantes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
No acto o presidente da Mancomunidade fará fincapé “nos avances do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense (2022-2024), enunciando os proxectos que se están abordando e que sen dúbida darán un novo pulo e...
leer másA institución provincial abrirá a finais do mes de novembro o prazo para anotarse nunha nova edición do programa Lugo Termal, co que ofrece descontos ós veciños da provincia de máis de 50 anos e ós seus acompañantes nos balnearios de Lugo, Pantón e Palas de Rei
Galicia é a segunda maior rexión termal de toda Europa e a provincia de Lugo conta desde a época romana cunha longa tradición neste ámbito pola calidade das súas augas mineiromedicinais. O amplo patrimonio termal da provincia constitúe un gran potencial para a captación de máis turismo e, desta forma, impulsar a economía. Os balnearios desenvolven un papel de dinamización socioeconómica no rural contribuíndo a fixar poboación e favorecendo o emprego, principalmente feminino, segundo destaca a Asociación de Balnearios de Galicia.
O turismo termal favorece a...
leer másO vindeiro 16 de novembro celébrase en A Pontenova o primeiro Workshop organizado polo Concello pontenovés.
Un evento no que o turismo é o protagonista, con axentes invitados de toda Galicia para compartir as súas experiencias e xerar sinerxias. Para participar é preciso inscribirse, totalmente gratis.
Desde a organización indican que “se estás vinculado ao sector turístico en A Pontenova, esta é a túa cita. Neste Workshop destacaremos todo o feito e o que está por vir no turismo da zona, e ti tes moito que contar. Terás o teu espazo e momento para expoñer o que ofreces e conectar con diversos axentes. E se non podes asistir, pero queres participar, pódelo facer vía streaming!Ademais, tamén nos podes enviar o teu material á nosa oficina de turismo para compartilo cos asistentes”.
Máis...
leer másDo 22 de outubro ao 12 de novembro desenvolveranse na Mariña e en Ferrolterra seis xornadas de turismo slow, que terán lugar en Cedeira, Barreiros, nas Fragas do Eume ou a carón do río Sor.
O Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta dos xeodestinos Mariña Lucense e Ferrolterra Rías Altas en resposta ao perfil do turista que escapa das masificacións e que está cada vez máis concienciado cunha forma de viaxar máis pausada, buscando o descanso, gozar do medio...
leer más