Turismo

Etiquetas:
12/06/2015
A oficina de turismo de Foz amplía o seu horario a partir do 15 de xuño e contará con un traballador máis na tempada de verán.
 
A oficina de turismo do Concello de Foz, que está situada no edificio do Cenima, amplía o seu horario a partir do vindeiro luns, día 15, e incorporará un traballador máis para a tempada de verán.
A concelleira de Turismo, Maite López Rego, explicou que “como todos os anos nestas datas, vamos aumentar o horario da oficina de turismo. Terá xornada partida: pola mañá atenderemos desde as 10 ás 14 horas e pola tarde de seis a oito. É un horario provisional, que empezará o luns, 15 de xuño, e manterase ata o 15 de setembro. Pero digo que é provisional porque está a punto de entrar unha persoa nova que reforzará este servizo durante os meses de verán, como nos últimos 4 anos, que levamos gobernando no Concello. Vai haber unha persoa que reforzará o traballo da actual técnico de...
leer más
Etiquetas:
23/04/2015
Este venres, 24 de abril, da comezo a VIII Volta ás Comarcas con 150 participantes. Consta de tres etapas: Lugo, Mondoñedo e Pobra do Brollón.
 
Ás 11 horas de mañá comezará na Praza Maior de Lugo a primeira etapa do ‘Desafío Volta a Lugo. VIII Volta ás Comarcas’, que discorrerá polas estradas da provincia de Lugo ata o vindeiro domingo baixa a organización do Club Ciclista Cidade de Lugo. A proba contará con dúas etapas máis, con saída en Mondoñedo, lugar de chegada mañá, e A Pobra do Brollón, punto de chegada da etapa do sábado e lugar de inicio e fin da derradeira tirada. A Vicepresidente Primeira, a través da Área de Benestar e Deporte, colabora un ano máis con esta proba. 
O vicepresidente provincial e responsable da Área de Deporte recorda que a proba “este ano será de carácter cicloturista e leva o nome de Desafío Volta a Lugo, xa que quixemos contar con todos os clubs cicloturistas da provincia. Deste xeito...
leer más