Viveiro
O Concello de Viveiro, consonte o previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo, e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o martes de Entroido, con motivo da celebración do desfile de Entroido, establece as normas reguladoras de participación, axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes
BASES
PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO Constitúese como obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de disfraces do desfile de Entroido organizado polo Concello de Viveiro.
... leer másA parroquia viveirense de Galdo celebrará o seu Entroido o 17 de febreiro, Sábado de Piñata. A festa, que empezará ás 22:30 horas, estará amenizada polo trío Karma.
A entrada será libre e haberá premios e agasallos para os mellores disfraces e lambetadas propias do Entroido.
Está organizado pola asociación de veciños Camiño de Galdo e colaboran Espectáculos Seiramar e o Concello de Viveiro
“Ven a troulear con nós! Temos comida, bebida e premios para os mellores disfraces!”, anuncia a organización.
O Foro Social da Mariña organiza unha mesa redonda titulada “Sanidade pública: temos alternativas”. Será o martes 30 de xaneiro ás 20:00 horas no Salón Multiusos de Viveiro.
A organización explica que “o Foro Social da Mariña quere expresar os anceios das xentes que sofren as eivas do noso sistema de saúde. O Foro Social da Mariña quere axudar a devolver esperanza e repetir nestes tempos que na nosa terra temos os recursos, as persoas e os coñecementos para recuperar a participación e a proximidade na asistencia sanitaria”.
Ademais anuncian os participantes na mesa redonda: “Bernardino Pardo Teijeiro é médico de familia en Lugo e o seu traxecto vital representa un exemplo e un guieiro para os sanitarios, un amigo para os seus pacientes, ... Aos seus coñecementos e á súa experiencia xunta a humanidade que hoxe...
leer másO Concello de Viveiro presenta a programación cultural do Teatro Pastor Díaz ata o mes de maio, con espectáculos con opcións para público adulto, adolescente e infantil.
“Un ano máis, a nosa prioridade como goberno local é propoñer á cidadanía unha oferta cultural de calidade para todas as idades”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
“Unha boa escolla e de alto nivel, a prezos moi razoables e apostando pola cultura feita no noso país nun espazo único como o Teatro Pastor Díaz”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
A primeira función deste programa será o sábado 16 de febreiro con ‘Asamblea Xeral’, de Sarabela Teatro para publico infantil de 7 a 11 anos, mentres que o 24 de febreiro chegará a Viveiro ‘Unha inimiga do pobo’, de Talía Teatro e para...
leer másDesde CCH explican que “retomamos neste inicio de 2024 a colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Trala boa acollida entre o público que tivo esta promoción nas súas anteriores edicións, poñémola de novo en marcha pero con varias novidades có fin de mellorar a actividade o máximo posible. O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla”.
Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local. Serán vales desconto de 2€ para poder ver, nesta ocasión (antes...
leer másO Concello de Viveiro anunciou os premiados e premiadas do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2023/24”. Os premios do mesmo serán entregados o sábado día 27 de xaneiro ás 13:00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro.
O gañador na categoría A, de ata 8 anos, foi Aleixo Mariño Gómez. As gañadoras na categoría B, de 9 a 11 anos, foron Mara López Fernández, Anne López Ferraz e Inés Mariño Gómez.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que foi unha das integrantes do xurado, quixo transmitir ás premiadas e ao premiado “todos os parabéns do mundo, co desexo de que continúen participando na vida cultural e nas actividades do noso Concello. Dende o Concello queremos darlles as grazas a toda a rapazada que participou neste concurso, e a todos os centros educativos que tiveron a ben propoñer esta actividade”.
Os...
O Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza este luns 15 de xaneiro unha nova campaña para que os clientes poidan escoller ó seu empregado favorito tanto de comercio como de hostalaría.
O obxectivo desta campaña consiste en realizar un recoñecemento a tódolos empregados, polo bo facer e pola atención ó público. Sabemos que estar cara ó público moitas veces tórnase complicado, non sempre é doado atender as peticións dos clientes e por iso queremos premiar tanto a fidelidade dos clientes como o bo desempeño dos empregados.
A forma de participar é moi sinxela, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña co nome do Concurso e pódense ver tódalas fotos dos empregados participantes e o negocio onde traballan.
Hai dúas categorías, por un lado comercio e por outro...
leer másO Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha exposición sobre deportados da Mariña aos campos de exterminio nazis que poderá visitarse no Centro Multitusos do Concello de Viveiro ata o día 21 de xaneiro.
A mostra será inaugurada este venres 12 ás oito da tarde cun coloquio sobre as deportacións no que participarán Antonio Muñoz, investigador da Universidade de Lisboa; Miguel Freire, profesor e directivo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica; e Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro.
O xoves 18, no mesmo lugar e tamén ás 20:00 horas, terá lugar unha charla sobre “A evacuación do Santa Teresa, de Viveiro a Francia (1946)”, a cargo do profesor e historiador Ramón García Piñeiro.
O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Educación, organiza en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro o ciclo de concertos “Música nas parroquias”, que ten por finalidade levar a diferentes agrupacións do Conservatorio por todo o municipio.
O concelleiro Jesús Fernández Fernández destaca “o compromiso do Goberno local con levar a cultura por todas as parroquias con programas como este, que encherá Viveiro da mellor música”.
A alcaldesa, María Loureiro, sinala pola súa banda que o ciclo pretende tamén “promocionar e impulsar aos e ás artistas musicais viveirenses, visibilizando o seu enorme talento”.
O ciclo comeza este sábado día 13 de xaneiro, ás 20:30 na Casa do Forno de Celeiro. Actuará o grupo de música pop rock Brétema Band, pertencente á Asociación...
leer más