Xove
Este vindeiro fin de semana, 10 e 11 de setembro, celebrarase nos campos de bolos de Sumoas e de Lago o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA na súa categoría de veteranos.
Para este campeonato vanse desprazar unha treintena de xogadores de toda España, maiormente de Asturias, Madrid e Galicia.
Preveese un gran nivel, xa que ainda que todos os xogadores son maiores de 58 anos, hai alguns que manteñen un nivel competivo impresionante e todavía dan guerra nos campeonatos de España senior.
Contarase coa presencia de varios xogadores que foron campeons de España en categoría senior e incluso co campeón olímpico en Barcelona 92 (os bolos foron deporte de exhibición nestas olimpiadas).
O sábado xogaranse o campeonato individual das categorías de Veterano (de 58 a 65 anos...
leer másDende o 1 ata o venres 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2022-2023 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Tamén poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es.
Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.022/23. Unha vez que o alumno/a...
leer másPortocelo, en Xove, celebrará o 9, 10 e 11 de setembro as súas festas patronais na honra da Nosa Señora.
Comezarán o 9 de setembro ás 21:00 horas cunha gran churrascada, seguida da festa rachada amenizada por Dúo Chic e o grupo Tania Veiras. Xa o 10 de setembro ás 10:00 da mañá tiraranse as bombas de palenque e as 13:30 horas será a misa solemne, seguida da sesión vermú coa actuación de Nueva Fuerza. As 18:00 horas farase un campionato de bolos e ás 23:00 horas comezará a verbena, con Nueva Fuerza e a orquestra Gran Parada.
O domingo, 11 de agosto, farase tamén as 10:00 horas a tirada das bombas de palenque e a misa solemne as 13:30 horas. A festa remata coa sesión vermú amenizada polo Dúo Zafiro.
Dende hoxe, 23 de agosto, ao 23 de setembro está aberto o prazo para anotarse ao XI Encontro de Palilleiras. As asociacións e particulares poden facelo directamente chamando ao teléfono do Concello, os vendedores interesados en participar co seu posto deben facelo obrigatoriamente a través do correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As solicitudes de inscrición poden baixarse dende a páxina web do Concello.
Dende a Delegación de Igualdade se retoma este encontro despois de dous anos de pandemia, polo que animamos a todos, palilleiras, vendedores, etc. a que participen.
Xove acollerá o vindeiro domingo, 21 de agosto, o XXXII Torneo do Concello de Xove de fútbol.
Este torneo terá lugar no Campo Municipal de Xove, ás 18:00 horas, e enfrentará á SD Candelaria coa UD Xove Lago.
O evento foi presentado nas últimas horas
Do 29 de agosto ao 4 de setembro celebrarase en Xove o IX Torneo de Pádel San
Bartolo, que incluirá un sorteo o día 26 de agosto as 14:00h na Pista de Pádel.
O torneo contará con tres categorías, masculina, feminina e mixta, e repartiranse
1.500€ de material deportivo nos premios das tres.
As inscricións son limitadas e inclúen seguro de accidentes persoal. O prezo será 18€
por unha categoría e 30€ por dúas. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o
día 25 chamando ao 982 571 816 (OMIX) ou ao 982 581 381 (Activity).
Óscar Ibáñez & Tribo ofrecerán unha actuación en Xove, na praza do Concello, o 18 de agosto ás dez da noite. Enmárcase a cita no Concertos do Xacobeo.
Despois do grande éxito acadado no Festival Folk Celta de Ponte da Barça (Portugal) e máis no festival Almuenza Folk (Palencia) o gaiteiro e frautista pontevedrés Oscar Ibáñezchegaeste xoves18 de agosto ás 22 h á Praza do Concello de Xove, dentro da programacióndas Festas do San Bartolo e a Virxe do Carme, como parte dos concertos do Xacobeo, promovido polaXunta de Galicia e o Concello de Xove. Entre agosto e setembro, e tamén dentro da programación do Xacobeo, está a levar a súa música aosconcellos de A Lama, Pontevedra,Monterrei eCortegada, Ourense; Padrón, A Coruña; e xafóradeste ciclo a finais de agosto actuará naXuntanza Internacional de Gaiteirosno Castelo de Monterrei,no que...
leer másXove celebra as súas festas patronais, na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme, do 17 ao 22 de agosto, con actividades lúdicas, gastronómicas e relixiosas, así como diversas actuacións musicais tódolos días.
As festas comezarán o mércores, 17 de agosto, as 20:30h, coa actuación de Queiman e Pousa, “Un verso, un cantar”, na Praza do Concello, da man da Xunta de Galicia. O 18 de agosto comezará ás 12:00h coa obra “A caixa sen pandora” do Teatro Ghazafelhos, na Praza do Concello, da man de Ler conta moito. As 20:30h será o pregón das Festas, no Salón de Actos do Centro Cívico, a cargo de Xan Carballal, director da Orquestra Clásica de Xove, seguido polo concerto de Óscar Ibáñez & Tribo na Praza do Concello as 22:00h, organizado por Concertos do Xacobeo.
O venres, 19 de agosto, estará instalado o escape hall “...
leer másO Concello de Xove, xunto coa asociación A Balea Verde, organizan a Camiñata Nocturna Perseidas, unha andaina para ver esta espectacular chuvia de estrelas, tamén coñecida como as lágrimas de San Lorenzo.
Esta ruta terá lugar o 12 de agosto, saíndo as 23:00 horas dende A Balea Verde, na Praia de Morás. Terá unha duración aproximada de dúas horas, e deberase levar luz frontal ou lanterna, bastóns e esterilla ou manta.
As prazas son limitadas, as persoas interesadas en acudir poderán inscribirse na OMIX ata o venres, 12 de agosto.