Xove

23/08/2022

Dende hoxe,  23 de agosto, ao 23 de setembro está aberto o prazo para anotarse  ao XI Encontro de Palilleiras. As asociacións e particulares poden facelo directamente chamando ao teléfono do Concello, os vendedores interesados en  participar co seu posto deben facelo obrigatoriamente a través do correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As solicitudes de inscrición poden baixarse dende a páxina web do Concello. 

Dende a  Delegación de Igualdade se retoma este encontro despois de dous anos de pandemia, polo que animamos a todos, palilleiras, vendedores, etc. a  que participen.

Etiquetas:
19/08/2022
Este vindeiro mércores, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
 
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da  Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. 
 
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.
-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.
 
No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá...
leer más
Etiquetas:
19/08/2022

Xove acollerá o vindeiro domingo, 21 de agosto, o XXXII Torneo do Concello de Xove de fútbol.

Este torneo terá lugar no Campo Municipal de Xove, ás 18:00 horas, e enfrentará á SD Candelaria coa UD Xove Lago.

O evento foi presentado nas últimas horas

 

Etiquetas:
18/08/2022

Do 29 de agosto ao 4 de setembro celebrarase en Xove o IX Torneo de Pádel San
Bartolo, que incluirá un sorteo o día 26 de agosto as 14:00h na Pista de Pádel.

O torneo contará con tres categorías, masculina, feminina e mixta, e repartiranse
1.500€ de material deportivo nos premios das tres.

As inscricións son limitadas e inclúen seguro de accidentes persoal. O prezo será 18€
por unha categoría e 30€ por dúas. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o
día 25 chamando ao 982 571 816 (OMIX) ou ao 982 581 381 (Activity).

 

Etiquetas:
17/08/2022

Óscar Ibáñez & Tribo ofrecerán unha actuación en Xove, na praza do Concello, o 18 de agosto ás dez da noite. Enmárcase a cita no Concertos do Xacobeo. 

Despois do grande éxito acadado no Festival Folk Celta de Ponte da Barça (Portugal) e máis no festival Almuenza Folk (Palencia) o gaiteiro e frautista pontevedrés Oscar Ibáñezchegaeste xoves18 de agosto ás 22 h á Praza do Concello de Xove, dentro da programacióndas Festas do San Bartolo e a Virxe do Carme, como parte dos concertos do Xacobeo, promovido polaXunta de Galicia e o Concello de Xove. Entre agosto e setembro, e tamén dentro da programación do Xacobeo, está a levar a súa música aosconcellos de A Lama, Pontevedra,Monterrei eCortegada, Ourense; Padrón, A Coruña; e xafóradeste ciclo a finais de agosto actuará naXuntanza Internacional de Gaiteirosno Castelo de Monterrei,no que...

leer más
Etiquetas:
09/08/2022

Xove celebra as súas festas patronais, na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme, do 17 ao 22 de agosto, con actividades lúdicas, gastronómicas e relixiosas, así como diversas actuacións musicais  tódolos días.

As festas comezarán o mércores, 17 de agosto, as 20:30h, coa actuación de Queiman e Pousa, “Un verso, un cantar”, na Praza do Concello, da man da Xunta de Galicia. O 18 de agosto comezará ás 12:00h coa obra “A caixa sen pandora” do Teatro Ghazafelhos, na Praza do Concello, da man de Ler conta moito. As 20:30h será o pregón das Festas, no Salón de Actos do Centro Cívico, a cargo de Xan Carballal, director da Orquestra Clásica de Xove, seguido polo concerto de Óscar Ibáñez & Tribo na Praza do Concello as 22:00h, organizado por Concertos do Xacobeo.

O venres, 19 de agosto, estará instalado o escape hall “...

leer más
Etiquetas:
08/08/2022

O Concello de Xove, xunto coa asociación A Balea Verde, organizan a Camiñata Nocturna Perseidas, unha andaina para ver esta espectacular chuvia de estrelas, tamén coñecida como as lágrimas de San Lorenzo.

Esta ruta terá lugar o 12 de agosto, saíndo as 23:00 horas dende A Balea Verde, na Praia de Morás. Terá unha duración aproximada de dúas horas, e deberase levar luz frontal ou lanterna, bastóns e esterilla ou manta.

As prazas son limitadas, as persoas interesadas en acudir poderán inscribirse na OMIX ata o venres, 12 de agosto.

Etiquetas:
19/07/2022

A Oficina de Turismo de Xove acolle desde este martes e ata finais de agosto a mostra “Mariñas,  marosas e maruxainas”, formada por 16 retratos e outros tantos textos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña.

As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. Da mesma maneira, os textos, de autoría feminina, visibilizan as historias de vida doutras mulleres anónimas.  

A mostra forma parte do proxecto “Amar a mar”, coordinado pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e impulsado pola Vicepresidencia da Deputaciónn de Luo polo 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao,...

leer más
Etiquetas:
01/07/2022

Membros do Comité Organizador (Asociación de Festexos A Medorra) xunto co alcalde e a concelleira de cultura fixeron a presentación da IX Festa do Percebe de Xove, que despois do impás da pandemia, volve o 23 de xullo. 

Sen dúbida, unha tradicional cita gastronómica na Mariña que fará as delicias dos xovenses e de todas as persoas que nos visiten por esas datas.

A IX Festa do Percebe dará comezo ás 12 da mañá na Praza do Concello. A xornada estará amenizada pola charanga Os Charangos e por unha disco móvil. 

O Concello de Xove colabora coa organización deste evento gastronómico. 

Etiquetas:
16/06/2022

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso haberá unha única categoría. En canto aos premios, serán cinco en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros

Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser...

leer más