Xove
A Cabalgata de Xove vai comezar ás 19:00 horas, saíndo da nave-almacén do Concello (ao carón do Campo Municipal) e rematará, coma sempre, no Pavillón de Deportes.
Os Reis, antes da Cabalgata, farán unha visita previa aos maiores na Residencia San Bartomeu.
Para rematar, unha vez finalizada a Cabalgata, todos os participantes poderán disfrutar de música cunha Disco-Móbil no Pavillón.
O Concello de Xove vai celebrar mañá, 4 de xaneiro, o día da infancia con inchables durante todo o día. Os inchables vanse colocar na Piscina Municipal e no Pavillón de Deportes.
INCHABLES NA PISCINA MUNICIPAL. Teremos un númerro máximo de 30 persoas por turno, e poderase entrar ata 20 minutos depois de comezado o turno, sempre que haxa sitio.
MAÑÁN: (Nen@s e rapaces-zas).
De 11:00h. a 12:00h : de 5 a 8 anos.
De 12:00h. a 13:00h : de 9 a 11 anos.
De 13:00h. a 14:00h : de 12 a 15 anos
TARDE: (Nen@s e rapaces-zas).
De 16:30h. a 17:30h: de 12 a 15 anos.
De 17:30h. a 18:30h: de 9 a 11 anos.
De 18:30h. a 19:30h: de 5 a 8 anos
INCHABLES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES. Aquí non teremos límites de persoas.
O horario é de 16:00 a 20:00 horas ininterrumpido.
A entrada aos inchables da Piscina e do Pavillón é...
O Calendario inclúe este ano fotos do fotógrafo xovense Emilio Pérez. Desde o Concello explican que “para completalo recorremos ao libro A fonte da vida longa, editado a finais dos anos oitenta e no cal os alumnos do Colexio Público de Xove recolleron unha serie de lendas populares baixo a coordinación de Marica Campo e Xosé González “Chema”, coas acuarelas de Xoan Guerreiro”.
Dado o éxito da pista de xeo, ACIAM Xove decidiu ampliar os días de apertura para que todos os nenos e persoas que gustan de patinar teñan a oportunidade de disfrutar da mesma.
A pista, que en principio ía estar aberta ata o venres, 30 de decembro, agora vai prolongar a súa apertura ata o sábado 7 de xaneiro.
Os días que vai estar aberta na vindeira semana son: luns 2, martes, 3, mércores 4, xoves 5, (venres 6 pechada) e sábado 7 de xaneiro, sendo o horario diario de 16:30 a 21:30 h.
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa X edición o VENRES, 30 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas...
leer másA Aciam de Xove instalará unha pista de xeo na Praza do Centro Cívico do 15 ao 30 de decembro, ambos días inclusive.
A apertura o 25 de decembro vai ser opcional, e abrirase ou non dependendo dalgúns factores de última hora. En calquera caso, avisarase do que se faga este día.
O prezo das entradas é de 7 € para o público en xeral (prezo en taquilla) e de 5€ para os que presenten bonos desconto de 2 €uros. Estes bonos desconto serán repartidos polos comerciantes asociados da Aciam Xove, e vanse entregar tamén estes bonos descontos a ANPAS, colexios e institutos de Xove e da zona. Polo tanto, animamos a todas as persoas que gusten desta actividade a que veñan a Xove, e xa saben, se mercan nun establecemento asociado noso van ter un desconto de 2 €uros.
Nesta actividade, organizada por...
leer másO alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron o amplísimo programa de actividades organizadas polo Concello para este Nadal 2022-23. Dentro do programa tamén se inclúen iniciativas organizadas por ACIAM Xove, concretamente a pista de xeo que estará aberta do 15 ao 30 deste mes, e pola ANPA do colexio Pedro Caselles Rollán, neste caso a Semana Lecer Branco, con actividades do 26 ao 30 de decembro.
A primeira actividade incluída no programa é a IV Gala do Emprendemento Local, que terá lugar no salón de actos do Centro Cívico o 16 deste mes e na que actuará Guadi Galego. Tamén haberá actos destinados aos nenos e nenas, como unha festa infantil con Papá Noel o venres 23, teatro o luns 26, o show musical infantil La Granja o xoves 29, unha festa infantil de fin de ano o 31, o Día da Infancia o...
leer másMariña Patrimonio organiza para o próximo sábado, 10 de decembro, unha visita polo patrimonio do Xove. Nesta saída contarán coa colaboración de Lucía Meitín, especialista en cultura e patrimonio do concello de Xove, e de Antón Niñe, gran coñecedor do patrimonio relixioso da comarca da Mariña. Está previsto visitar en xornada de mañá a Igrexa e o Pazo da Rigueira, a Igrexa de Xuances e San Tirso; e en xornada de tarde, a aldea de Morás, “onde escoitaremos falar das tradicións de Xove”, explican desde a organización.
E engaden: “aínda que a data límite para apuntarse remata o martes 6 de decembro , cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Xove, pódese...
leer másA Escola Municipal de Natación pon en marcha un novo programa de Cursos de Natación para o ano 2023:
Natación de Niveis para Nen@s. (+5 anos)
(Nivel Blanco – Amarelo – Verde – Azul – Vermello )
Duración: Bimensual / Dias: alternos (luns-merc-venres /martes-xoves
Horarios: 16:15 h / 17:30 h / 18.45 h.
.Natacion Adultos: Iniciación, Mantemento, Perfeccionamento, Ximnasia na Auga.
Duración: Mensual ou Bimensual / Dias: 2 a semana. (martes-xoves)
Horarios: 10:30h / 20:15 h
.Natación Peques. (2,3 e 4 anos). Solo Xullo - Agosto
Duración: Mensual / Dias: 2 a semana. (luns-merc / martes-xoves)
Horarios: 10:30h / 11:30 h.
Natación de Verán (Xullo-Agosto) Todolos Niveis.
Duración: Mensual. Intensivo de luns a venres.
Horarios: 19:15h / 20:15 h
Para apuntase nestes Cursos...
O vindeiro domingo, 27 de novembro, celebrarase a terceira das 4 etapas do “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que organiza a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela.
Esta fin de semana celebrouse a segunda etapa, na que máis de 30 persoas percorreron o tramo do Camiño do Mar que une a Basílica de San Martiño, en Foz, coa Igrexa da Vila do Medio, en Burela: uns 21 km de camiñada que terminaron na praza de abastos de Burela, onde agardaba aos peregrinos unha degustación de produtos da lonxa de Burela a cargo de chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, coa colaboración de Estrela Galicia.
Os chefs Bruno Pena e Juan Rubiños ofreceron receitas de peixe sapo e pescada do pincho de Burela, en representación das...
leer más