Xove
O Concello de Xove, en colaboración coa ACIAM, organiza a Xolda de Outono o vindeiro sábado, 9 de outubro, na praza do Concello dende as 11:00 horas.
O programa comezará coa exposición/mercado do comercio local de Xove. Ás 13:00 horas, haberá sesión vermú coa asociación cultural de baile Saiñas de Xove. Ás 20:00 horas, actuará o grupo Vivarium. Ademais haberá inchables para nenos/as e obradoiro premium de tatoos, entre 12:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas, no pavillón municipal de deportes do Concello de Xove.
Tamén haberá comida e cea con pulpería Mario de Viveiro na carpa na praza do Concello de Xove.
A Asociación Cultural Deportiva Xove ten aberto o prazo de inscrición para as escolas deportivas e culturais 2021-2022, que empezarán a desenvolver as súas actividades o 18 de outubro, luns.
Haberá escolas de xogos pre-deportivos, karate, patinaxe artística, fútbol sala, baloncesto, xadrez, atletismo, badminton, tenis de mesa, fitdance-pilates, surf, teatro e pintura.
As inscricións deben facerse na páxina web da ACD Xove (www.acdxove.com) e o prazo remata o 30 de setembro.
A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá e coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Municipio de Xove, e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, pon en marcha a campaña promocional As Rodas da Sostibilidade.
Os clientes de Lourenzá que realicen compras, entre os días 20 e 28 de setembro, nos establecementos asociados á Acial poden participar nesta iniciativa e, cunha compra mínima de 10 euros, poderán tirar dunha das dúas rodas instaladas, segundo o importe da compra realizada. No caso de Xove as compras deberán realizarse nos negocios asociados á Aciam entre o 20 e o 29 de setembro.
As Rodas da Sostibilidade xirarán o martes, día 28, de 11 a 14 horas...
leer másA cuarta edición da Marcha BTT Xoviética celebrarase o día 24 de outubro, domingo, no municipio de Xove.
Está organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético, que anuncia: “despois dun ano perdido por esta pandemia a volta a normalidade empeza a achegarse. Por iso o 24 de outubro de 2021 celebraremos a IV Marcha BTT Xoviética”.
Ademais a organización explica que “para que sexa un evento seguro e poder coidar a saúde de todos os participantes temos que rexernos polo protocolo COVID-19 que actualmente nos proporciona a Federación Galega. A data de hoxe para poder participar no evento todos os participantes deberán: presentar no momento de recoller o dorsal un certificado de test de antíxenos negativo (valen dos que se fan nas farmacias) como máximo de 72 horas antes do día da marcha. Cada participante deberá ter a...
leer másDo 23 ao 27 de agosto celebrarase a oitava edición do Torneo de Pádel San Bartolo, de Xove, que foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias; e María Gómez Sanmartín, representante da empresa IG10, que xestiona o evento.
O torneo terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500 euros de material deportivo en premios.
A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 20 ás 14:00 na pista de pádel.
Hoxe venres, ás 13:30 horas, tivo lugar a presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias Guerreiro, e os organizadores do Xove Costa Trail 2021.
Dito evento levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km. A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove. Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m.
Os corredores de 25K...
leer másO próximo martes, 3 de Agosto, o Concello de Xove xunto co C.C.Komando Xoviético organiza, dentro das actividades de verán, unha ruta nocturna en bicicleta. Ademais haberá montado na praza do Concello o novo pump track desmontable con estruturas de madeira.
As inscricións poden realizarse na OMIX de Xove ata o día 3 a mediodía.
A partir de 8 anos (si algún pai/nai quere levar un neno/nena de menor idade que o consulte coa organización).
É obrigatorio levar casco e algún tipo de alumeado, para o pump track recoméndase o uso de proteccións. Todo isto estará suxeito ás normas establecidas para o covid19.
Coincidindo co Día de África, vén de instalarse na Praza do Concello a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Xove. A mostra ofrecerá ata o 27 de xuño unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.
A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde...
leer másDesde a ACD Xove sinalan que “temos novas e queremos que se entere todo o mundo, polo que facemos una campaña mundial para anunciar a data da próxima edición da Xove Costa Trail. O 21 de Agosto celebraranse a andaina e o trail dos nenos y o 22 de agosto a XCT”.
E engaden: “estade atentos que en breves abriremos inscricións”.
A ACD Xove organiza unha xornada de actividade multiaventura, que terá lugar o 9 de maio no RoqPark de Viveiro. Está pensada para nen@s e rapaces- zas, dende 1°de Primaria a 2° de BAC.
As actividades serán: circuitos árbores + Karts a pedais, con competicións e carreiras por equipos.
A inscricións poden facerse ata o 6 de maio en www.acdxove.com
Desde a ACD Xove sinalan que “a idea é a de pasar toda unha xornada no RoqPark, así como no Monte San Roque, con posibilidade tamen de organizar unha ruta de senderismo familiar (pais/ fillos), con subida o Penedo do Galo. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono: 618 97 61 59”.