Xove
En la sala de exposiciones del Centro Cívico de Xove [Casa do Concello, Camiño Real, s/n] se puede ver la muestra “Nós tamén fomos emigrantes”.
Exposición itinerante en colaboración con Afundación Obra Social ABANCA. Se trata de una valiosa selección fotográfica de la Agencia EFE que nos lleva a esa realidad histórica de la emigración, gallega y española, a través de una síntesis de cuarenta imágenes sacadas con la mirada profesional y humana de los fotoperiodistas de la época.
Esta exposición forma parte del proyecto Corrente Cultural, una iniciativa con la que se promueve desde Afundación, la Obra Social de ABANCA, y ABANCA un circuito expositivo por diferentes pueblos de la geografía gallega, y en colaboración con los ayuntamientos u otras entidades locales.
LA EXPOSICIÓN...
leer másDebido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten Xove, e tendo en conta as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia neste sentido, o Concello de Xove decidiu cancelar a recepción das Súas Maxestades os Reis Magos, que estaba prevista no pavillón municipal de deportes para o vindeiro martes, 5 de xaneiro. Desde o Concello subliñan que “loxicamente, con esta medida tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante”.
A maxia do Nadal non pode desaparecer. A pesares do Covid-19, os Reis Magos van estar igualmente con nós, pasando por todas as casas dos nenos e neas de Xoveo na medianoite do 5 para o 6. Polo tanto, desde o Concello animan a todos e todas a que esperen con ilusión esa máxica noite.
Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten Xove cun incremento continuo, o Concello decidiu suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para estes vindeiros días. Desde o Concello subliñan: “loxicamente, tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante. Polo tanto, suspendemos a vídeo proxección da curtametraxe de Xacio Baño Augas Abisais, que estaba prevista para este sábado, 26 de decembro, e tamén suspendemos a función de teatro de Pico do Castro O Terapeuta, que estaba prevista para este domingo, día 27”.
A Delegación Municipal de Igualdade do Concello de Xove organizou, en colaboración co CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, un proxecto socioeducativo consistente na elaboración do conto O bote das bolboretas, realizado polos nenos e nenas de 5º de Primaria, sobre a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Trátase dun traballo financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través da Secretaría Xeral da Igualdade da xunta de Galicia.
O alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dos exemplares do libro para o alumnado de Infantil e Primaria e para o profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán. Con posterioridade, tamén deixaron algúns exemplares no IES Illa de Sarón.
O Concello de Xove, a través das súas delegacións de Cultura e de Servizos Sociais, organiza unha serie de actividades para as festas de Nadal que se desenvolverán durante este mes de decembro.
O sábado 19 ás 18:00 horas no salón de actos do centro cívico Ubú Teatro representará a obra O vixiante dos soños. A actuación inclúese no ciclo Miudos seráns da Deputación Provincial de Lugo.
O domingo 20 ás 18:00 horas no salón de actos do centro cívico Curuxán Teatro Impro porá en escena a obra Impro, dentro do ciclo de teatro afeccionado da Deputación Provincial.
O mércores 23 ás 19:00 horas no salón de actos do centro cívico celebrarase o Gran Concerto de Nadal coa Orquestra Clásica de Xove.
O sábado 26 ás 19:00 horas no salón de actos do centro cívico terá lugar a...
leer másDesde o Concello de Xove sinalan: “que este ano está a ser complicado non é unha novidade. O Covid-19 trastocou as nosas vidas de tal maneira que temos que estar constantemente reiventándonos. Pois ben, a novos problemas, novas solucións. Unha das preocupacións de moitas familias, e por ende, de moitos nenos e nenas, vai ser a visita de Papá Noel e dos Reis Magos. Os protocolos da Covid-19 aféctannos a todos, e a Papá Noel e aos Reis Magos por suposto que tamén”.
E explican que “dadas estas circunstancias, dende o Concello de Xove -e pensando nas ilusións dos nosos miúdos, nesas datas especiais que fan que para eles sexan uns días máxicos- imos ofrecerlle a todas as familias de Xove un novo servizo, novo e moi novedoso. Dende o Concello poñemos a disposición de todas as nosas familias unha plataforma para que os nosos nenos poidan falar con Papá...
ACIAM Xove volve organizar, coa colaboración do Concello, e despois duns cantos meses, o Xove de Tapeo, que se arrinca este venres, 27 de novembro.
Sete establecementos participan nesta cita gastronómica, que a partir das 19:00 horas ofrecerán as súas tapas especiais ao prezo de 2 euros.
O Xove de Tapeo pode degustarse en: O Cabaliño, co seu Lacón con grelos; Os Faroles, que ofrece Xamón cocido con patacas e chourizo; Onde Sempre, que presenta Asado de tenreira sobre base de patacas; Bar Pepe, con Raxo á tixola; O Refugio, que elabora Lombo de porco ó forno envolto en bacon; O Cociña, que prepara Milfollas de pataca con cinta de lombo e salsa de piquillos; e Lugar das Marías, con Mini burguer de peixe espada con toque de curry e marmelada de pementos.
A organización lembra a tod@s os/as...
leer másAugas Abisais, o novo filme do director xovense Xacio Baño, estréase na 58 edición do prestixioso Festival Internacional de Cinema de Xixón
Contou co apoio do Concello para rodar en Xove e poderá verse por primeira vez a nivel nacional o 23 de novembro ao abeiro do festival nunha plataforma dixital por mor do COVID
O filme está gravado na súa maior parte en Xove, na casa familiar do cineasta antes da pandemia e contou tamén coa participación de empresas da zona coma Evox Vertical para a realización de planos de grúa.
Estrouse internacionalmente en Shefflield Doc/FEst, Inglaterra, a semana pasada e a súa premiere nacional será no Festival Internacional de Cinema de Xixón, dentro da sección oficial de curtametraxes. Este é unha das citas máis prestixiosas do circuito nacional de cinema e competirá con 15 obras...
leer másEsta fin de semana celébrase a cuarta etapa do “Camiño Gastronómico do Mar”, unha serie de xornadas gastronómicas que están percorrendo a costa norte de Galicia ofrecendo receitas de catro das especies pesqueiras máis representativos da lonxa de Burela: pescada do pincho, peixe espada, xurel (chicharro) e peixe sapo.
Trátase dunha campaña que a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo pon en marcha en colaboración coa “Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela” e Armadores de Burela cun triple obxectivo: fomentar o consumo de peixe, apoiar ao sector hostaleiro do norte de Galicia e promocionar o “Camino del Mar”, ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camino Inglés a Compostela.
Nesta cuarta fin de semana gastronómica o Camiño faría parada nos concellos de Xove...
leer másA Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello de Xove abre o prazo para solicitar árbores froiteiras, árbores forestais autóctonas e plantas ornamentais. Trátase dunha iniciativa que a Concellería ven desenvolvendo dende hai anos co fin de mellorar o medio natural e o entorno das vivendas. A esta iniciativa poden acudir todas as persoas que estean censadas en Xove.
Como novidade este ano, tamén se abre esta solicitude a tódolos propietarios de parcelas ubicadas no termino municipal que non estean censados en Xove, cuxas parcelas estean afectadas pola faixa de protección de incendios de núcleos rurais, vivendas, etc. Neste caso, estes propietarios só poderán solicitar árbores forestais autóctonas.
O prazo de solicitude será do 3 de novembro ao 30 de decembro, ámbolos dous días incluídos. As...
leer más