Xove
O Concello continúa coas súas actividades de Nadal. Deste xeito, mañá venres, 3 de xaneiro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, haberá unha función dobre de teatro a cargo dos membros de Aspanane de Viveiro.
O grupo de teatro de Aspanane vai representar dúas obras: Cegos e o elefante e O pícaro de Viveiro.Esta última xa figurou no programa do Nadal do pasado ano, pero foi cancelada debido á enfermidade dalgún dos seus compoñentes. Pois ben, este ano teremos dobre disfrute con este fantástico grupo.
Lóxicamente, desde o Concello invitan a todas as persoas da Mariña a que asistan a esta dobre e estupenda función de teatro en Xove.
Mañá, martes, 31 de decembro, e para rematar o ano continúa o amplo Programa de Actividades de Nadal do Concello de Xove, neste caso dedicado aos nenos. As 11:00 horas haberá unha Festa Infantil de Fin de Ano coas seguintes actividades:
-11:00 horas. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Deportes con xogos e actividades para todos os nenos e pais.
-12.00 horas. Celebración Infantil Fin de Ano coa toma das 12 uvas e champín por parte dos nenos asistentes. Neste caso farémolo na Praza do Centro Cívico coas badaladas do reloxo do Concello.
Hoxe, venres 27 de decembro, estaba previsto celebrar ás 19:00 horas o Gran Concerto de Nadal, tradicional concerto de música clásica que se ven celebrando dende ahí moitos anos neste Concello nestas datas navideñas. Pois ben, debido ao falecemento da nai da directora da Escola Municipal de Música de Xove, o Gran Concerto de Nadal queda cancelado.
E segue aberta a inscrición para participar no IX Concurso de Karaoke que se celebrará o sábado, día 28, no pavillón de deportes.
Un dos grandes eventos do programa de Nadal do Concello é, sen dúbida, o Concurso de Karaoke. A inscrición para participar continúa aberta, podendo facerse presencialmente nas oficinas do Concello, concretamente no despacho do Técnico de Cultura, ou ben chamando ao Concello ao 982592001, en horario de oficina.
...
leer másO programa de actos do Nadal en Xove vai comezar coa chegada de Papá Noel, este sábado, día 21, quen, despois de visitar a Residencia da 3ª Idade, vai estar ás 19:00 horas no Pavillón Municipal, onde vai recibir a tódolos nenos.
De seguido tódolos nenos disfrutarán dunha Festa con dinamización musical a cargo da emprega IG10.
Dado que o tempo está invernoso, nada mellor que unha chocolatada. Pois ben, poderemos disfrutar dunha chocolatada gratuita ata agotar existencias.
E o domingo, día 22, haberá teatro infantil. O grupo de teatro infantil ADALA de Fazouro vai a representar a obra “QUE COUSAS PASAN NO CAMIÑO!”. A función vaise desenvolver ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Sinopse: Esta é unha obriña que trata sobre o amor verdadeiro. Un...
leer másDende hai anos o Concello de Xove elabora un calendario co cal agasalla a todos os seus veciños e lles desexa un bo Nadal e un feliz Aninovo. A concelleira de Cultura, Dolores Meitín, quen elaborou o calendario deste vindeiro ano 2020, fixo a presentación do mesmo.
O calendario 2020 mostra nas súas páxinas un conxunto de fotografías antigas no que se recollen encontros familiares, reunións de amizade e xuntanzas nas festas.
Dende o Concello agradécese a tódalas persoas e familias que desinteresadamente prestaron as fotos para este calendario; tamén un recordo para toda a xente que aparece nestas fotografías e que xa non nos acompañan.
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa IX edición o SÁBADO, 28 DE DECEMBRO.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na...
leer másO Belén Xigante de Xove acaba de abrir as súas portas a todo o público. Está instalado, coma nos últimos anos, no parque municipal que está situado fronte ao Concello.
Vai estar aberto ata pasado o Nadal, e durante as 24 horas do día, co cal as posibilidades de poder velo son infinitas.
Dende o Concello “invitamos a todos os nosos veciños e veciñas e visitantes a que disfruten do Nadal e do Belén Xigante de Xove.
Organizadas polo Concello de Xove e financiadas con fondos destinados ao desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en mateira de violencia de xénero.
17 de decembro.- COMO LLE FALO DISO?
Aprendendo a abordar a educación sexual das crianzas. Esta xornada dirixida a pais, nais e persoas interesadas, terá lugar o día 17 de decembro, de 18:30 a 20:30 horas, na Sala de Formación. Impartida por Martina González Veiga.
7 de xaneiro.- LECER EN IGUALDADE
A igualdade de xénero e prevención de violencias machistas no lecer e tempo libre. Dirixida ao monitorado de actividades e persoas interesadas. O día 7 de xaneiro de 17:00 a 20:00, na Sala de Formación. Impartida por Arabías S. Coop. Galega.
As persoas interesadas poden anotarse e solicitar máis información na OMIX (tfno: 982 571 816). As...
Comeza o Programa Buxiganga en Xove coa actuación do grupo Pico do Castro de Foz; este grupo afeccionado vai por en escena a obra Matías está tolo, mañá sábado, 23 de novembro, a partires das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Obra con entrada libre e gratuíta.
O Programa Buxiganga está organizado e coordinado pola área de Cultura da Deputación de Lugo, contando coa colaboración do noso Concello.
E o domingo, día 24, chegará a Xove Teatro Ghazafelhos con Iriña Bailarina. Esta segunda obra pertence á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Para todos os públicos, pero en especial para nenos e nenas de 3 a 10 anos, vai se por en escena o domingo, 24 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Esta obra, polo seu contido, está...
leer más