Xove
O Concello de Xove acollerá nas próximas semanas unha exposición fotográfica e mais unha obra de teatro para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. As actividades encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio.
A mostra ‘No colo da esperanza’ poderá visitarse a partir de mañá venres e ata o 2 de xuño na Sala de Exposicións do Salón de Actos, de 18 a 21 horas. As exposición foi realizada en 2015 na denominada “ruta dos Balcáns” polo fotoxornalista Felipe Carnotto, que previsiblemente se achegará ata Xove para ofrecer unha charla ao respecto. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende...
leer másO sábado, día 27, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne na igrexa parroquial e procesión en honra a San Isidoro. Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con Mayer, e ás 15:00 horas, celebrarase un xantar (para inscribirse previamente hai que chamar ao teléfono 646 647 619).
Pola tarde, a partires das 17:00 horas, haberá verbena con Mayer e Fénix. A comisión entregará trofeos ás tres mellores parellas de baile, e ás parellas máis veterana e máis nova. A xornada rematará ás 19:00 horas cunha gran queimada co Bruxo de Cervo.
E o domingo 28 ás 10:00 horas comezará a xuntanza cabalar e o paseo de sendeirismo de Pesasagudas á Cruz do Pao da Vella, organizada pola asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse na ruta e no xantar que haberá posteriormente hai que chamar ao teléfono 646 647 619.
...
leer másA asociación Prestoxove organiza, coa colaboración do Concello de Xove, a XXIX edición do Curso de Música Semana Santa 2019 que se desenvolverá os días 15, 16, 17, 18 e 19 de abril.
Dirixido por Xan Carballal, será impartido polas profesoras de violín Nazaret Canosa e Rebeca Maseda, o profesor de violonchello Iván Siso e o profesor de trompa Benxamín Iglesias. O programa desenvolverase en sesións de mañá e tarde, entre as 10:00 e as 18:00 horas.
Entre as actividades previstas, o xoves 18 de abril, haberá un concerto coa participación do Coro Mestre Pacheco de Mondoñedo. Terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, a partires das 18:00 horas.
O concerto de clausura celebrarase o venres 19 de abril, ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico de Xove.
"Naufraxios:Patrimonio sumerxido na costa de Xove" é o título da interesantísima xornada que, dende Turismo, Investigación Social e Muller e baixo a coordinación de Lucía Sánchez, organiza o Concello xovense para o próximo mércores, 17 de abril, a partir das 17:30 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico.
Xove conta cun Patrimonio Subacuático de enorme importancia, co pecio documentado máis antigo de Galicia, descuberto por casualidade no ano 2007, e afundido na nosa costa no ano 1544. Por este motivo, dende o Dep. de Investigación Social do Concello de Xove, convidouse a prestixios@s profesionais da Arqueoloxía Náutica e Subacuática, da Conservación, e da Función Pública, para impartir os relatorios desta Xornada, con entrada libre e gratuíta para tod@s aqueles interesados na materia:
RELATORIOS:
1...
O municipal de Xove acollerá mañá un derbi mariñán sen precedentes, en cuartos de Copa Galicia. O Pescados Rubén Burela FS visitará o SD Xove FS, de Segunda B, ás 21.00 horas para buscar o pase a semifinais.
O líder de Segunda LNFS terá que facer un alto no seu camiño ligueiro, coa visita de Bisontes Castellón este sábado a Vista Alegre (18.30 horas), para medirse ao sétimo de Segunda B. “Rompe un pouco a planificación á que estamos acostumados, pero é un reto moi bonito. Vai ser un partido complicado; xogaremos contra a gran motivación do Xove e contra moitos xogadores que pasaron pola base do Pescados Rubén. Nós temos que seguir na mesma liña, ser fieis na pista ao noso traballo da semana” explicaba o técnico laranxa, Juanma Marrube.
O espectáculo está garantido nesta gran cita. “O de Xove é un pavillón...
leer másUnha nova iniciativa deportiva acaba de porse en marcha no Concello de Xove, denomínase XOVE COSTA TRIAL (XCT).
O día escollido para esta cita é o domingo, 24 de marzo. Nesta carreira imos ter dúas distancias: unha de 25 km (XCT25KM) e outra de 13 km (XCT13KM), así como unha ANDAINA DE 11 KM.
A saída desta carreira farase dende o Cabo de Morás, transcurrindo pola costa de Xove, pasando por lugares tan atractivos coma a Illa de Sarón, Coto da Vela, Punta Merixe, Praia de Portocelo, San Tirso, Roncadoira, Ensenada de Coído, Punta Mansa, Praia do Muiñelo, etc. ata chegar ao Centro Cívico. O percorrido vai pasar polas seguintes parroquias do Concello: Morás, Portocelo, Xuances, Sumoas, Lago e Xove.
A concentración inicial realizarase na Praza do Centro Cívico, onde os participantes...
leer másDentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA DE REIS mañá 5 de xaneiro. Os Reis pensaron “ano novo vida nova” e decidiron este ano estrear carrozas en Xove. Pois ben, os Reis virán este ano nunhas relucientes e espectaculares carrozas ao noso Concello para facer a delicia de grandes e maiores.
Antes do GRAN DESFILE, mañá sábado pasarán, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños.
Ás 19:00 horas comezará o GRAN DESFILE onde estrearán as novas carrozas. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor...
leer másO Concello de Xove, a través do departamento de Investigación Social do Concello de Xove, elaborou o libro “Baleeira de Morás” dentro do proxecto Xove Mirando ao Mar.
Ata o mes de agosto de 2015 atopábanse no noso concello os edificios que formaron parte da antiga factoría baleeira de Morás, que estivo en funcionamento entre os anos 1965 6 1977.
Este libro é unha guía, unha aproximación á historia da caza dos cetáceos, onde se explica como rematou en Morás o último vestixio industrial baleeiro do Cantábrico e analiza o seu impacto industrial na zona, as relacións laborais e as condicións das primeiras traballadoras asalariadas desta empresa no noso municipio. Así como unha análise da biodiversidade e a conservación dos cetáceos. O libro recolle unha ampla reportaxe fotográfica de veciños e veciñas de Xove que traballaron na...