Ribadeo
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2022/2023; farao de xeito oficial este sábado, 17 de xuño, ás 11:30 e ás 18:00 horas. Na función de mañá actuará o alumnado máis cativo da escola e xa na de tarde as agrupacións máis numerosas do centro.
Hugo García, o responsable da EMMeD, salientou que “o festival será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións…”. García indicou que “a Escola continúa traballando cunha das súas características fundacionais, que é o feito de achegar a música ao conxunto de veciños e veciñas da vila”.
O responsable do centro valora de maneira “moi...
leer másA V Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que terá lugar o 19 de agosto, foi presentada esta mañá no salón de plenos do Concello.
Na quenda de intervencións o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, declarou: “quero aproveitar para darlle a benvida a todos eses deportistas deses clubs que nos van acompañar. Moitas grazas a todos os patrocinadores e colaboradores, en especial ao Concello de Ribadeo, e, por suposto, ao organizador, o Club Atletismo Ribadeo, que xa é todo un referente non só no ámbito provincial senón tamén no autonómico, tanto no apartado deportivo como no de organización. É rara a semana que non lles mande uns parabéns, o que é bo sinal”.
Otero animou aos asistentes a gozar da riqueza cultural e gastronómica de Ribadeo: “a todos os que nos acompañen a disfrutar do atletismo e da carreira e a...
leer másO xornalista e escritor Santiago Jaureguizar será o pregoeiro do Ribadeo Indiano 2023. Así o deu a coñecer a organización no día de hoxe.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, subliñou que “Santiago Jaureguizar pasou a súa infancia e a súa mocidade en Ribadeo, de aí que pensaramos nel para o pregón da oitava edición do Ribadeo Indiano. Como xornalista desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo, na sección de Cultura. No ano 2005 obtivo o Premio de Xornalismo Reimóndez Portelano, no 2009 o Premio Museo Provincial e o Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego en 2018, entre outros moitos recoñecementos”.
A edil ribadense seguiu a relatar que “os seus inicios literarios están relacionados co movemento bravú. Santiago Jaureguizar foi pioneiro na introdución da literatura galega en internet con...
leer másO Concello de Ribadeo, a través do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, e particularmente a especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, vai poñer en marcha nas próximas semanas un proxecto solidario co obxectivo principal de tecer redes sociais coas persoas maiores da residencia municipal a través da lectura.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “buscamos voluntarios de 16 anos en diante que queiran participar neste proxecto que se realizará todos os días da semana de 17:00 a 19:30 horas, podendo elixir eles o tempo e os días que queiran dedicar a esta actividade”.
O edil ribadense contou que “desde o obradoiro xestionarase e coordinarase ao grupo de voluntarios que dará aos usuarios deste centro un servizo de lectura distinto e máis...
leer másCARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 15 DE JUNIO
Desde hoxe e ata o 14 de xuño pódense retirar no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, os tíckets para asistir á merenda-cea do 50 aniversario, que terá lugar o 21 de xuño ás sete da tarde no recinto escolar.
Para proceder á recollida dos tíckets o horario establecido é de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 17 horas polas tardes na secretaría do centro. O prezo para os adultos é de 9 euros e para as nenas e nenos ata 12 anos de 3 euros.
Durante a xornada do 21 pola mañá, e organizadas pola Anpa A Faxarda, haberá unha xincana por diferentes espazos da vila que Gregorio Sanz adoitaba a frecuentar, na que participará alumnado de 3º a 6º de Primaria. As nenas e os nenos de infantil e de 1º e 2º de Primaria participarán noutra xincana dentro das instalacións do colexio e gozarán tamén dun espazo de xogo libre...
leer másCun obradoiro de baile para a mocidade seguirán as antevésperas do VIII Ribadeo Indiano. Será os días 17 e 24 de xuño.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, lembrou que “xa arrincamos este pasado luns cun obradoiro de coctelería, que foi un éxito de participación. Tratouse dunha actividade coa que desde Acisa e desde o Concello pensamos en ir un paso mais aló, en marcar un paso diferenciador no Ribadeo Indiano, pero mantendo a esencia coa que foi concebido este evento”.
O edil ribadense subliñou: “e agora programamos máis actividades para seguir creando ambiente de cara ao oitavo Ribadeo Indiano, que terá lugar do 7 ao 9 de xullo. Magie Dance vai impartir un Flashmob de Bachata os sábados 17 e 24 de xuño de 11 a 13 horas no espazo de skate de Ribadeo”.
Vizoso...
leer másCorenta e un equipos se darán cita no XVIII Torneo de Fútbol Benxamín e Prebenxamín da SD Ribadeo os días 10 e 11 de xuño.
Son 26 equipos benxamíns e 15 prebenxamíns os que encherán Ribadeo a vindeira fin de semana. Proceden de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia.
Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz.
No acto de presentación participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; o técnico de Deportes, Iván López; a deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; e o coordinador deportivo da SD Ribadeo, Donato.
O Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, celebrará o seu 50 aniversario cun acto conmemorativo no auditorio municipal o vindeiro 19 de xuño. E o día 21 haberá unha merenda-cea aberta a toda a comunidade educativa a partir das sete da tarde.
O lema escollido para esta importante data é o de Educando co corazón. Nesa cita intervirán, entre outros, Chemy Lombardero, que foi mestre no centro, o ex director Antonio Martínez, a actual directora, Lourdes Marqués, e un bisneto de Gregorio Sanz. Tamén tomarán a palabra o alcalde ribadense e o conselleiro de Educación. O colofón poñerao a Coral Polifónica de Ribadeo.
A directora do Ceip Gregorio Sanz, Lourdes Marqués, anima “ao alumnado e profesorado, que ao longo destes 50 anos, pasaron polo noso centro a acudir a esta conmemoración que pretende ser unha homenaxe a...
leer másAcisa Ribadeo únese á campaña Días Azuis da Federación Galega de Comercio e da Xunta de Galicia, na que se sortearán 12.000 euros premios repartidos en 24 tarxetas de 250 euros e en 40 de 150 euros cada unha.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “desde Acisa queremos unirnos a esta campaña de dinamización comercial, que servirá para complementar a nosa propia axenda de actividades durante este mes de xuño, grazas ao sorteo de 12.000 euros en tarxetas de 150 e 250 euros. É importante destacar neste sentido, que esta campaña únese á do Rasca e Gaña, que ten en marcha a nosa asociación desde hai semanas e na que puxemos 15.000 premios en xogo”.
Pérez Prada contou que “o funcionamento da campaña dos Días Azuis é sinxelo, como todos os anos. O cliente rexistra a súa compra na web...
leer más












