Ribadeo
O coñecido actor Carlos Blanco será o pregoeiro do Entroido de Ribadeo. Entre as novidades que inclúe o programa destacan os sorteos da noite temática e das mascaritas do domingo lardeiro, así como a animación musical prevista para o baile infantil a cargo de Paco Nogueiras e o obradoiro de mascaritas para as nenas e os nenos que se desenvolverá o luns 20 de febreiro e ao que seguirá un pequeno desfile guiado por música tradicional polo Cantón.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “Concello e Acisa ultimamos estes días os detalles do Entroido 2023, que arrincará o 17 de febreiro co pregón que pronunciará o coñecido actor, autor e director Carlos Blanco. Será ás sete e media da tarde no Teatro. E despois a partires das nove da noite ofrecerá unha función no auditorio municipal Hernán Naval”.
A...
leer másAcisa Ribadeo sorteará na súa campaña de San Valentín 11 ceas para dúas persoas e unha estancia de dúas noites nun aloxamento a escoller entre máis de 1.500 destinos.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a campaña desenvolverase do 3 ao 13 de febreiro no comercio ribadense. As persoas que durante este período de tempo realicen as súas compras nos negocios asociados recibirán papeletas para entrar no sorteo de San Valentín”.
Cruzado Iglesias dixo que “vanse repartir en total 6.000 papeletas nesta campaña. O sorteo non presencial das ceas e da estancia nun hotel farase o 14 de febreiro nas instalacións de Acisa e o seu resultado darase a coñecer, coma sempre, a través das nosas redes sociais e dos medios de comunicación”.
As ceas serán nos restaurantes Galipizza, A Horta de...
leer másDe febreiro a agosto terán lugar os Talleres Creativos no Rural Actívate, que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local a través do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras. Están dirixidos ao colectivo de persoas maiores de Ribadeo. Haberá actividades como ximnasia, risoterapia, pintura, lectura, talleres de modelado ou arxila e xogos de mesa.
O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “o Concello de Ribadeo, a través do obradoiro de emprego Vilas coidadoras, e dentro deste a especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, vai poñer en marcha o programa Actívate para ofrecer ao colectivo de persoas maiores. Vaise levar a cabo desde o mes de febreiro ata o mes de agosto”.
O concelleiro ribadense explicou que “este programa buscará educar, entreter e integrar...
leer másA firma Vitaldent (Rexistro sanitario C-27-001013) e a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo acaban de firmar un novo convenio de colaboración que ofrece condicións vantaxosas aos socios e socias do colectivo empresarial así como aos empregados e familiares para o coidado da súa saúde bucodental.
Vitaldent pretende que os socios e socias de Acisa Ribadeo poidan aforrar no coidado da súa saúde. O novo convenio vixente ata o 31 de decembro de 2024, inclúe unha primeira oferta gratuíta, incluída ortopantomografia de diagnostico, a todas as persoas pertencentes ao colectivo empresarial e aos seus familiares directos. Tamén ofrece un desconto dun 15% en todos os tratamentos de implantoloxía e ortodoncia realizados nesta clínica, así como o asesoramento necesario para poder obter o financiamento ata doce meses...
leer másHoxe foi entregado o premio non presencial da XII Festa do Comercio de Acisa de Ribadeo. O afortunado con 250 euros en vales de compra é un veciño da localidade asturiana de Tapia de Casariego. Manuel Ángel Pérez López disporá de dous meses para poder gastar o seu premio nos locais asociados a Acisa.
En total a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos repartiu 4.000 euros en vales de compra na XII Festa do Comercio, que se celebrou o pasado 14 de xaneiro nunha carpa instalada no parque de San Francisco, “unha cita que reuniu a milleiros de persoas despois de dous anos sen poder realizarse por mor da pandemia da covid”, explicou o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Os premios repartidos entre catro afortunadas ribadenses foron: 1 de 2.000 euros, 1 de 1.500 euros, 1 de 500 euros e 1 de 250 euros,...
leer másO vindeiro 11 de febreiro arrinca unha nova edición do Plan de Formación Rural do Concello de Ribadeo.
O primeiro obradoiro terá lugar na Escola de Cinxe os días 11 e 12 de febreiro e será de elaboración de queixos. Impartirase o sábado en horario de 10 a 15 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde e o domingo de 10 a 14 horas.
A Escola de Remourelle acollerá un obradoiro de poda de froiteiras o 18 de febreiro en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas.
O 4 de marzo na Escola de Couxela será impartido un curso sobre mantemento de motoserras de 10 a 14 horas.
O 11 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas a Escola de Vilaselán acollerá un obradoiro sobre elaboración de pan.
Na Escola de Vilaframil será impartido o...
leer másConcello de Ribadeo e Acisa traballan na organización do Entroido 2023. Os actos desenvolveranse do 17 ao 25 de febreiro.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “visto que non existía unha comisión organizadora do Entroido como tal desde o Concello e Acisa puxémonos a traballar coa intención de programar unha serie de actividades que sexan do agrado de todas e todos. Levamos días de encontros, de chamadas e estamos a pechar os últimos flocos do Entroido 2023”.
A edil ribadense dixo que “podemos adiantar que os actos terán lugar do 17 ao 25 de febreiro e que haberá pregón, festa infantil, o desfile e a Queima, que recuperamos despois de varios anos sen celebrarse por mor da covid”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “agardamos a vindeira semana poder presentar...
leer másChévere, Carlos Blanco, Cándido Pazó ou Leilía son algunhas das propostas da Concellaría de Cultura de Ribadeo para o primeiro trimestre deste 2023. A axenda foi presentada por Pilar Otero Cabarcos. Seguirán os ciclos O Concello cos Coles e Cultura nas Parroquias así como as actividades do Apego para as crianzas.
A edil ribadense dixo: “comezamos a presentación xa cunha cita para este venres, 27 de xaneiro, no auditorio municipal. A compañía de teatro Chévere, que leva 35 anos enriba dos escenarios e como din eles, na retagarda do teatro, un teatro que sempre é crítico, ao fío da actualidade, experimental nas súas formas, ameno e que sempre conta co favor do público. Nevermore, concibida como reflexión da catástrofe do Prestige e destinada a espazos máis grandes, logo de cumprida esa etapa está agora en xira por espazos coma o Hernán...
leer más