Ribadeo
Hoxe foi presentado o cartel do VIII Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa e que terá lugar do 7 ao 9 xullo.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que “presentamos hoxe a imaxe da nova edición do Ribadeo Indiano, na que levamos traballando dende hai tempo coa intención de seguir espallando polo mundo adiante esta fabulosa cita, que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán en Galicia e no resto do estado. Xa vamos pola oitava edición, que se desenvolverá do 7 ao 9 de xullo, e como é habitual as antevésperas e as vésperas arrincarán antes con propostas moi interesantes”.
A edil de Cultura, Pilar Otero, explicou que “a oitava edición do Ribadeo Indiano virá cargada de novidades. Esta festa histórica, que rende homenaxe ás nosas familias emigrantes, supérase ano a ano tanto...
leer másOs concelleiros de Deportes e Turismo, Jorge Díaz e Pablo Vizozo, subliñaron a repercusión económica que terán en Ribadeo os eventos de ximnasia rítmica que esta vindeira fin de semana reunirán a 1.000 ximnastas na vila. Os torneos foron presentados no Concello nun acto que contou tamén coa presenza da responsable da Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte, Nelly Bouso, e do técnico municipal de Deportes, Iván López.
Nelly Bouso, da Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte, explicou que “esta fin de semana vamos acoller en Ribadeo dous eventos diferentes: o primeiro, que vai ser o sábado, é a primeira fase do campionato provincial escolar clasificatorio para o campionato galego, e máis o de promoción e prebase. É un campionato oficial organizado pola Federación Galega de Ximnasia, no que nós colaboramos. E o domingo, igual que en anos...
leer másAs Concellarías de Igualdade, Ensino e Mocidade organizan actividades de verán para a rapazada. Trátase de campamentos urbanos, Aventura en Igualdade e o III Orienta Ribadeo.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, e máis o concelleiro de Mocidade, David Rivas, comentaron que “a programación de verán é unha iniciativa para que a mocidade ribadense empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc, e un recurso de conciliación da vida familiar e laboral”.
Freire Rancaño sinalou que “mantemos os campamentos urbanos durante o mes de xullo, Orienta Ribadeo no mes de setembro e como novidade recuperamos a oferta de anos anteriores, ofrecendo fóra do municipio, o campamento Aventura en Igualdade, dirixido a rapaces e...
leer másEl establecimiento hostelero A Menchina, de Ribadeo, reabrió con nueva gerencia y acaba de integrarse en la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA). Los actuales responsables del establecimiento decidieron mantener en la carta platos típicos de la gastronomía de esta zona, que además cuenta ahora con diversas carnes gallegas y argentinas, que preparan a la brasa.
Los nuevos responsables de A Menchina, Gustavo Franzini y Patricia Wagner, explican: “nuestra trayectoria previa se remonta a varias décadas atrás en establecimientos como la Sociedad Gastronómica Piemont, en Alicante; el Restaurante Pandos (Asturias); el Hotel Restaurante Armiñe (Bilbao), y el restaurante Moby Dick (Barreiros). Tras nuestra llegada a Galicia, en la temporada de verano pasada con el proyecto anteriormente mencionado, no tardamos...
leer másO Concello renderá homenaxe ao músico ribadense Xavier Miró nun acto que terá lugar o vindeiro 15 de abril no auditorio Hernán Naval a partires das 20:00 horas. O evento foi presentado no salón de plenos polos concelleiros de Cultura e Desenvolvemento Local, Pilar Otero e Pablo Vizoso, e polas artistas Ugía Pedreira e Marina Oural, encargadas da súa posta en escena.
A edil ribadense dixo: “desde a Concellería de Cultura de Ribadeo queremos informar que estamos a organizar a homenaxe do músico e óptico ribadense, Xavier Miró. Para iso contamos coa colaboración da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento. Este evento reunirá a diferentes persoas vinculadas á iniciativa e a 120 músicos da Mariña versionando, con diferentes xéneros, os seus singles dos anos 70”.
A compositora Ugía Pedreira contou que “Xavier...
leer másA Area de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro gratuíto de Muller e Saúde en colaboración coa Escola Galega de Saúde. Será o 26 de abril.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro terá lugar na Casa do Viejo Pancho o 26 de abril en horario de 16.30 a 20.30 horas”.
A edil ribadense indica que “os obxectivos do obradoiro pasan por mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino. Durante a xornada falarase de menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio”.
... leer másA axenda cultural do segundo trimestre deste 2023 arrinca estes días coa segunda semana do proxecto Píllara: o 6 de abril haberá unha acción colectiva na rúa coa actriz María Roja e o sábado no teatro proxectarase a película Panteras. As propostas deste trimestre, que presentou a concelleira de Cultura, Pilar Otero, inclúen danza, teatro, actividades para as crianzas, Cultura nas Parroquias e tamén música. A cantante Sés presentará o seu novo disco en Ribadeo o 6 de maio.
A edil ribadense manifestou: “desde a Concellaría de Cultura queremos informar dos eventos que conforman a axenda cultural neste segundo trimestre do ano. Estamos agora mesmo inmersas na segunda semana do proxecto Píllara, que como levamos difundido amplamente nestes días atrás, é unha reflexión a través da arte sobre a situación do cambio climático e na que o...
leer másO Concello de Ribadeo organiza roteiros guiados durante esta Semana Santa. Serán do 5 ao 9 de abril.
O Concello de Ribadeo organiza 5 roteiros guiados durante esta Semana Santa.
O mércores, 5 de abril, desenvolverase a XeoRuta dos Ollos con saída ás 10:30 horas desde a praza de Santa Catarina, en Rinlo.
Para o xoves, 6 de abril, estará prevista unha ruta polo Ribadeo Indiano, que partirá ás 17:00 horas da Oficina de Turismo.
O venres, día 7, será tempo para que os visitantes poidan achegarse ata o Ribadeo Ilustrado. Esta ruta sairá tamén ás cinco da tarde das inmediacións do Concello.
O sábado, 8 de abril, terá lugar a XeoRuta da Ría con saída ás 16:30 horas da Oficina de Turismo.
E o domingo, día 9, neste caso en horario de mañá haberá unha nova ruta polo Ribadeo Indiano. Dará comezo ás 12:00 na Oficina de Turismo,
... leer más












