Ribadeo
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, oferta por primeira vez un curso sobre fabricación e mantemento de embarcacións de fibra. O alumnado fará as prácticas nas instalacións da firma Astilleros del Eo, no municipio asturiano de Castropol.
O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, explica que “froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia, e a empresa Astilleros Gondan S.A., nace o curso de formación específica para futuros traballadores de Astilleros del Eo, especializado na fabricación de embarcacións de fibra. Dito curso será moi específico e permitirá ao alumnado adquirir unha serie de competencias en procesos de fabricación e mantemento deste tipo de embarcacións”.
Isidro Berdeal destaca que “o...
leer másA Concellaría de Igualdade organiza o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, diversas actividades que terán lugar no parque de San Francisco destinadas a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos. Haberá unha ximkana, un mural creativo, marionetas diversas, obradoiros de pulseiras creativas e flashmob. Para a xente moza e adulta está programada unha proxección no Teatro ás 20:00 horas. Ademais na Casa do Concello lucirá, desde hoxe, a bandeira LGTBI.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, contou que “a Concellería de Igualdade, con motivo da conmemoración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, vai desenvolver unha serie de actos para evidenciar que Ribadeo é unha vila que acolle e que respecta a todas as persoas. Como ben di o lema que escollemos este ano, Por un Ribadeo de cores, no que cada quen será o que...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza unha serie de actividades que se desenvolverán durante o verán, entre as que se atopa o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará a finais de agosto. O día 26 de xuño comezará un curso de diagnose de vehículos con osciloscopio e posteriormente terán lugar outros de soldadura e de vídeo.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, contou que “imos iniciar outra vez toda unha serie de actividades, de aquí a finais de agosto que teremos o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos con importantes novidades. Vai haber unha incorporación bastante importante de socios europeos. Estamos en negociacións, bastante avanzadas, cun técnico de Ferrari, que non sei se vai estar presente de xeito presencial ou a través de vídeo conferencia participando nese...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo retoma este curso o programa Musiqueando polas parroquias, que dera comezo antes da pandemia. Esta semana chegará ao Círculo Habanero de A Devesa. Será o xoves, 24 de xuño, ás 20:00 horas.
O responsable da EMMeD, Hugo García, explica que “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor sociocultural do concello, a escola vén de programar unha pequena actuación na Devesa, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca. Será unha mostra do traballo que leva feito ao longo do curso unha parte do alumnado do centro”.
García sinala que “nos vindeiros cursos escolares faremos outras quendas de actuacións nas...
leer másHoxe foi inaugurada en Ribadeo a oficina de información ao peregrino. Esta actuación forma parte dun dos obxectivos do obradoiro dual de emprego RibadeoXCamiño, que botou a andar en decembro. A instalación estará atendida polo alumnado do devandito obradoiro de luns a venres. De luns a mércores o horario será de 10:30 a 15:00 horas e os xoves e venres de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 horas.
Na súa intervención o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, manifestou que “eu recuperei unha parte da presentación que tivéramos alá polo mes de decembro, cando se iniciara o obradoiro e recordo que nos marcábamos dous obxectivos, un deles era o deseño, planificación e desenvolvemento da oficina de información ao peregrino e o por outro lado, o centro de interpretación do Santuario das Virtudes, ao mesmo tempo que se buscaba, ao ser un...
leer másO Teatro de Ribadeo e o Círculo Habanero da Devesa acollerán esta fin de semana dous concertos audiovisuais. Enmárcanse no proxecto Versión Fin, grazas ao que se recuperaron antigas cintas de celuloide que agora toman vida xunto á música. Cada espectáculo, baseado na improvisación, será único.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anunciou que “Versión Fin, o concerto audiovisual de Iván Torres, chegará a catro lugares emblemáticos do concello este verán. Primeiro, ao Cine Teatro, a orixe de todo o traballo de investigación e creación, e despois ao Círculo Habanero da Devesa. Máis adiante ao peirao de Rinlo e a novidade represéntaa o Pazo de Cedofeita, un lugar privado que os donos poñen a disposición desta iniciativa cultural do Concello”.
A edil sinalou que “a reintepretación, mediante técnicas de degradación...
leer másA exposición O galeón de Ribadeo. Unha vista ao século XVI foi inaugurada na tarde de onte na oficina de turismo. Alí poderase visitar ata o vindeiro 4 de xullo.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, contou que “na tarde de onte, 15 de xuño, na oficina de turismo do Concello de Ribadeo, tivo lugar a inauguración da exposición O galeón de Ribadeo. Unha vista ao século XVI. Trátase dunha mostra das fotografías tomadas no curso da investigación que se leva a cabo na ría de Ribadeo desde hai varios anos. Intervimos na presentación: o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; eu mesma como concelleira de Cultura; e o arqueólogo investigador Miguel San Claudio, quen lidera a investigación do pecio coñecido como Santiago de Galiza”.
A edil explicou que “San Claudio recordou que este é un dos grandes xacementos localizados...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) presentará en Ribadeo o vindeiro sábado, día 19 de xuño, o material didáctico elaborado no proxecto Erasmus+ titulado Un paso adelante, que levou a cabo en coordinación e coa participación de varios países europeos. Esas unidades abordan temas como o combustible, o vehículo eléctrico ou a condución autónoma.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “continuando coa serie de actividades que estamos facendo a través dos proxectos Erasmus+, o que leva máis tempo en activo é o titulado Un paso adelante, coordinado por unha entidade parecida á nosa de Eslovaquia e coa participación dun centro finlandés, outro de Chequia e outro de Eslovaquia. E este proxecto xa está a piques de rematar. No acto que imos celebrar, este sábado, 19 de xuño, ás once da mañá no local de Apaga, en...
leer másNeste 2021 non haberá Ribadeo Indiano. Así o acaban de anunciar os seus organizadores: Concello e Acisa, que veñen de facer público un comunicado conxunto.
No mesmo explican que “estas dúas entidades levamos varios anos organizando un evento lúdico-histórico-cultural de notable éxito. Estamos moi orgullosos do moito que se foi conseguindo en tan só seis edicións do Ribadeo Indiano, atraendo a milleiros de persoas de diferentes latitudes a Ribadeo durante a segunda fin de semana de xullo”.
Concello e Acisa sinalan que “xa se sabe que o ano pasado, como tantas outras actividades, tivo que ser cancelado por mor da pandemia. Neste ano 2021, as persoas integrantes da organización deste evento vimos colaborando desde hai moitas semanas para observar como vai avanzando a situación pandémica, como evolucionan as...
leer másO Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acollerá este venres, día 18, unha demostración sobre a aplicación dun novo revestimento simil pedra chamado Tor Piedra. Está organizada polo Departamento de Edificación e Obra Civil do centro e correrá a cargo de profesionais da firma Tor Pinturas.
Esta actividade está aberta ao público en xeral, pero é dirixida especialmente a traballadores do sector. Debido á pandemia a aforo está limitado a 50 persoas e polo tanto os interesados en participar teñen que inscribirse previamente chamando ao CIFP Porta da Auga (teléfono 982.128.894) ou en calquera das tendas de Tor Pinturas na Mariña.
Desde o departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga explican que “a actividade, que será eminentemente práctica, desenvolverase nunha...
leer más