Ribadeo
A Concellaría de Deportes anunciou a apertura do prazo de matrícula nas escolas deportivas de inverno. Vanse impartir once modalidades. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 30 de setembro.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, declarou que “outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde hoxe, 15 de setembro, ata o día 30 deste mes. Comezarán as escolas nese período, como moi tarde a última que empezará será o 15 de outubro, e rematarán entre o 15 de maio e o 15 de xuño”.
O edil explicou que “son once modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckey liña, natación, pádel, patinaxe, ximnasia rítmica, rugby e tenis de mesa”.
Jorge Díaz engadiu que “dada a situación que levamos arrastrando, que non fai falta xa...
leer másTrinta e seis equipos de 8 comunidades autónomas españolas e outros procedentes de Portugal se darán cita en Ribadeo os días 11 e 12 de setembro para disputar o XV Torneo Internacional de Veteranos. O evento está organizado pola Asociación de Veteranos do Ribadeo FC e conta coa colaboración do Concello e de Acisa. Os partidos vanse disputar en campos de Ribadeo, Lourenzá e Barreiros, en Galicia; e en Navia, Coaña e La Caridad, en Asturias. O Torneo presentouse este mediodía no salón de plenos.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello quero expresar a ilusión que nos produce volver a ter un torneo de veteranos, de maiores de 35, que neste ano é a 15ª edición dado que, desgraciadamente, o anterior por mor da pandemia houbo que suspendelo, non se puido facer. E agora, no 2021, xa saíndo desta terrible situación na que estivemos...
leer másCARTELERA DE CINE RIBADEO DEL 10 AL 16 DE SEPTIEMBRE
1 MALIGNO VSDL MJ 23:00
1 SHANG-CHI Y LA LEYENDA DE LOS DIEZ ANILLOS VSD 17:30 20:15
1 SHANG-CHI Y LA LEYENDA DE LOS DIEZ ANILLOS LMJ 20:15
2 AFTER. ALMAS PERDIDAS VSD 20:30 23:00
2 AFTER. ALMAS PERDIDAS LM 23:00
2 AFTER. ALMAS PERDIDAS J 20:30 23:00
2 LA PATRULLA CANINA: LA PELÍCULA VSD 18:00
2 LA PATRULLA CANINA: LA PELÍCULA LM 20:3
O Concello ribadense organiza unha proba de aventura familiar denominada Orienta Ribadeo. Esta actividade nova, que é gratuíta para os participantes, desenvolverase o día 26 deste mes, domingo.
A concelleira de Mocidade, Mari Luz Álvarez, explicou que “co obxectivo de poñer en valor o noso concello mediante unha actividade innovadora, segura, saudable, participativa e de carácter familiar, a empresa galega Territorio Comanche deseñou expresamente para o Concello esta iniciativa”.
A edil ribadense indicou que “a actividade terá lugar desde as 11.00 horas da mañá do domingo 26 de setembro no auditorio de Cabanela. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo...
leer másA oficina de turismo de Ribadeo acolle ata o 14 de setembro unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez.
Este artista leva traballado esta técnica dende a súa infancia e foi perfeccionándoa ao longo da súa carreira ata chegar á actualidade. Nos dous últimos anos aumentou a súa obra. Nesta mostra pódense ver tanto paisaxes como edificios emblemáticos da vila ribadense e doutros lugares do mundo.
A exposición foi inaugurada na xornada de onte. Xunto a Antonio Martínez estivo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.
O horario de visitas é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas de luns a domingo.
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 9 DE SEPTIEMBRE
1 SHANG-CHI Y LA LEYENDA DE LOS DIEZ ANILLOS VSD 17:30 20:15 23:00
1 SHANG-CHI Y LA LEYENDA DE LOS DIEZ ANILLOS L 20:15 23:00
1 SHANG-CHI Y LA LEYENDA DE LOS DIEZ ANILLOS MX 17:30 20:15 23:00
1 SHANG-CHI Y LA LEYENDA DE LOS DIEZ ANILLOS J 20:15 23:00
2 CANDYMAN DIGITA L 2D VSDL MXJ 23:00
2 LA PATRULLA CANINA: LA PELÍCULA VSD 18:00 20:30
2 LA PATRULLA CANINA: LA PELÍCULA L 20:30
2 LA PATRULLA CANINA: LA PELÍCULA MX 18:00 20:30
2 LA PATRULLA CANINA: LA PELÍCULA J 20:30
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte Quintana, anunciou que “xa temos lista a programación de setembro e estamos a traballar na do último trimestre deste 2021. En setembro pretendemos axudar á desestacionalización do turismo e ao fomento das compras co obxectivo de alongar así a tempada de verán ata outubro. Farémolo principalmente coa actividade Ribadeo 4x4, en colaboración coa Área de Turismo do Concello de Ribadeo, e coa nosa campaña para a Volta ao Cole con Acisa”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez Prada, contou que “hoxe presentamos a campaña para a Volta o Cole coa que pretendemos recordarlle á veciñanza que non hai mellor lugar para facer as compras desta tempada que no comercio local de Ribadeo, onde encontrarán todo o que necesitan como roupa, calzado, material escolar, electrónico, … Tratase dunha campaña de promoción e de...
leer másO vindeiro mércores, 8 de setembro, non haberá mercado semanal en Ribadeo por ser o Día da Patroa, festivo local. Anunciouno o concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso Galdo, quen explicou que “por ser o Día da Patroa, xornada festiva de ámbito local e un día moi especial para as familias ribadenses, non teremos o mercado semanal dos mércores”.
Pablo Vizoso aproveita a ocasión para desexarlles ás e aos ribadenses “un feliz Día da Patroa e que o pasen o mellor posible, dentro do que nos permite a situación de pandemia na que aínda estamos”.
O seguinte mercado semanal dos mércores será o 15 de setembro.
E tamén haberá Mercados dos Domingos ata o 10 de outubro.
A nova campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo, arranca mañá, mércores 1 de setembro, con máis de 100 establecementos adheridos.
O alcalde en funcións e concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello de Ribadeo vai poñer a rodar 600.000 Panchas para facer medrar a economía local, apoiando o comercio de proximidade, a hostalaría e o sector servizos de Ribadeo. Este ano a campaña da Pancha dá un paso máis, dixitalizando todo o proceso de adquisición e de compra e simplificando todas as operacións. Deste xeito tanto para comprar as Panchas como para facer os cobros unicamente se precisa un teléfono móbil tipo Smartphone. Así as Panchas poderán adquirirse dende o móbil en fraccións de 30 euros, polos que se obterá un contravalor de 40 Panchas, e ata un máximo de 7 packs por cada persoa participante, o que...
leer másEste domingo, 5 de setembro, celébrase no estadio municipal Pepe Barrera o Trofeo Acisa Festas Patronais entre o Ribadeo FC e o Viveiro CF, que servirá para conmemorar estas datas tan especiais. O evento esta organizado polo Ribadeo FC xunto con Acisa. O derbi mariñá terá lugar as 18:00 horas.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anunciou que “este domingo, 5 de setembro, temos todos unha cita co fútbol as 18:00 horas para ver o derbi mariñá que disputarán o Ribadeo FC. e o Viveiro CF no estadio municipal Pepe Barrera. A apertura de billeteiras será as 16:30 horas e a entrada terá un custe de 8 euros”.
Pérez Prada dixo: “queremos dende Acisa agradecer ao Ribadeo FC que pensara en nos para poder levar acabo este trofeo especial, conmemorativo das festas patronais da vila, que como é sabido non se van poder celebrar...
leer más