Ribadeo
O alumnado do obradoiro de emprego Ribadeo alén do Camiño realizará unha campaña de promoción do itinerario xacobeo desde agora e ata o vindeiro 15 de outubro. A devandita campaña inclúe visitas guiadas ao Santuario das Virtudes, á igrexa de San Xoán de Ove e ás capelas de San Roque e da Atalaia. O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo e alcalde en funcións, Pablo Vizoso, visitou ás alumnas da especialidade formativa de Promoción Turística Local e Información ao Visitante, que se está a impartir nese obradoiro dual de emprego, promovido polo Concello de Ribadeo.
Vizoso Galdo explicou que “o obradoiro de emprego, que reiniciou as súas actividades o pasado día 1 de xullo despois de estar suspendido dende o 16 de marzo por mor da situación excepcional creada pola evolución da epidemia de COVID-19, ten entre os seus...
leer másAcisa presentou un novo vídeo promocional, dentro da campaña Ribadeo Seguro, no que salienta a calidade e seguridade dos establecementos asociados. A iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, pretende ademais axudar á promoción turística do concello no que resta de ano, apostando deste xeito pola desestacionalización.
O xerente da patronal ribadense, Jesús Pérez, declarou que “este novo vídeo amósalle á cidadanía a calidade dos nosos establecementos, así como o cumprimento estrito das normas, e fai un chamamento á confianza dos nosos clientes. É moi importante, agora que remata a tempada alta de turismo en Ribadeo, que desde Acisa teñamos dúas liñas de actuación neste senso. Por un lado, potenciar o turismo desestacionalizado, o de setembro e outubro, que ademais en Ribadeo sempre tivo unha grande presenza. E en segundo...
leer másO sábado, 22 de agosto, ás 21:30 horas no parque de San Francisco, actuará Sarabela Teatro poñendo en escena a obra Crónicas do Paraíso. Creada e dirixida por Gonçalo Guerreiro, baséase na Crónica de Sochantre de Álvaro Cunqueiro. Está interpretada por Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu e Elena Seijo. A función representarase no auditorio se vai mal tempo, e conta co patrocinio da AGADIC e da Rede Galega de Teatros e Auditorios. En caso de mal tempo a representación trasladaríase ao Auditorio Municipal.
E o luns, 24 de agosto, ás 20:30 horas no Auditorio Hernán Naval, de Ribadeo, ofrecerá un concerto de Ensemble Bal&Gay, dentro do VII Festival Bal y Gay. A formación créase co fin de difundir o repertorio sinfónico ou formas instrumentais de cámara pouco habituais nun espazo de plena ilusión, de compromiso e de...
leer másNa tarde noite de onte, mércores, celebrouse o acto inaugural de Adega San Damián, o espazo da empresa ribadense Discosta Norte nas súas instalacións de Dompiñor para vender ao público os numerosos produtos que distribúe: viños de todas as denominacións de orixe españolas, licores, vermús, refrescos, cervexas de Estrella Galicia, conservas, aceites, arroces, etcétera.
O xerente de Discosta Norte, José Antonio Veiga, explica que é “unha exposición tipo viñoteca e cun estilo rústico dos produtos que temos, que son moitas referencias, das cales máis do 90 por cento recibímolas directamente das bodegas e das fábricas. Con isto conseguimos que os prezos de venda ao público estean sempre e en todos os casos moi por debaixo do que se pode encontrar en calquera área comercial e incluso por internet. E esa é a gran vantaxe que temos. Dispoñemos de...
leer másDo 25 ao 28 de agosto terá lugar en Ribadeo, no Centro Pedro Murias, o IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). A presentación do modelo eléctrico Porsche Taycan en Rinlo é unha das novidades deste ano. Este Fórum, que contará cun total de 32 horas de actividades, está dirixido a profesores e profesionais do mundo do motor e estudantes de Formación Profesional ou universitarios, así como a afeccionados ao mundo automobilístico.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, comentou que “este ano é un pouco complexo polo tema do covid, pero está todo preparado: o programa, todas as series de actividades lúdicas que se van a facer a tarde do martes e a tarde de mércores: unha visita á Finca Galea, á fábrica de Sargadelos cunha comida alí, e despois o programa vaise...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza retoma súas actividades culturais e organiza do 21 ao 23 de agosto as XVIII Xornadas de Historia Local. Nesta ocasión centraranse en explicar a historia de Ribadeo a través da toponimia da contorna.
O venres, 21 de agosto, ás 20:30 horas, o Auditorio de Cabanela acollerá a charla impartida por Rocío Dourado Fernández “O que ten nome existe: toponimia do concello de Ribadeo”. En caso de choiva o acto trasladarase á Casa do Mar.
O domingo, día 23, ás 19:30 horas en Porcillán, haberá un paseo en barco guiado por Antonio Vidueiro, Víctor M. Díaz e Ángel Prieto, que falarán da "Talasonimia da Ría de Ribadeo". O aforo será limitado por mor da crise sanitaria, polo que os interesados en asistir deberán inscribirse vía WhatsApp no 649631903.
Estas xornadas...
leer másO 65% do comercio asociado a Acisa abrirá as súas portas este sábado, 15 de agosto, festivo nacional. E o domingo, como é habitual, estarán abertos o 100% dos locais.
Desde a directiva de Acisa sinalan que “aqueles que se acheguen a Ribadeo esta fin de semana poderán, entre outras cousas, aproveitar para facer as súas compras no noso comercio asociado. O 65% dos locais comunicáronnos que abrirán as súas portas o 15 de agosto, que é festivo nacional. Xa o domingo, como é habitual, estarán abertos o 100% dos locais. O 16 de agosto é o Día de San Roque, copatrono de Ribadeo, e ao coincidir en domingo esta celebración o festivo pasouse para o martes de Entroido. Entón, insistimos en que o vindeiro domingo todo funcionará con normalidade en Ribadeo”.
A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e...
leer másA Concellaría de Cultura colabora na organización dunha mostra pictórica de Carmela Villa Río que se inaugurará mañá, 11 de agosto, na sala de exposicións do parque de San Francisco.
O acto dará comezo ás 19:30 horas e posteriormente servirase un viño entre os asistentes.
A exposición, titulada Outra Mirada, permanecerá aberta na sala de exposicións do parque San Francisco ata o mércores da vindeira semana, 19 de agosto. O horario de visitas será de 18:00 a 21:00 horas.
O Concello de Ribadeo colabora na organización dunha nova actividade de astronomía, como ven sendo xa habitual nos veráns ribadenses. Este ano leva por título Congreso público. A Astronomía nas Rutas Xacobeas.
A primeira observación, que estaba prevista para o día 13, queda aprazada para o vindeiro domingo, 16 de agosto, “xa que a previsión meteorolóxica para o xoves é mala”, segundo explican desde o Concello.
Esta nova cita coa astronomía, aberta a todos os públicos, consistirá nunha charla no Cine Teatro e unha posterior observación na Praza de España os días 16 e 24 de agosto. O día 16 a charla terá lugar as 21:00 horas e a observación as 22:00 horas, mentres que o 24 de agosto a charla será as 20:30 horas e as 21:30 terá lugar a observación.
Desde o Concello lembran que “por mor do...
leer másAPAGA (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) organiza a novena edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos do 25 ao 28 de agosto, que terá lugar no centro Pedro Murias, de Ribadeo. Este ano abordaranse temas como a edición de libros electrónicos e o vehículo eléctrico. O programa completarase cunha serie de actividades lúdicas, que permitirán aos participantes visitar varios lugares da comarca. O aforo está limitado a 50 persoas, debido ao covid, pero aínda quedan algunhas prazas libres.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, contou que “este ano decidimos, tendo en conta as diversas enquisas do nivel de satisfacción que facemos todos os anos cando remata o Fórum, dar resposta a ese tipo de solicitudes dos participantes, especialmente daqueles que veñen de fora da comunidade autónoma de Galicia. Entón imos...
leer más