Ribadeo
Como consecuencia das restricións de mobilidade debido á pandemia Ginzo Moda decidiu renovar a súa páxina web (www.ginzomoda.com) para convertela nunha plataforma de venta on line na que ofrecer unha gran parte dos produtos de recoñecidas marcas que ten nas súas tendas de Foz e Ribadeo.
O propietario da firma mariñá, José Ginzo, explica que “debido á pandemia a mobilidade está restrinxida e xurdiu a necesidade de dar este novo paso no mundo on line. Vemos como grandes firmas están pechando establecementos e desviando ese potencial cara a venda on line; e nós, na nosa humilde situación e co potencial que temos, tamén decidimos presentar gran parte das coleccións que ofrecemos a través dunha páxina web coas últimas novidades tecnolóxicas, coa facilidade de comprar e poder recibir o produto na casa ou...
leer másA Área de Turismo do Concello organiza durante a Semana Santa 7 percorridos guiados a través do importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. As visitas serán de balde e as prazas limitadas, segundo anunciou o concelleiro Pablo Vizoso Galdo.
O edil ribadense explicou que “esta Semana Santa a Área de Turismo do Concello de Ribadeo organiza 7 percorridos guiados a través dos que se poderá descubrir o noso importante patrimonio natural e cultural. Trátase dunha serie de rutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural”.
Pablo Vizoso contou que “dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral. Así organizamos tres Xeorutas, 2 saídas para facer a dos Arcos e...
leer másA Concellería de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 28 de marzo, o espectáculo para bebés de Caramuxo Teatro titulado Redondo. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas.
Trátase dunha montaxe, especialmente recomendada para familias con bebés de 6 meses a 4 anos, que xoga coas formas e na que o personaxe de Mr. Round está fascinado por todos aqueles obxectos redondos. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.
Foi o espectáculo mellor valorado polo público na programación Vigo Cultura 2018, seleccionado en Galiza Escena Pro e en Fetén 2018.
Con Redondo remata o ciclo Palma Repalma do proxecto APEGO en Ribadeo que a Concellería de Cultura dedicou aos bebés e que constou de catro...
leer másAcisa Ribadeo anima esta Semana Santa con grandes descontos en 50 establecementos comerciais do 26 de marzo ao 4 de abril. A campaña denomínase A falta de Semana Santa… semana dos descontos en Ribadeo. Con ela a asociación ribadense pretende axudar ao comercio a liquidar stock e a mostrar a roupa da nova tempada e a potenciar as vistas a Ribadeo dos veciños e veciñas da comarca e do resto de Galicia.
Segundo anunciou o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, “hoxe presentamos esta gran campaña de descontos especiais. Nela participan 50 comercios de todo tipo: moda home e muller, calzado, electrónica, papelería, libraría, deportes, decoración, regalo, hai moito onde escoller.... dende o 26 de marzo o 4 de abril poderás encontrar en Ribadeo grandes ofertas e descontos, os últimos da tempada. Temos dende liquidación de stock, a fin de...
leer másO Concello remata estes días as obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai na marxe galega da ría de Ribadeo, en Reme, na parroquia de Ove. Para o alcalde, Fernando Suárez, “esta actuación supón un paso máis dentro do compromiso ambiental seguido polo Concello, principalmente no referente á protección, conservación e recuperación dos seus espazos naturais”.
O rexedor contou que “nestes días estamos rematando estas obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai aquí na marxe galega da ría de Ribadeo, na parroquia de Ove. Ven substituír a outra infraestrutura que estaba moi deteriorada co paso do tempo e, sobre todo, con moitos signos de vandalismo que tiña”.
Suárez Barcia dixo: “esta actuación, que agora rematamos, fixémola en dúas anualidades a través dunha axuda da Rede Natura 2000...
leer másXa se pode ver na rúa Rodríguez Murias, de Ribadeo, o mural en homenaxe a Rosalía de Castro. Foi pintado esta mañá por Concepto Circo.
Deste xeito o Concello conmemora a data do nacemento da escritora en Santiago de Compostela en 1837, “unha celebración que foi impulsada en 2011 pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e á que cada ano se suman máis entidades”, segundo lembraba hai uns días a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
Ribadeo acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de Lugo na que se posibilitaba que os Concellos, que así o solicitasen, puidesen dispor dunha actividade para celebrar a efeméride. “No ámbito do mural que solicitamos propóñense modelos de obras orixinais coa mestura de diferentes técnicas”, dixo a edil ribadense.
Desde hoxe e ata o 26 de marzo está aberto o prazo de inscrición nas xornadas deportivas de Cultura Urbana que organiza a Concellaría de Mocidade durante a Semana Santa. Están dirixidas a rapazas e rapaces a partir de 8 anos.
A edil Mariluz Álvarez Lastra explicou que “debido ás circunstancias presentes, a covid-19 e ás medidas de prevención específicas adoptadas na comunidade autónoma de Galicia, estamos na obriga de limitar e adaptar as actividades dirixidas a poboación infantil-xuvenil primando a seguridade das persoas participantes e cumprindo as medidas especiais para actividades de Tempo Libre (Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid-19 na comunidade autónoma de Galicia)”.
As xornadas...
leer másYa se conocen los nombres de los ganadores del XI Concurso Fotográfico Día del Padre, organizado por Acisa Ribadeo. La presentación de trabajos en el facebook de la asociación tuvo lugar del 6 al 19 de marzo así como las votaciones de las imágenes.
El primer premio con el título Que la vida nos acompañe toda la vida juntos, es para Ricardo López Fernández por una fotografía hecha en La Lira. El ganador se llevará una cámara fotográfica FHD HDR-AS50B Black Sony valorada en 250 euros. El segundo premio con el título Papá es el mejor maestro es para Igor Rodríguez Gómez por una fotografía hecha en el bar Galicia. Recibirá 60 euros en vales de compra de Acisa. Y el tercer premio con el título De tal pai, tal filla es para Antía Vázquez Gómez por una fotografía hecha en Galipizza. Será obsequiada con 40 euros en vales de compra de Acisa.
... leer másAcisa Ribadeo colabora de nuevo con la Asociación Española de Lucha Contra el Cáncer en la difusión de la carrera virtual En Marcha, que se celebrará el 28 de marzo. El colectivo empresarial anima a la ciudadanía a participar.
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “en esta ocasión los protagonistas no somos nosotros, no es Acisa, es la AECC, que como siempre hace un trabajo encomiable. Nuestra colaboración en esta ocasión es simbólica, lo que hacemos es darle la máxima difusión a través de nuestros medios y redes sociales así como de nuestros socios a la campaña puesta en marcha por la AECC, y animar a todos los ribadenses o a cualquier persona que lea esta noticia a apuntarse”.
Pérez señala que “la AECC organiza para el 28 de marzo una carrera solidaria. Se trata de una cita virtual que se realiza a...
leer másPalma Repalma é o programa do que gozan todos os domingos do mes de marzo en Ribadeo as nenas e os nenos de ata tres anos.
Este domingo, 21 de marzo, ás 17:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval haberá unha sesión de arrolos con Rilo e Penadique. Denomínase Arre ru e está destinada ás crianzas de 0 a 3 anos. O prezo da entrada é de tres euros.
Esta actividade enmárcase no Apego do Concello de Ribadeo.