Ribadeo

Etiquetas:
12/05/2021

O I Half Triatlón Ribadeo, que se celebrará este sábado 15 de maio, reunirá a 470 participantes. A proba ocasionará cortes de tráfico nas estradas LU-P-5207, LU 133 e LU-P-6103 polo que desde o Concello piden desculpas polas molestias que se poidan ocasionar. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinala que haberá desvíos sinalizados.

O edil anunciou que “hai 470 participantes, para as dúas modalidades desta proba. Nunha das especialidades hai 330 e na outra hai 140, que é a máis longa”.

Jorge Díaz subliñou que “vai haber varios cortes de estradas, sobre todo na LU-P-5207, que vai desde o colexio público ata o cruce de Vilela, onde hai un cruce coa LU-133, que é a que vai de Reme a Vilamar e chegará tamén o corte á LU-P-6103, que é onde está Vilamartín Grande e que limita con Trabada. Toda esa franxa estaría...

leer más
Etiquetas:
11/05/2021

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas este sábado, día 15, no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “despois dunha tempada sen actuacións da Banda Municipal de Música de Ribadeo pois desde o Nadal non puidemos levar a cabo ningún concerto xa que o seguinte que tíñamos previsto era o de Semana Santa pero polas restricións que había nese momento non se puido facer, agora si volve ofrecer o seu concerto das Letras Galegas, que neste caso vai dentro do programa de Letras no Campo, organizado polo Concello de Ribadeo, e será este sábado, día 15, ás oito da tarde no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz”.

David Ballester agradece a...

leer más
Etiquetas:
10/05/2021

Do 14 ao 17 de maio terá lugar Letras no Campo, a sétima edición da feira do libro de Ribadeo, que organiza a Concellaría de Cultura. Ao longo desas xornadas haberá presentacións, música e divertimento. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello. 

A edil Pilar Otero dixo que “despois do parón do ano pasado imposto pola covid e baixo o lema a cultura é segura, o Concello de Ribadeo organiza para esta fin de semana a sétima edición de Letras no Campo, feira ribadense do libro. Das outras veces este evento que implica librarías, editoriais, autores e autoras e lectores e lectoras facíase xa entrado o verán. Preténdese, ao programalo para mediados de maio, contribuír á desestacionalización das ofertas que axuden a dinamizar o concello”.

A concelleira de Cultura explicou que “Letras no Campo...

leer más
07/05/2021

O Concello pon en marcha Reinicia Ribadeo, o programa de transformación dixital para empresas locais, que inclúe formación gratuíta. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de maio. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “como resposta á necesidade xeral de levar a cabo a dixitalización dos negocios, acentuada polas medidas restritivas do último ano, que tiveron un gran impacto económico, o Concello de Ribadeo presenta un programa de acompañamento e apoio para a transformación dixital das empresas locais, Reinicia Ribadeo”.

O proxecto está formado por tres elementos clave para a transformación dos negocios locais: asesoramento individualizado, formación práctica e novas canles dixitais de apoio, onde se compartirá información sobre a dixitalización e se poderán consultar dúbidas ao...

leer más
Etiquetas:
07/05/2021

Do 8 ao 23 de maio terá lugar a VIII Quincena do Mar nos catro restaurantes do porto deportivo de Ribadeo: San Miguel, Náutico, Marinero e La Solana. Coa iniciativa gastronómica colabora nesta edición a Xunta de Galicia. 

No acto de presentación, que tivo lugar esta tarde no porto ribadense, o hostaleiro José Blanco, de La Solana, en nome dos organizadores dixo que “hoxe queremos presentarvos a VIII Quincena do Mar. Estas quincenas foron organizadas xunto ao porto deportivo de Ribadeo en colaboración cos hostaleiros que temos locais nesta zona. Do 8 ao 23 de maio queremos poñer en valor a calidade, variedade e riqueza dos nosos produtos do mar de proximidade, produtos cos que traballamos nos nosos restaurantes día a día”. 

Blanco explicou que “os locais que participamos nestas xornadas presentaremos diferentes...

leer más
Etiquetas:
06/05/2021

O Concello ultima os preparativos do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o vindeiro 15 de maio. O edil de Deportes, Jorge Díaz, salienta a importancia desta proba nacional e o impacto económico que pode ter dado o alto nivel de participación.

O concelleiro ribadense lembrou que “o vindeiro 15 de maio se fará, por primeira vez, un triatlón de carácter nacional, a través tanto da Federación Galega como da Federación Nacional. O Concello colabora intensamente coa organización. É un percorrido moi transversal no senso de que toca o ámbito tanto urbano como practicamente todas as parroquias polas que pasa ou ten influencia, incluso ten bastante influencia noutros concellos como Barreiros e Trabada”.

O edil de Deportes explicou que “a proba sae dos Bloques, ese entorno tan característico da ría de Ribadeo, aí faise...

leer más
Etiquetas:
05/05/2021

O vermú Arnao, elaborado en Ribadeo por Discosta Norte SL, acaba de poñerse á venda en hipermercados de toda España. Xa pode mercarse nas grandes superficies de Alcampo e en breve estará tamén nas de Carrefour e Makro, entre outras.

O xerente de Discosta Norte, José Antonio Veiga, explica que empezaron a elaborar o vermú Arnao no ano 2019 “para distribuílo a nivel comarcal, para os nosos clientes de hostalería. Queríamos ter un produto propio que supuxera un impulso para a imaxe da empresa, dentro dos cambios que estamos a facer. En principio só se vendía nos bares da zona, non estaba nin nas tendas da comarca. Pero como foi gustando moito e tendo boa aceptación ampliamos a distribución a tendas, que empezaron a pedírnolo para vendelo a particulares. E a partir de aí tivemos que traballar moito a nivel comercial porque a competencia é moi...

leer más
Etiquetas:
05/05/2021

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 9 de maio, unha actuación de Raquel Queizás con Cinema Marabillas. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Inclúese no programa Apego e está dirixida a nenas e nenos de 3 anos en diante. O prezo da entrada é de 3 euros.

Trátase de adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e nos libros clásicos da literatura co obxectivo de facer ver que esas historias coñecidas poden contarse de diferentes maneiras. Os protagonistas destes relatos son nenas e nenos que teñen preocupacións, e reflicten sobre o mundo no que viven e as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero ou o respecto polo diferente.

 

Etiquetas:
04/05/2021

O cantautor Javier Álvarez ofrecerá un concerto este xoves, 6 de maio, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo. A actuación enmárcase no ciclo Outras Músicas, organizado polo Concello ribadense. O prezo da entrada é de 3 euros.

O músico madrileño presentaba en 2018 o seu disco titulado 10, que significaba o seu regreso ao ambiente discográfico, coincidindo co décimo traballo da súa carreira de máis de tres décadas, cando a mediados dos 90 se daba a coñecer cos seus primeiros éxitos con cancións como La edad del porvenir.

Ten intervido en múltiples colaboracións cos artistas máis recoñecidos a nivel nacional e internacional, e numerosas versións de temas clásicos. Ademais segue a ser fiel á súa busca incansable de fórmulas innovadoras alleas ás habituais do mercado musical e tamén escolle os escenarios nos que ofrece...

leer más
Etiquetas:
28/04/2021

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo recupera as actividades con público a través das clásicas audicións de primavera que impulsa o centro. A primeira será mañá, 29 de abril. 

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. As deste curso 2020-2021 son, se cabe, máis especiais que as doutros anos xa que serán as primeiras actividades con público que leve a cabo a EMMeD dende o inicio da pandemia da covid-19. 

O responsable da Escola, Hugo García, sinalou: “consideramos que estamos en condicións de recuperar unha certa presencialidade no noso día a día como xa fixemos coas clases, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene e coa...

leer más