Ribadeo
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza unha nova edición do obradoiro titulado Aprende a usar o teu smartphone.
Terá lugar os días 18, 19, 23 e 24 de abril, de 16:00 a 17:30 horas. As prazas son limitadas e para participar será necesario facer a preinscrición chamando ao 982 120 732 ou na propia Aula CeMIT.
Esta actividade desenvólvese en colaboración coa Fundación Vodafone, que ofrece varios cursos online. Está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores xa non só no uso básico destes dispositivos, senón a mostrarlles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que lles abren en temas como seguridade, novas formas de lecer, as relacións cos demais ou a dispor dunha maior información.
Os participantes terán a oportunidade de contar cuns dez smartphones como elementos...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 11 DE ABRIL
VIERNES 6, SÁBADO 7 Y DOMINGO 8
-“Peter Rabbit” – 18:00 horas
-“Ready player one” – 20:15 y 23:00 horas
-“El hijo de Bigfoot” – 18:00 horas
-“La tribu” – 20:30 horas
-“Bajo la piel del lobo” – 23:00 horas
LUNES 9
-“Ready player one” – 20:15 y 23:00 horas
-“La tribu” – 20:30 horas
-“Bajo la piel del lobo” – 23:00 horas
MARTES 10 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Ready player one” – 20:15 y 23:00 horas
-“La tribu” – 20:30 horas
-“Bajo la piel del lobo” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 11 (SIN ESPECTÁCULO)
A axenda cultural de Ribadeo para os meses de abril, maio e xuño ofrece moita música e teatro. Pasarán por Ribadeo en maio e xuño Miro Casabella e a Vargas Blues Band. E do 29 de xuño ao 1 de xullo desenvolverase a Feira do Libro no parque de San Francisco.
O concelleiro de Cultura en Ribadeo, Farruco Graña, explicou na súa comparecencia desta mañá que “a imaxe de portada do tríptico que recolle a programación, foi deseñada por Fernando Fernández Páez, unha imaxe preciosa que fai referencia ao xermolar dunha nova vida como corresponde sempre á primavera. Ademais poñemos unha imaxe de María Victoria Moreno, que é a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas”.
O edil ribadense contou que “queremos empezar destacando todo o relacionado co programa Apego no cal se integrou o Concello de Ribadeo. Temos teatro...
leer másMañá, mércores 4 de marzo, terá lugar o comezo da XXIV edición da Feira da Ciencia de Ribadeo, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Nela participarán boa parte dos estudantes do IES como expositores dos seus propios traballos, dende os cursos iniciais que son impartidos no IES ós finais. Os traballos versarán sobre temas de Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química.
Estará aberta mércores, xoves e venres en horario de mañá, de 9:20 a 13:10, cun pequeno descanso entre 11 e 11:30.
O vindeiro luns, 2 de abril, ás 20:30 horas terá lugar no pavillón de deportes a IV Gala do Deporte, que organiza o Concello de Ribadeo.
Serán 199 os deportistas locais premiados de 13 modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, billarda, fútbol sala, fútbol, pádel, piragüismo, remo, rugbi, surf, tiro olímpico, tenis de mesa e ximnasia rítmica. Entre todos eles hai campións de España, de Galicia, de Asturias, provinciais ou comarcais, tamén deportistas que debutaron na primeira división da súa modalidade, hai equipos e tamén deportistas individuais.
O acto estará presidido polo alcalde, Fernando Suárez Barcia.
A Concellaría de Turismo anuncia que duplica desde hoxe o persoal encargado de informar aos visitantes que se acheguen durante esta Semana Santa ás oficinas de turismo da vila e da praia das Catedrais.
A edil Ana Martínez contou que “desde o Concello de Ribadeo, e para atender a demanda que se poida dar durante estas datas de Semana Santa, a partires de hoxe mesmo imos reforzar os servizos de información turística. Ata o momento tiñamos unha persoa na praia das Catedrais e outra na oficina de Ribadeo. Pois a partir de hoxe contaremos co dobre de persoal, catro persoas para atender esa posible e importante demanda de visitantes que se poidan achegar durante estes días ao noso concello”.
A concelleira de Turismo dixo que “tamén queremos reforzar un pouco o servizo que damos non soamente de información, senón de...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 3 DE ABRIL
MIÉRCOLES 28 MARZO
-“Pacific Rim” – 20:30 y 23:00 horas
-“Peter Rabbit” – 20:30 horas
-“Tomb Raider” – 23:00 horas
JUEVES 29
-“Ready player one” – 17:30, 20:15 y 23:00 horas
-“Peter Rabbit” – 18:00 horas
-“Pacific Rim” – 20:30 horas
-“La tribu” – 23:00 horas
VIERNES 30, SÁBADO 31 Y DOMINGO 1
-“Ready player one” – 20:15 y 23:00 horas
-“Peter Rabbit” – 18:00 horas
-“El hijo de Bigfoot” – 18:00 horas
-“Pacific Rim” – 20:30 horas
-“La tribu” – 23:00 horas
LUNES 2 Y MARTES (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Ready player one” – 20:15 y 23:00 horas
-“Pacific Rim” – 20:30 horas
-“La tribu” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 4 Y JUEVES 5 (SIN ESPECTÁCULO)
Acisa Ribadeo ven de editar outros 10.000 rueiros e 10.000 manteis e outros tantos posavasos, que distribuirá gratuitamente estes días polos hoteis, bares e restaurantes asociados.
O presidente en funcións de Acisa Ribadeo, David Martínez, anunciou que “desde ACISA Ribadeo, co fin de dar máis promoción e publicidade aos nosos asociados, así como axudar ao sector de hostalería con material que poidan utilizar, este ano decidimos volver editar 10.000 unidades actualizadas dos nosos rueiros”.
Martínez maifestou que “ademais, como outra forma de apoiar á hostalería con material que poidan utilizar na súa actividade empresarial e aforrar custes, este ano editáronse 10.000 manteis de papel individuais e 10.000 posavasos cun deseño elegante e bonito. Tamén ten un carácter promocional xa que non só se fai publicidade da...
leer másO restaurante Texturas Galegas, de Ribadeo, que rexenta o cociñeiro Javier Montero, acolle desde mañá, 28 de marzo, e ata finais de abril unha exposición de Celso Dourado titulada Botánica. O artista barreirense pretende render homenaxe ás plantas, ás flores e ás verduras, produtos que Javier Montero emprega para elaborar os pratos que se poden saborear no seu establecemento.
Celso Dourado explicou que “dados os meus lazos familiares co cociñeiro Javier Montero e a miña amizade con el, tras unha conversa un día nunha cea, decidimos facer unha colaboración eu como artista e el como cociñeiro, cun referente que son as plantas, as utilizadas na cociña e a planta como motivo artístico”.
O artista de Barreiros detallou que “é unha serie que leva por título Botánica, consiste nuns dez cadros, e estará exposta no...
leer másAproveitando a chegada da Semana Santa e con ela a de miles de turistas a Ribadeo a Concellaría de Turismo pon en marca o vindeiro xoves, 29 de marzo, unha serie roteiros guiados polo monumento natural da praia das Catedrais, “considerando esta actividade como un reclamo e atractivo turístico máis dentro da nosa oferta de lecer, tratando así, de por en valor o noso patrimonio”, anunciou a edil Ana Martínez.
A concelleira de Turismo engadiu: “é por iso que desde este departamento desexamos incorporar este ano unha nova actividade que redunde na calidade, diversidade e vistosidade do noso patrimonio. Trátase duns 13 roteiros guiados polo monumento natural da praia das Catedrais, a través dos cales se mostrarán os aspectos históricos, culturais, etnográficos, xeográficos, naturais e mitolóxicos relacionados cos lugares polos que se discorre....
leer más