Empresas
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres, 8 de xuño, e o sábado, día 9, campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 62 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Esta é a edición máis concurrida en canto ó número de locais participantes de tódalas que se levan realizado. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc.
Os locais...
Acisa premia a fidelidade co pequeno comercio sorteando 600 euros en premios entre aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados entre os días 1 e 25 de xuño. O primeiro premio será de 300 euros en vales de compra e haberá outros dous de 200 e 100 euros respectivamente.
Para participar no sorteo desta campaña os clientes deberán realizar compras, sen importe mínimo, en calquera dos establecementos asociados de Acisa, e por cada unha recibirá unha rifa para que a cubra cos seus datos. O establecemento farase cargo de gardar todas as rifas debidamente cubertas e seladas ata que o persoal de Acisa Ribadeo pase recollelas, ao remate da campaña, para celebrar despois o sorteo.
Os clientes terán as rifas á súa disposición nos establecementos asociados desde o 1 ao 25 de xuño. Os días 26 e 27...
leer másO Concello súmase á campaña internacional Quere o teu mercado con diversas actividades, que terán lugar o vindeiro sábado, día 26, na praza de abastos.
Segundo explica a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, “co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercado na nosa vila, potenciado así a compra do produtos locais e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras, o Concello participa na campaña Quere o teu mercado, en colaboración coa Xunta de Galicia”.
Quere o teu mercado (Love your local market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Whole sale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca,...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia a posta en marcha dunha campaña de promoción dos mercados dos xoves na localidade coa que se pretende incentivar tamén o comercio local.
A través de distintos soportes, como os medios de comunicación ou as redes sociais, o Goberno local destinará esta acción a poñer en valor as alternativas para mercar, así como as de ocio que ten Mondoñedo. Trátase, segundo explica a rexedora, de facer unha campaña “que conciencie da importancia de mercar no comercio local e capaz de atraer visitantes, nomeadamente para potenciar os mercados dos xoves”.
Desde o Concello destacan a importante variedade de produtos que se poñen á venda neses mercados, todos de primeira calidade. Á froita, produtos da horta, roupa, entre outros, vén de engadirse hai un ano un servizo de pulpeiro,...
leer másTodo está listo para a cea de conmemoración do 30 aniversario da creación de Acia Foz, que terá lugar mañá, mércores, a partir das 21:30 horas no hotel restaurante Leytón.
Ao acto asistirán a directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a responsable da Área de Economía da Deputación de Lugo, Mayra García, o presidente da Mancomunidade de Municipios de Mariña, Alfredo Llano, o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, así como edís dos diferentes partidos con representación no Concello focense. Exercerá como anfitrión o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, xunto ao resto da directiva da asociación que acaba de renovar por outros catro anos.
Na cita renderase homenaxe a Suso Fernández...
leer másA nova asociación Hostalería de Barreiros bota a andar con 25 establecementos xa asociados.
Unha comisión xestora, integrada por seis persoas, será a encargada dos trámites de constitución coa idea de convocar máis adiante eleccións á xunta directiva.
Entre os temas tratados na xuntanza celebrada na tarde deste luns, abordáronse a necesidade de mellorar a promoción turística do concello mediante medidas como a sinalización tanto do municipio como dos servizos hostaleiros existentes, mellorar ademais a promoción e divulgación de rutas naturais, e procurar a atracción de visitantes/turistas interesados en outro tipo de oferta como a deportiva, a de natureza ou a de eventos. Neste senso, un dos obxectivos a desenvolver a realización de accións puntuais que favorezan a chegada doutros lugares.
... leer másA persoa afortunada co premio do Día da Nai de Acisa Ribadeo ten ata o 21 de maio para reclamalo na oficina da asociación. A papeleta é a 7.206. Trátase dos catro últimos números do sorteo extraordinario da ONCE de onte, 6 de maio (27.206). O premio consiste en 300 euros en vales de compra para gastar nun só día co asesoramento e acompañamento dun persoal shopper.
Desde Acisa lembran que “a persoa gañadora deberá recoller o seu premio nos quince días seguintes á data de celebración do sorteo. Este agasallo caducará o 21 de maio. De non ser unha nai a gañadora directa, o gañador ou gañadora deberá designar á súa nai ou a outra que coñeza para regalarlle o premio”.
E engaden que “a gañadora gozará dun sábado, no mes de maio, dunha sesión de beleza e dun día de compras guiada por un asesor de imaxe que a acompañará...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz únese á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que terá lugar do 7 ao 21 de maio. A Federación Galega de Comercio sorteará 16.200 euros en premios repartidos en 80 tarxetas prepago de ABanca de 300 e 150 euros cada unha.
A campaña está organizada pola Federación de Comercio e pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.
Todos aqueles consumidores que desexen participar nesta campaña o único que teñen que facer é rexistrar a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico. Tamén poden pedirlle ao comerciante que lles faga a xestión en www.diasazuis.com/comercios
Trinta aniversario de ACIA/CCA
Por outra banda, xa están á...
Acisa Ribadeo ultima a Ruta dos Chiquitos e da Cervexa, que se celebrará en xuño, e un importante evento para a vila en xullo. Estas son algunhas das actividades nas que traballa a nova xunta directiva proclamada na asemblea extraordinario que se celebrou onte á noite.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, declarou que afronta esta nova etapa na asociación “con ilusión” e dixo que “daba pena que no se presentara nadie y al final una serie de personas de otras directivas, de la anterior y algunas nuevas incorporaciones tomamos la decisión de ponernos al frente, porque la desaparición de Acisa sería un problema grande para Ribadeo, ya que aquí la única industria que hay son los servicios”.
A nova xunta directiva comezou a traballar xa onte: “en la primera reunión que tuvimos ayer estuvimos hablando de...
leer másACISA Ribadeo pon en xogo na súa campaña do Día da Nai 300 euros en vales de compra para gastar nun só día co asesoramento e acompañamento dun persoal shopper. Trátase da primeira vez que se leva adiante unha acción deste tipo na comarca. Aquelas persoas que fagan as súas compras do 27 de abril ao 6 de maio no comercio asociado obterán as rifas para participar nesta campaña. O boleto gañador será aquel cuxas catro últimas cifras coincidan co premio do sorteo extraordinario da ONCE do 6 de maio, día da nai.
A persoa gañadora deberá recoller o seu premio nos quince días seguintes á data de celebración do sorteo. Este agasallo caducará o 21 de maio. De non ser unha nai a gañadora directa, o gañador ou gañadora deberá designar á súa nai ou a outra que coñeza para regalarlle o premio.
A gañadora gozará dun sábado, no...
leer más