Empresas
Baixo o lema “Ven ó Centro Comercial Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir do 9 de Febreiro a campaña de San Valentin 2018. Nesta ocasión sortearase una escapada romántica a Paris do 9 ó 12 de Marzo.
O premio inclue 3 noites nun hotel 3* con almorzo, vó dende Santiago a Paris e viceversa, e seguro de viaxe.
O xeito de participar é moi sinxelo, o Xoves 15 de Febreiro instalarase a carpa da Asociación na Praza da Fontenova, en horario de 11 a 13:30 e de 17 a 20 horas. Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€. No reverso do ticket porán os seus datos de contacto e depositarase nunha urna habilitada ó efecto. A data dos tickets de compra poderá ser...
leer másO próximo 16 de marzo terá lugar a VII Gala de Acisa. Será no Parador de Turismo de Ribadeo a partir das 21:30 horas. No transcurso da velada, na que haberá diversas sorpresas, entregaranse os galardóns ao socio do ano, ao socio honorífico e o recoñecemento a toda unha carreira.
Os premiados serán Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, que recibirán o recoñecemento a toda unha carreira empresarial. Trátase dos donos de O Bodegón e faráselles entrega deste galardón “pola súa traxectoria intachable como hostaleiros e asociados de Acisa Ribadeo ata a súa recente xubilación”. O premio como socio honorífico recibirano José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo quere recoñecer tamén “a súa traxectoria intachable como...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 5 ceas, para dúas persoas cada unha, na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 7 ao 14 de febreiro. Aquelas persoas que realicen as súas compras destas datas nos establecementos asociados ao CCA focense participarán en dito sorteo, que se realizará o 20 de febreiro a partir das 13:00 horas a través de Radio Foz.
Desde a directiva de ACIA/CCA de Foz animan a realizar as compras de San Valentín nos establecementos da localidade “porque o comercio fai pobo” e recomendan que “os clientes dos nosos asociados e asociadas utilicen os puntos acumulados coa tarxeta do comercio de Foz para os descontos”.
Ademais para celebrar San Valentín o Centro Comercial Aberto de Foz organiza a 8ª Festa da Cociña Afrodisíaca. Do 11 ao 14 de febreiro os doces afrodisíacos...
leer másLa galería Terra Branca rinde homenaje a Cupido y a San Valentín con su 4º Concurso de Cartas de Amor y con el escaparate teatralizado que ha preparado para esta ocasión tan especial y en el que se puede disfrutar de imágenes de Ribadeo, mezcladas con otras en las que el romanticismo es el auténtico protagonista: “el objetivo es realzar la presencia de las parejas de enamorados que tenemos en ese escenario. Son figuras de cerámica que se pueden encontrar en nuestra galería para obsequiarla a ella o a él en estas fechas”, según explica el propietario de Terra Branca, José Ramón Leal.
Además en la galería ribadense se puede adquirir también el perfume Quérote, en cuya creación participaron cuatro artistas: un perfumista, una pintora, un poeta y un escultor. Tras haberse agotado la primera partida la esencia está de nuevo a la venta en Terra...
leer másSaborea o amor así se denomina a campaña de San Valentín que pon en marcha Acisa do 2 ao 14 de febreiro, co obxectivo de dinamizar o comercio local. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados durante estes días terán a oportunidade de gañar unha cea para dúas persoas.
Os participantes no sorteo das dez ceas para dúas persoas deberán ser maiores de idade, e ao realizar as súas compras nos comercios asociados a Acisa Ribadeo deberán cubrir a papeleta que lles facilitará o traballador ou traballadora do establecemento, que se encargará de gardalas ata que finalice o prazo para participar.
O día 15 de febreiro entregaranse por parte dos comercios as papeletas cubertas aos membros da oficina de Acisa Ribadeo sita na Avenida de Galicia 20, 2ª planta. E o 16 procederase a efectuar o...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde,e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o organismo provincial achega outros 10.500 euros á promoción do traballo destes profesionais como “sinal único de identidade cultural e atractivo turístico da nosa provincia, especialmente, da Mariña Oriental, capaz de dinamizar a económica e xerar riqueza”. Así o destacou Campos Conde tras a sinatura deste convenio, que tivo lugar na Forxa de Viñabella, en Espasande de Abaixo, nun acto no que participaron máis ferreiros deste colectivo como Manuel Alonso Fojaca, Agustín Iglesias Rodríguez e Ángel Villada Moirón.
Con este fondos, os Ferreiros de Riotorto disporán de paneis informativos e explicativos da historia do seu oficio tradicional ou da elaboración dos...
leer másA empresa Canguro Express acaba de abrir as súas portas en Foz, concretamente nas galerías comerciais Naray, que están na Avenida da Mariña, número 27, e na web www.canguroexpress.es. Trátase dun buscador de emprego para o fogar, que ofrece os servizos de coidado de nenos e maiores, limpeza e tarefas do fogar e coidado de mascotas.
O propietario e xerente desta empresa, Daniel Villarino Pena, di que “Canguro Express é unha axencia de traballo temporal especializada no fogar”.
Daniel Villarino detalla que “ten catro categorías: coidado de nenos, coidado de persoas adultas dependentes, tarefas do fogar e mascotas”.
O responsable de Canguro Express explica que “basicamente o que facemos é enlazar xente que quere traballar nese sector con aqueles...
leer másRibadeo, o centro comercial coas mellores vistas é o primeiro vídeo promocional de Acisa, que se pode ver xa na web e nas redes sociais da asociación e moi pronto chegará aos medios audiovisuais. O spot foi presentado o pasado sábado durante a VII Festa do Comercio.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “el video presentado el sábado puede verse inicialmente en redes sociales y en la web de la asociación”. E anima “a todo el mundo a compartirlo para darle la mayor difusión posible”.
Pérez subliñou que “a lo largo del año utilizaremos el video para promocionar al comercio y la hostelería asociada y al conjunto de Ribadeo a través de la emisión del video en televisión y en cines”.
Para o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos “este video, no solo es...
leer másRegal Cerámica participa estes días nas Feiras Expohogar Primavera, en Barcelona; en Maison & Objet, de París; en Intergift, en Madrid; e en Formex, en Estocolmo.
Desde Regal Cerámica indican que “expoñemos novidades feitas en Regal Cerámica, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, así como a presentación dunhas 100 deseños novos, modificando tamén os acabados finais incluíndo color en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa… Tamén empregando a colección de cerámica utilitaria, novas vaixelas, xogos de te, xogos de café, complementos de mesa, etc”.
E explican: “cabe destacar que na feira de Paris, na que levamos participando 13 anos consecutivos, e onde facemos os contratos de exportacións, en pequenas cantidades dado que a nosa...
leer másO vindeiro 20 de xaneiro terá lugar a VII Festa do Comercio, que organiza Acisa. En total vanse repartir 2.000 euros en premios nese sorteo.
Todas as persoas que fagan as súas compras ou consuman nos establecementos asociados ata o 19 de xaneiro reciben papeletas para participar no sorteo deses premios. A novidade desta edición é que unha parte deses boletos deberá depositarse nunha furna que estará no Cine Teatro entre as catro e as oito e media da tarde, momento no que dará comezo esta tradicional cita en Ribadeo.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembra que “este año la Fiesta del Comercio se hace en dos modalidades, presencial y no presencial. Se sortean un total de 2.000 euros en premios con un premio presencial de 1.000 euros, otro premio presencial de 500 euros y un tercer premio también presencial de 250...
leer más