Libro
Este xoves, día 20 de agosto, tivo lugar a inauguración e pregón da Feira do Libro de Foz, a cargo da escritora Abril Camino (Rocío Otero). A Feira do Libro de Foz, que estará aberta ata o domingo 23, está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia e conta cun apoio de 5.500 euros do Concello de Foz -ademais da instalación da carpa de actividades e da actuación musical do cuarteto Xijie-, da Xunta de Galicia -que financia con 165.000 euros as 13 feiras que se celebran na Comunidade Autónoma- e de Vicepresidencia da Deputación de Lugo -que aporta 6.000 euros para as feiras de Lugo, Viveiro, Foz e Monforte-.
O Concello de Foz mantén “unha decidida aposta pola lectura: creando a sala de estudo, potenciando a Biblioteca Municipal coa recente reforma e con múltiples actividades e apoiando dunha forma decidida unha Feira do Libro que...
leer másEste xoves, 20 de agosto, arrancou a Feira do Libro de Foz, que se celebrará ata o domingo 23 agosto na Praza Conde de Fontao.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colabora coa organización deste evento e explica que nove librarías e editoriais “sacan os libros a rúa durante catro xornadas nas que se desenvolverá tamén unha ampla axenda de presentacións, sinaturas de actividades de animación á lectura”.
O deputado provincial Daniel García participou no acto inaugural, con pregón da escritora Abril Camino, Premio Xerais de Novela 2025 con Mulleres que viven xuntas, e actuación de Cuarteto Xijie. Na súa intervención, o responsable provincial reafirmou o apoio da Deputación á Federación de Librarías para organizar as feiras do libro da provincia e destacou “a importancia das librarías na vida cultural...
leer másEl libro titulado El legado de los hermanos Moreno Ulloa será presentado en el Teatro Ribadeo este martes, día 18 de agosto, a las 20:30 horas.
En el acto intervendrán el alcalde de Ribadeo, Dani Vega; Antonio Andina, de EOditorial; Martin Fernández Vizoso, que es el prologuista del libro; los colaboradores de la publicación Ruth González-Miró y Antonio Tejero Vadillos; y el coordinador de la obra, Pablo Rodríguez Fernández (Vivin), quien anuncia: “si quieres conocer un poco más de la vida y filantropía de los hermanos Moreno Ulloa, que son mucho más que el Palacio de Ribadeo y el puente de Ortigosa de Cameros, acude el martes a la presentación del libro, donde daremos a conocer parte de su vida y la de sus antepasados. No hay dudas que te vamos a sorprender. Es parte de la historia de nuestra villa y es obligación de los...
leer másA Feira do Libro de Viveiro arrincou este xoves, 13 de agosto, con preto de medio cento de actividades nos xardíns de Noriega Varela. Trátase da undécima das citas do circuíto que a Xunta de Galicia impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, e que está a percorrer 13 municipios galegos este verán dando lugar a máis de 80 días de actividade cultural.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou na inauguración e destacou “a eficacia deste formato para a consecución de dous obxectivos primordiais: fomentar a lectura entre a cidadanía e impulsar o sector do libro galego”. Tamén indicou que “dinamizan as vilas e cidades ao longo do estío, ampliando a súa programación cultural” e subliñou “o papel principal dos libreiros, que desenvolven unha variada programación, fomentan a interacción directa...
leer másO programa Verán na Praza continúa coa súa programación cultural cunha nova proposta vinculada á historia e ao patrimonio local. Nesta ocasión, a Asociación Patrimonio Laurentino organiza a presentación do libro titulado Lope Sánchez de Moscoso, un vizconde no tempo de Enrique IV de Castela. Estudo histórico, análise e colección de documentos, do investigador e autor Manuel Canosa Trillo. A presentación terá lugar este sábado, día 15 de agosto, ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello de Lourenzá, e “permitirá achegar ao público unha obra que afonda na figura de Lope Sánchez de Moscoso e no contexto histórico no que desenvolveu a súa actividade, contribuíndo así a coñecer mellor a nosa historia e o noso patrimonio”, explica a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García.
Desde o Concello de Lourenzá agradecen especialmente á...
leer másO Concello de Burela presentou na Praza da Mariña o libro titulado Os Bolechas. A Festa da Multicultura de Burela, unha nova publicación protagonizada polos populares personaxes infantís e dedicada nesta ocasión á diversidade cultural que caracteriza á vila. No acto participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López; a concelleira de Cultura, Lina Gómez; e a cronista oficial de Burela, Herminia Pernas, que “foi a encargada de afondar na realidade multicultural do municipio e na importancia que esta tivo e continúa tendo na configuración da sociedade burelá”.
O libro leva aos Bolechas por diferentes espazos recoñecibles da vila, como a Praza da Mariña, o porto, as praias da Marosa e do Cabaliño ou o Parque Rosalía de Castro. “Ao longo da historia aparecen personaxes con raíces en diferentes países que comparten as súas roupas,...
leer másO xoves 13 de agosto ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima de Foz presentarase o libro titulado Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, obra do xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso.
É un acto público organizado pola asociación sociocultural A Pomba do Arco.
A Vicepresidencia da Deputación organiza para este xoves, día 30 de xullo, en Viveiro un acto de recoñecemento e divulgación da figura de Moncho Reboiras, “vítima da represión franquista. O acto artéllase arredor da presentación do libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras 1975-2025, editado no marco das actividades impulsadas pola Fundación Moncho Reboiras, a Fundación Galiza Sempre e a Fundación Terra e Tempo para homenaxear e dar a coñecer á sociedade galega a traxectoria militante e vital de Reboiras, asasinado pola policía franquista en Ferrol en agosto de 1975”.
O acto, que se celebrará ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro, contará con intervencións da Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, compañeiro de militancia de Moncho Reboiras, e Francisco Rodríguez, presidente da Fundación Terra e Tempo.
...
leer másEste venres, 17 de xullo, presentouse en Mondoñedo o libro titulado Enxeñería hidráulica do século XVIII na cidade de Mondoñedo, editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación, que explica que o volume recolle o traballo realizado por Xurxo Lorenzo, Javi Fouz, Andrés G. Doural, Miguel Chao e Magdalena Domenech arredor da traída histórica, unha infraestrutura que comezou a construírse en marzo de 1726 e que canalizou a auga ata Mondoñedo ata os anos vinte do 1928. O libro explica o proceso histórico de e construción da traída, concibida inicialmente para abastecer edificios relixiosos e fontes públicas na vila, e describe de forma pormenorizada con mapas e recursos topográficos os elementos desta infraestrutura que perduran, entre eles, as galerías polas que se conducía a rede, alxibes e decantadores.
Na presentación o deputado...
leer másEste sábado, día 18 de xullo, ás 20:00 horas o salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova acollerá a presentación do novo libro de José Antonio Gómez Martínez, titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo, “unha obra imprescindible para coñecer a historia do noso ferrocarril e o seu papel no desenvolvemento da comarca”, anuncia o Concello da Pontenova, que explica: “un volume de 416 páxinas, con 334 ilustracións e un plano despregable do ferrocarril de 80x27 centímetros, que recompila anos de investigación e documentación”.
A presentación contará coa participación de: José Antonio Gómez Martínez, autor do libro; Gabriel Ramallal Fernández, prologuista; e Darío Campos Conde, alcalde da Pontenova.
“Convidamos a toda a veciñanza e ás persoas apaixonadas pola historia e o patrimonio ferroviario a...
leer más












