Eventos

31/05/2022

A Mariña e a Ribeira Sacra son os territorios que percorrerán esta semana os participantes no programa da Deputación de LugoCoñece a túa provincia. Dende hoxe ata o venres a veciñanza de Vilalba, Lugo, Baleira, Outeiro de Rei e Alfozcoñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.

A Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Román, de Vilalba, e a Asociación de Prexubilados e Xubilados Xubilia Lucus, de Lugo, foron este martes as primeiras entidades en participar na programación desta semana.

Os vilalbeses coñeceron o Mazo de Santa Comba e, posteriormente, desprazaranse o concello de Sober, cunha visita á rectoral de Gundivós e á igrexa románica de San Xiao de Lobios. Ademais, visitaron a Ribeira Sacra a través dun percorrido no catamarán da Deputación. 

... leer más
Etiquetas:
29/05/2022

Desde este verán, e concretamente desde o 4 de xuño poderase realizar un novo tipo de visita á Cova máis grande de Galicia. Acompañados por dous guías expertos, esta proposta ofrece un maior percorrido, duración e grao de dificultade. 

VISITA AO RÍO
A Visita ao Río faise nunha cova en estado natural e ten dificultade media-alta, polo que se solicita un bo estado físico.

A visita, que ten un custo de 30 € por persoa, é guiada en grupos reducidos e a idade mínima son 18 anos. (Grupo mínimo 5 persoas e máximo 8 persoas). 

Proporciónase casco con iluminación, luvas de vinilo, luvas de coiro, cobre-cabelo e un mono refugable con carapucha.

É necesario levar calzado pechado con fondo de goma para evitar escorregar (traelo aparte, para poñer no momento de equiparse antes de entrar en cova). Recomendable bota de montaña alta ou bota de goma que agarre o...

leer más
Etiquetas:
28/05/2022

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha recollida de lixo o vindeiro 5 de xuño polo día do Medio Ambiente. Será ás cinco da tarde (17:00 horas) na praia das Illas. 

Segundo explican “trátase dunha recollida de lixo e lectura de textos en galego sobre o medio ambiente. Contaremos coa participación de Patricia, que é biólogo e corazón de O Ferrado Marelo”.

As persoas que queiran participar poden anotarse en agrupacionfranscicolanza@gmail.com

Colabora coa organización o Concello de Ribadeo. 

Etiquetas:
26/05/2022

O Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos Lourenzá organizan unha aventura sobre rodas que levará o nome do municipio laurentino ata terras de Noruega, concretamente a Nordkapp. “Dous aventureiros do club de clásicos de Lourenzá emprenderán unha apaixonante viaxe a bordo dun coche Dyane 6 e unha moto Vespa 200 dende a Terra da Faba. A saída dos protagonistas desta aventura está prevista para este sábado, 28 de maio, ás 12:00 horas no Cantón. O venres a partir das 8:00 horas inaugúranse os actos da saída cun espectáculo dun globo aerostático cautivo (estático) no Campo dos Bolos, cortesía de Íkaro Globos (Asturias) que dará publicidade ao evento e que poderá verse ao lonxe, dende os concellos limítrofes”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
 
A rexedora municipal destaca que “esta acción de promoción turística levará a Lourenzá...

leer más
Etiquetas:
26/05/2022

A asociación cultural xuvenil O Castelo organiza as festas do San Xoán en Alfoz na noite do 23 de xuño.

A partir das 21:00 horas, no campo da festa de San Pedro de Mor, comezará a cea composta por sardiñas, touciño, chourizo e pan. Os prezos serán populares e de balde para os socios.

A festa estará amenizada por Discoteca Móbil Pisando Pista.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
25/05/2022

Viveiro acolle este venres, día 27 de maio, a celebración dos Maios grazas a unha actividade organizada de forma conxunta pola Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e o Concello, en colaboración cos colexios Lois Tobio, San Roque, Galdo, Landro e Covas.

Participarán nesta festividade preto de 600 nenos e nenas que se xuntarán na Praza Maior ás 11:30 horas, para percorrer posteriormente ataviados con motivos florais as rúas Margarita Pardo de Cela, Avda de Cervantes, Vilar Ponte, Almirante Chicarro e Pastor Díaz, volvendo para finalizar á Praza Maior, onde cantaran as cancións dos Maios e disfrutarán dun refrixerio.

“Dende o Concello de Viveiro consideramos que é fundamental fomentar e potenciar este tipo de celebracións propias da nosa cultura e tradición, evitando que se perdan e involucrando nas...

leer más
25/05/2022

A asociación do barrio dos Muíños, de Mondoñedo, e a asociación cultural O Pasatempo organizan o Foleón de San Xoán na noite do 23 de xuño.

O programa dará comezo ás 17:00 horas con actividades para nen@s nas que haberá colchonetas inchables. Ás 21:30 horas comezará a cea e ás 23:00 h. celebrarase verbena co Dúo Epo-K e actuación de DJ. Ás 00:00 horas procederase ao acendido do foleón.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Mondoñedo e Puzzle Animación.

Etiquetas:
24/05/2022

As actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, seguen a ter unha moi boa acollida. O vindeiro sábado, 28 de maio, terá lugar a Xeoruta dos Pregues, que dará comezo ás 11 da mañá en Piñeira. 

Fran Canosa será o encargado de guiar esta actividade. Os participantes visitarán unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pregue que se estende desde a ría de Foz ata a ría de Ribadeo e que se xerou hai máis de 350 millóns de anos. 

Tamén foi en Piñeira onde o pasado sábado se desenvolveu A vida no cantil cos cinco sentidos. Xurxo Mouriño, biólogo profesional da Bioloxía da Conservación da Natureza, propúxolles aos asistentes un paseo de campo para coñecer aos seus habitantes a través dos sentidos: as herbas e as flores, os paxaros, os insectos e anfibios. 

... leer más
Etiquetas:
24/05/2022

Preto de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Xermade, Pantón, Lugo, Vilalba, Guntín e Becerreá, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.

Este martes a Asociación de Veciños de Roupar, de Xermade, comezou o seu percorrido no Mazo de Santa Comba xunto ao Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, para continuar pola montaña e visitar Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. O Pazo de San Marcos foi a primeira parada da Unión Xeral de Traballadores de España, onde os recibiu a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Na viaxe percorreron o concello de Cervo con visitas á Fábrica de Sargadelos, o...

leer más
Etiquetas:
23/05/2022

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou o pasado sábado a cuarta etapa do Camiño Inglés entre Betanzos e Santo Tomé de Vilacoba. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa intensa de subidas que grazas a unha climatoloxía benigna, boa temperatura e o ceo nubrado fixo que non fose tan dura como a anterior. Todos chegamos ao final da etapa, onde destacamos a hospitalidade do restaurante  Casa Julia, A  Pequeniña, que ao chegar nos ofreceron filloas como aperitivo”. E engadiu que “como en todas as etapas anteriores reina a solidariedade e o compañeirismo entre os participantes”. 

A vindeira etapa terá lugar o 28 de maio. Os peregrinos percorrerán o treito comprendido entre Santo Tomé de Vilacoba e A Rúa.