Festa

04/06/2025

A escola de  música da asociación cultural Ao compás do río Ouro celebrará  unha festa de fin de curso este venres, día 6 de xuño, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro.

“Temos o pracer de invitarvos a todos a vir á festa de fin de curso 2025 da nosa escola. Poderedes ver actuar a todo o noso alumnado. Animádevos a vir que estamos seguras de que o ides pasar xenial”, anuncia a asociación cultural Ao compás do río Ouro.

14/05/2025

Souto de Mogos, no municipio da Pontenova, celebrará a festa na honra de San Isidro Labrador este sábado, día 17 de maio.

As actividades comezarán cunha misa ás 13:30 horas e despois haberá sesión vermú co dúo Amistad. A continuación terá lugar unha comida e tamén haberá unha festa de tarde amenizada por A Chocolateira e o dúo Amistad.

Para participar na comida hai que comprar os tickets e o prazo remata este mércores, 14 de maio.

Etiquetas:
12/05/2025

Saldoira, no concello da Pontenova, celebrará a súa primeira festa do ovo frito con chourizo este sábado, día 17 de maio, a partir das 22:00 horas.

Para participar na cea hai que reservar antes deste xoves, 15 de maio, a través dos teléfonos 619.67.96.67, 636.25.81.06 ou 610.75.99.19

Este evento está organizado pola comisión de festas San Pedro da Ribeira 2025, que tamén anuncia que haberá baile “ata que o corpo aguante!”.

Etiquetas:
21/04/2025

Ourol celebrará a súa primeira Festa do Motor Clásico este sábado, día 26 de abril, a partir das 10:00 horas.

Está organizada polo Club Clásicos Viveiro, que anuncia: “o vindeiro 26 de abril esperámoste na explanada do Concello de Ourol para disfrutar da I Festa do Motor Clásico, cun plan cargado de música, motor e bo  ambiente. Teremos recepción de coches clásicos a partir das 10:00 horas; sesión vermú amenizada polo grupo Zona Zero; comida servida por Catering Seiramar; á noite xamón e chourizos gratis ata fin de existencias; e verbena amenizada polo grupo Zona Zero e Disco Móvil Olimpo. Ademais haberá sorteos, premios e moitas sorpresas para todos los asistentes. Reservas para a comida ata o 21 de abril nos teléfonos 659.109.730 e 660.108.438”.

Etiquetas:
21/04/2025

A parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebrará a festa na honra do seu patrón este sábado, día 26 de abril.

As actividades comezarán ás 13:30 horas con misa solemne e seguidamente haberá sesión vermú co dúo Belinda. A continuación terá lugar unha comida popular.

Tamén haberá sesión tarde noite amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Metropolis. E rematará a festa coa actuación de Cosme DJ.

20/04/2025

O Valadouro celebrará a festa da Santa Cruz desde o día 25 ata o 27 de abril.

As actividades comezarán o venres 25 a partir das 22:00 horas cunha cea popular. Ao remate haberá verbena amenizada por Grupo Fénix e Discomóvil Conxuro.

O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto á Discomóvil Conxuro.

E o domingo haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación procesión e sesión vermú a cargo de Os Parentes.

A organización dos festexos anuncia que haberá carpa e inchables para os nenos/as.

Etiquetas:
19/04/2025

O sábado 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho de Foz, que o Concello organiza en colaboración co IES de Foz.

O programa deste ano comeza o venres 25 de abril ás 19 horas no salón de actos do Cenima coa charla de Xesús do Breogán titulado O enigma encriptado da Virxe do Carme de Foz e o pesqueiro Jesús Nazareno; e ao rematar inaugurarase unha exposición de pintura da artista ucraína Sofía Andrushebko. Ás 20.30 horas na Casa da Cultura poderase ver a obra de teatro As alumnas, que tamén conmemorará o Día do Libro.

O sábado 26 de abril na carpa do peirao de Foz ás 12 horas será o pregón da festa a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, e a continuación haberá as actuacións musicais dos grupos folclóricos O Feitizo e A Subela e sesión vermú co dúo Primera Línea. A partir...

leer más
15/04/2025

Navallo de Vilarmide, no concello da Pontenova, celebrará a festa na honra a San Benito este sábado, día 19 de abril.

A partir das 13:30 horas haberá misa, procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Ángel América, que tamén actuará na verbena, desde as 23:00 horas.

O recinto da festa estará cuberto.

Etiquetas:
09/04/2025

O Concello de Burela organiza o Día da 3ª Xuventude para o 1 de maio, xoves, no Pavillón dos Institutos. As inscricións para participar estarán abertas do 10 ao 24 de abril na Casa do Concello.

“Este ano, celebramos esta gran xornada de festa e encontro para os nosos maiores no Pavillón dos Institutos a partir das 13 horas, cun vermú de benvida antes da comida. Inscricións abertas ata o 24 de abril. Requisitos para participar: estar empadroado no concello, ter 65 anos ou 60 anos (se es pensionista da Seguridade Social) ou ser xubilado do mar. Podes vir acompañado do teu cónxuxe. Non deixes pasar esta oportunidade de compartir un día de boa compañía e diversión!”,anuncia o Concello de Burela.

03/04/2025

O Concello de Trabada organiza unha festa o sábado 10 de maio na Praza do Concello, cunha noite de música e diversión para todos os públicos maiores de idade. O evento, que comezará ás 23:00 horas, contará coa actuación da Orquestra New York, dentro da súa xira Un paso adelante, e a sesión especial do DJ convidado Marcos Magán. A festa celebrarase nun recinto cuberto con carpa para garantir a comodidade dos asistentes.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca a importancia deste evento no calendario festivo local: “esta festa era antes coñecida como a Festa da Xuventude, pero agora está dirixida a todos os públicos maiores de idade. Queremos que os nosos veciños e veciñas poidan desfrutar das mellores orquestras nunha data diferente ás festas patronais, que adoitan ser máis complicadas de organizar."

O...

leer más