Viveiro
No Concello de Viveiro tivo lugar a presentación do “DéporCampus Cabreiroá”, o campamento de fútbol organizado pola Fundación R.C. Deportivo da Coruña e que este ano volverá a realizarse no municipio.
Viveiro acolle de novo un dos campus máis lonxevos e exitosos da Fundación R.C. Deportivo, tras unha tempada na que non foi posible realizar a actividade por mor das dificultades da pandemia.
Os nenos e nenas interesados poden participar nesta actividade entre o 5 e o 9 de xullo. Actualmente, as inscricións xa están abertas para menores de entre 6 e 14 anos. O procedemento para apuntarse estará aberto ata o xoves 1 de xullo ás 12:00 nesta ligazón:
http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/viveiro-2021/inicio
No acto...
leer másEsta mañá presentouse na Praza de San Marcos a Copa de España de Ciclismo Adaptado que se celebrará o vindeiro 26 de xuño en Viveiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora na organización da proba, que terá como anfitrión ao Club Ciclista Viveiro.
A cidade de Viveiro acollerá así a segunda edición desta proba, que puntúa para o Campionato de España de Ciclismo Adaptado e que ten como principal singularidade o seu desenvolvemento en ruta, cun percorrido de 30 quilómetros con saída e chegada en Celeiro.
Segundo explicou na presentación, o presidente do CC Viveiro, César Lage, “trátase da única proba de ciclismo adaptado que se pode facer integramente en ruta en todo o Estado”, ademais “da única proba do Campionato de España que se celebrará este ano en Galicia”
O deputado Efrén Castro...
leer másO Concello de Viveiro retoma a celebración do programa estival de visitas guiadas, que terá lugar desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro.
O municipio recupera desta forma unha das súas principais actividades turísticas durante os últimos anos, que foi suspendida por precaución durante 2020 e volve con máis percorridos e destinos.
As actividades terán carácter gratuíto e levarán a cabo todos os días da semana. Un dos seus alicientes será a ampla variedade da proposta, que vai desde visitas culturais a roteiros de sendeirismo, pasando por itinerarios panorámicos en múltiples lugares de interese da localidade.
As visitas transcorrerán integramente en espazos abertos e respectaranse os límites de aforo, e en xeral, o normativa socio-sanitaria vixente. Para participar, é necesaria reserva...
leer másO 18 de xullo disputarase en Viveiro a primeira edición Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque coa colaboración da área de Deportes. O deputado Efrén Castro o presidente do club viveirense, Juan José Casabella, presentaron esta tarde a competición coa que se retoma, despois de varias décadas, o título provincial.
A proba consistirá en tiradas de 150 platos máis unha final olímpica na que participarán os seis mellores tiradores.As incricións para participar na proba están abertas –a través de Whatsapp ao 616933646- ata o xoves 15 de xuño. A organización estima que o torneo reunirá en Viveiro uns 60 participantes de Galiza e do Occidente asturiano.
O deputado Efrén Castro explicou que “desde a Vicepresidencia da Deputación apoiamos a organización de copas provinciais...
leer másEste jueves, 3 de junio, a las 20:00 horas se inaugurará en el Complejo Regalxunqueira, de Viveiro, una exposición de fotografías de Luis Engroba, titulada Retrospectiva.
Consta de 30 imágenes que son una retrospectiva del trabajo de este fotógrafo durante más de tres décadas. Desde las primeras instantáneas en película en blanco y negro hasta el archivo digital que comenzó a utilizar a partir del año 2004.
Uno de los temas fundamentales es el abandono y el olvido por lo que las fotografías sacan a la luz espacios que normalmente están ocultos, abandonados y que cuentan historias truncadas y condenadas al olvido. El otro tema que completa la totalidad de la obra es el paisaje en todas sus modalidades y especialmente el paisaje natural.
O Concello de Viveiro organiza, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música do municipio, o concerto matinal da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello, o vindeiro 29 de maio. A cita terá lugar a partir das 12:30 no Salón do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e continuará ás 13:30 no Salón Multiusos do Concello.
O concerto ofrecerá pequenas intervencións de diferentes violonchelistas e outros instrumentistas que demostran a versatilidade do violonchelo como instrumento só e en conxunto. Os intérpretes tocarán a música de compositores como J.S. Bach, W.A. Mozart ou A. Piazzolla. Ademais, parte do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro participará na actuación.
A Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello promove dende a súa fundación en 2011 actividades...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que o municipio será a sede da I Regata de Puertos Deportivos, entre Marina Coruña e Marina Viveiro, que terá lugar entre os días 17 e 24 de xullo deste ano. A iniciativa está organizada pola Concellería de Turismo de Viveiro, tras manter diversas reunións e xestións con Marina Coruña e Marina Viveiro.
Ambas Marinas están actualmente dirixidas por Roberto Bermúdez de Castro (Chuny), o regatista galego e icona na vela internacional tras gañar a volta ao mundo en 2015. O obxectivo das Marinas é potenciar o deporte náutico e poñer en valor o enorme potencial das augas galegas para este tipo de actividade.
No caso da contorna de Viveiro, os acantilados da serra da Capelada, os segundos máis altos de Europa, ofrecen unha paisaxe inédita para navegar.
Esta I...
leer másO Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021, dedicado neste ano a Xela Arias. O programa impulsado polo goberno local pretende reivindicar a figura da escritora, así como a lingua galega, a través de actividades que involucran a todas as idades e adaptadas ás medidas sanitarias.
“Con esta programación queremos destacar a figura de Xela Arias, unha muller adiantada aos seus tempos, falando de temas tabú na súa época e comprometida co feminismo, o medio ambiente, a maternidade e por suposto a lingua galega”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.
O propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio, o goberno local impulsa a acción colectiva “Orgullo de ser”, animando á veciñanza a saír á rúa cos seus traxes tradicionais galegos ou...
leer másLos organizadores señalan “qué mejor manera de sobrellevar este nuevo año sin festival que con la parte documental de nuestro Resurrection Fest Estrella Galicia Online. El próximo jueves, 29 de abril, a las 22:00 y por petición popular subiremos un vídeo con todo el documental "Resurrection Fest: la historia (2006-2020)", editado especialmente para poder ver todo su contenido de manera continua. Es algo que venís reclamando desde Resurrection Fest Online, y por fin lo podréis ver con calma en vuestras casas”.
El documental incluye:
-La historia de cómo se creó el festival contada por sus propios creadores.
-Un recorrido por la edición de cada año hasta 2020
-Declaraciones de los artistas que han pasado por Resurrection Fest.
Y añaden: “una mirada a la historia de Resurrection...
leer másO Concello de Viveiro, xunto á asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Música de Viveiro e ao propio centro, organizan un curso gratuíto de iniciación á música, dirixido a persoas adultas sen coñecementos musicais previos.
A formación impartirase durante o mes de maio e pretende achegar ao mundo da música a aquelas persoas con inquietudes musicais que non tiveron a oportunidade de acercarse anteriormente.
As prazas para o curso serán limitadas e a matrícula deberá realizarse entre o 26 e o 29 de abril nas oficinas do Conservatorio de Música ou chamando ao teléfono 982560486.
A Asociación de Alumnado Adulto do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro Melomanía, que preside Mario Vale, é unha asociación musical viveirense sen ánimo de lucro que imparte clases de música...
leer más