Viveiro
Dentro do programa Viveiro Baila, que ofrece bailes de tarde para os maiores, no salón de actos do Conservatorio, este domingo, día 14 de decembro, desde as 19:00 horas actuará a cantante Verónica Cambón
Ademais nesta actividade, organizada polo Concello de Viveiro, haberá chocolate e biscoitos gratis para os asistentes.
O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza en Viveiro unha tarde para xogar en familia. Será este sábado, día 13 de decembro, a partir das 17:30 horas na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro. É unha actividade totalmente de balde.
“O inverno é unha época de recollemento e de aproveitar os momentos en familia. Por iso vos traemos o seguinte plan: convidámosvos a compartir unha tarde especial para todas as idades; un espazo no que pequenos e maiores poidades conectar entre vós, divertirvos e, sobre todo, gozar xuntos. Ven pasar unha tarde diferente e acolledora, ideal para combater o frío e crear lembranzas en familia”, anuncia Pensamento e Sementeira.
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 14 DE DICIEMBRE
VIERNES 12
-Subsuelo – 18:00 horas
-Zootrópolis 2 – 20:30 horas
-Núremberg – 20:30 horas
-Golpes – 20:30 horas
SÁBADO 13 Y DOMINGO 14
-Zootrópolis 2 – 17:45 horas
-Coartadas – 20:30 horas
-Five nights at Freddy’s 2 – 18:00 horas
-Núremberg – 20:30 horas
-Wicked parte II – 17:30 horas
-Golpes – 20:30 horas
Ollomao, de Barreiros, representa a obra teatral “Dona Clara” en Viveiro este sábado, 13 de decembro
O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará en Viveiro a obra titulada Dona Clara. Será este sábado, día 13 de decembro, no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. É unha actuación incluída no Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A entrada é de balde ata completar aforo e non é necesario facer reserva previa.
O Concello de Viveiro anuncia que é unha traxicomedia para público adulto cunha duración de 90 minutos. Tamén explica que se trata dunha tradución e adaptación da obra orixinal O regreso da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt, a cargo de Ramón Casas, que ademais é o director.
O elenco está formado por: Juan Rodríguez, Benito Pérez, Patricia Pérez, Ramón Ángel Ares, Sandra Novo, Xosé Friol, Tino González, Fanny Pedre, Miriam Bouso,...
leer másO Concello de Viveiro porá en marcha este Nadal o programa Divernadal’25, unha proposta de actividades de lecer dirixida a nenos e nenas de Educación Primaria. O programa desenvolverase os días 22, 23, 24 e 26 de decembro no pavillón Antonio Tarrío, en horario de 10.30 a 13.30 horas.
“O Divernadal’25 ten como finalidade ofrecer un espazo de xogo e convivencia durante as vacacións de Nadal, con actividades adaptadas ás idades do alumnado de Primaria”, anuncia o Concello de Viveiro, que engade: “as persoas interesadas poden inscribirse nos formularios que poden descargarse na web municipal ou recollerse na Conserxería ou na OMIX. O total de prazas ofertadas é 60. O prazo de inscrición remata o venres 12”.
O Concello de Viveiro porá en marcha este mércores, día 10 de decembro, ás seis da tarde, un novo ciclo de charlas para familias. A programación “está orientada a ofrecer ferramentas e información práctica sobre educación, convivencia e benestar da mocidade”. Os encontros celebraranse na Sala Multiusos da Casa do Concello e a entrada será gratuíta ata completar aforo.
A primeira charla, titulada Tecnoloxía e rapazada. Riscos, límites e uso responsable, será impartida por Ramón Peña, especialista en formación sobre seguridade dixital. No acto participarán Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, e o director do Centro de Formación e Recursos de Lugo.
Mariña Gueimunde subliñou a importancia desta iniciativa: “as familias enfróntanse cada día a novos retos: o uso das pantallas, a convivencia, a saúde...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 7 DE DICIEMBRE
VIERNES 5
-Zootrópolis 2 – 20:30 horas
-Five nights at Freddy’s 2 – 20:30 horas
-Wicked Oarte II – 20:30 horas
SÁBADO 6 Y DOMINGO 7
-Zootrópolis 2 – 17:45 horas
-Coartadas – 20:30 horas
-Five nights at Freddy’s 2 – 18:00 y 20:30 horas
-Wicked Oarte II – 17:30 horas
-The Running Man – 20:30 horas
O sábado 20 de decembro disputarase ciclocrós Concello de Viveiro, que é puntuable para a Copa Galicia 2025-2026. As competicións celebraranse en horario de mañá para categorías de cadetes, júniors, sub-23, elite e máster.
A presentación da proba tivo lugar este mércores e contou coa presenza de Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro; Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; e Alberto Ballester, responsable da área de ciclocrós.
A proba comezará o sábado 20 de decembro ás 11.00 horas. Os participantes poderán recoller os dorsais desde as 9.30 horas. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 18 de decembro e o límite de participantes é de 250. Os interesados poden obter máis información no sitio web da Federación Galega de Ciclismo.
A alcaldesa, Mariña Gueimunde,...
leer másO Concello de Viveiro inaugura este venres, día 5 de decembro, o tradicional belén xigante Viveiro ante o Berce. A programación dará comezo ás 18.30 horas co acendido das luces de Nadal na Praza Maior. A continuación, ás 19.00 horas, levarase a cabo a inauguración oficial do belén no adro de Santa María. Para completar a xornada, arredor das 19.30 horas, ofrecerase unha chocolatada na Praza Maior.
O belén Viveiro ante o Berce caracterízase polas súas figuras a tamaño natural, que recrean escenas bíblicas como o Nacemento de Xesús, a Anunciación aos Pastores, a Anunciación á Virxe, a visita dos Reis Magos, a Matanza dos Inocentes ou a sala do trono de Herodes. Cada escena conta cun atril no que repousa un libro do Novo Testamento, aberto no capítulo e versículo correspondentes co gallo de facilitar unha lectura...
leer másA compañía Redrum teatro representará en Viveiro a obra titulada Os contos do Lobicán este sábado, día 6 de decembro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 18:00 horas.
Cunha duración de 40 minutos está obra de monicreques está dirixida ao público infantil, de 3 a 6 anos de idade. A autora é Eva Mejuto e está dirixida por Alex Sampayo.
O elenco artístico está formado por Guillermo Carbajo e Victoria Pérez. E a sinopse é a seguinte: “Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación. O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador...
leer más












