Viveiro
Las XXIX Jornadas Técnicas de Difusión del Sector Pesquero de Celeiro, en el municipio de Viveiro, reunirán a expertos, entidades y profesionales para compartir conocimiento, debatir y avanzar juntos hacia un futuro más sostenible. Serán los días 27, 28 y 29 de noviembre.
Las Jornadas de Pesca de Celeiro, organizadas por la OPP-77 Celeiro con la cofinanciación de la Xunta de Galicia y el FEMPA de la Comisión Europea, “se caracterizan por su enfoque eminentemente práctico, orientado al análisis y debate de temas de interés puntual para el sector pesquero. Estas jornadas están concebidas como un servicio al sector, ofreciendo un espacio de reflexión y actualización sobre los retos, oportunidades y avances que afectan directamente a la actividad pesquera y a sus profesionales. Las Jornadas de Pesca aparte de ser un simposio o foro...
leer másEste sábado, 22 de novembro, terá lugar en Xove o cuarto sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán outros 500 euros en vales de compra.
Desde a FCAM a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 17 ao 22 de novembro estean a facer as súas compras nos negocios asociados ao CCH de Viveiro e nos negocios de Xove poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde polo Centro Cívico de Xove, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas de mañá, sábado. Haberá tres premios en xogo en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
Cruzado Iglesias lembra que “como sempre dicimos o obxectivo desta...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 23 DE NOVIEMBRE
VIERNES 21
-Wicked parte II – 20:30 horas
-The running man – 20:30 horas
-La deuda – 20:30 horas
SÁBADO 22 Y DOMINGO 23
-Wicked parte II – 17:30 y 20:30 horas
-The running man – 17:30 y 20:30 horas
-La casa de muñecas de Gabby – 18:00 horas
-La deuda – 20:30 horas
O Concello de Viveiro presentou este mércores a programación do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nela anunciouse que o concerto Melodías contra o silencio, organizado polo Concello de Viveiro e ofrecido polos grupos de adultos do Conservatorio, terá lugar este sábado, día 22 de novembro, ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz. As actividades continuarán o martes 25 de novembro. Ás 11.00 horas gardarase un minuto de silencio e procederase á lectura do manifesto institucional. De seguido inaugurarase a exposición fotográfica e desenvolveranse obradoiros na Biblioteca Municipal de Viveiro, con sesións de 12.30 a 13.30 e de 18.00 a 19.00 horas, abertos ao público.
No acto de presentación das actividades participaron Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro; Saray Ventura, concelleira de Cultura; Antonio...
leer másO colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha ruta ata as minas da Silvarosa, no municipio de Viveiro, para este sábado, día 22 de novembro.
A actividade comezará ás 10.00 horas no punto de encontro, que será no campo de fútbol das Douradas (Vieiro). A duración estimada é de 3 horas e media. É gratuíta para as socias do colectivo organizador e as persoas non socias deberán pagar 5 euros.
“Imos achegarnos ás minas da Silvarosa e coñecer a súa historia da man de Boris Vilar, de Rutas Galicia Norte. Esta ruta leváranos a percorrer uns 7 quilómetros polo patrimonio mineiro do noso concello e coñecer a historia que, co paso do tempo e o abandono progresivo da mina, foi quedando no esquecemento. Se che gusta a natureza, a historia do noso patrimonio e as andainas, esta é a túa actividade ideal para desconectar e...
leer másO concello de Viveiro acollerá este domingo, día 23 de novembro, unha charla sobre altas capacidades. Organizada pola asociación Asfanemor, desenvolverase entre as 10.30 e as 12.00 horas na Casa do Forno, de Celeiro. A iniciativa está dirixida á veciñanza, ás familias, ás ANPAs e a todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre este tema.
O Concello de Viveiro anuncia que “durante a sesión, varias familias da asociación compartirán a súa experiencia. Explicarán vivencias reais e falarán de ferramentas útiles tanto para o fogar como para o ámbito educativo. Ademais, abordarán a importancia dunha detección temperá das altas capacidades. A actividade é de carácter gratuíto e a asistencia está aberta ata completar o aforo. Ao remate da charla Asfanemor realizará a inauguración oficial da asociación, que incluirá unha comida dirixida aos...
leer másO Obradoiro de Canto Coral do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro ofrecerá un concerto de Santa Icía na Igrexa das Concepcionistas, na cidade do Landro, este xoves, día 20 de novembro, ás 20:00 horas.
O Concello de Viveiro anuncia que o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro “celebra a súa tradicional homenaxe á patroa da música cun fermoso concerto do Obradoiro de Canto Coral, con voces graves a cappella. De soidades e lembranzas, un percorrido musical e poético por autores como Rosalía de Castro, Xela Arias, Pablo Neruda, Javier Busto, Julio Domínguez ou Octavio Vázquez. Unha cita imperdible coa música e a emoción!”.
A Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá o seu tradicional concerto na honra de Santa Icía, patroa dos músicos, este venres, día 21 de novembro, ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz.
“Esta vez estará dirixido por un director convidado: Iván Martínez. Agardámosvos e esperamos que sexa do voso agrado este concerto”, anuncia a Banda de Música O Landro.
A entrada é de balde ata completar aforo. A taquilla do teatro estará aberta desde un hora antes do concerto e poderán recollerse un máximo 4 entradas por persoa.
O Concello de Viveiro acollerá o venres 28 de novembro ás 20.30 horas o acto de entrega do VII Premio de Novela Vilar Ponte. A cerimonia, aberta ao público, terá lugar na Sala Multiusos do consistorio.
O galardón, “impulsado para poñer en valor a creación literaria en lingua galega e a figura dos irmáns Vilar Ponte, reúne cada ano a autores e autoras de referencia no panorama narrativo actual”, destaca o Concello de Viveiro.
Nesta edición, a novela gañadora é a titulada A dous pasos do Edén, de Pura Salceda Carballeda, mentres que Ignacio Vidal Portabales foi seleccionado como finalista polo xurado.
A entrega estará amenizada cunha actuación musical a cargo do grupo de corda do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro (CMUS). O Concello convida á cidadanía a asistir a esta...
leer másA campaña da FCAM (Federación de Comercio A Mariña) co lema De compras polo comercio da Mariña Lucense chegará o 22 de novembro a Viveiro e Xove con novos convidados: os xornalistas José Ribagorda, Pepa Sastre, Sergio Martín e Darío Martínez.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “o sistema será o mesmo que viñemos realizando nos sorteos anteriores que tiveron lugar en Barreiros, Mondoñedo e A Pontenova. As persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados ao CCH Viveiro e nos establecementos de Xove entre os días 17 e 22 de novembro entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. O día 22, o vindeiro sábado, ás 20:00 horas na Praza do Concello, de Xove, terá lugar o devandito sorteo. E os convidados especiais cos que imos contar serán os encargados de entregar os vales de compra ás persoas afortunadas....
leer más












