Viveiro
O Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza un obradoiro infantil de debuxo que se desenvolverá o día 30 de maio, venres, ás 18:00 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. Será impartido polo debuxante Cristian F. Caruncho.
“Teremos a Cristian F. Caruncho connosco para desenvolver un obradoiro de debuxo o venres 30 de maio na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. Para as que non o coñecedes Cristian é o ilustrador do xa famosísimo libro Saínza, a punkiereteira. Botádelle un ollo, deixádevos sorprender e animádevos a achegarvos a esta actividade coas vosas fillas, fillos, netas, netos ou aquelas crianzas achegadas que queiran aprender e gozar do debuxo”, explica Pensamento e Sementeira.
Esta actividade, para nenas e nenos de 7 anos ou máis, é de balde pero é necesario inscribirse...
leer másO Coro da Aula de Adultos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dará un concerto na igrexa das Concepcionistas viveirense este sábado, día 24 de maio ás 20:30 horas.
O Conservatorio de Viveiro anuncia que nesta actuación o coro ofrecerá “un repertorio variado, que abrangue dende versións BSO ata a música pop”.
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 25 DE MAYO
VIERNES 23 MAYO
-Lilo y Stitch – 20:30 horas
-Misión Imposible: sentencia final – 20:30 horas
-Antes de nós – 20:30 horas
SÁBADO 24 Y DOMINGO 25
-Lilo y Stitch – 17:30 y 20:30 horas
-Misión Imposible: sentencia final – 17:00 y 20:30 horas
-El contable 2 – 17:15 horas
-Antes de nós – 20:30 horas
O guía, actor e escritor Suso Martínez presenta o seu libro titulado El rey de los jíbaros este domingo, día 25 de maio, en Viveiro. O acto, no que o autor estará acompañado pola alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, será ás na Sala Multiusos da Casa do Concello ás 12:00 horas. A continuación Suso Martínez fará un paseo guiado polos lugares de Viveiro, actividade para a que hai que anotarse a través do correo electrónico xesusmartinez@gmail.com
El rey de los jíbaros é unha novela histórica que foi publicada por Eoditorial, que explica: “a historia é un rico tapiz de narracións persoais e históricas, que mestura a vida dos individuos coas forzas sociais e económicas máis amplas da Cuba e a Galicia do século XIX. Destaca as brutais realidades da escravitude, as loitas dos...
leer másA asociación Xuventudes Chilindrinas organiza a segunda edición da súa churrascada popular en Celeiro (Viveiro) este sábado, día 24 de maio, para recadar fondos destinados ás festas patronais de Celeiro. Será na Casa do Forno a partir das 20:00 horas.
A cea estará amenizada polo grupo Espera que vou mexar, a partir das 22:30 horas haberá baile a cargo de Los Indecisos e para rematar a festa actuará Discomobil DMX.
A asociación Xuventudes Chilindrinas anuncia: “gran Churrascada Popular en apoio ás Festas de Celeiro 2025. Unha xornada para gozar entre amizades, familia e boa comida, co mellor ambiente do noso pobo. Por que vir?: churrasco do bo; música, sorteos e sorpresas; bo rollo asegurado. E todo por unha boa causa. A túa colaboración é clave para que as nosas festas sigan sendo inesquecibles. Ven, desfruta e...
leer másA parroquia de San Andrés de Boimente, no concello de Viveiro, celebra a festa na honra a Corpus Christi este sábado, día 24 de maio.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena xunto a El Combo Dominicano.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
O colectivo viveirense Pensamento e Sementeira presenta o proxecto Galicia Latente, de Eduardo de Martíns, este venres, día 23 de maio, ás 19:00 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.
“Teremos connosco a Eduardo de Martíns para presentar o proxecto Galicia Latente. Visualizaremos o documental, conversaremos e teremos unha tarde compartida en comunidade da que seguro que extraemos conclusións moi positivas”, anuncia o colectivo Pensamento e Sementeira.
O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dá comezo este martes, día 20 de maio, ao seu ciclo de concertos de fin de curso, que seguirá os días 23 e 24 de maio e prolongarase ata finais de xuño. “Un mes cheo de música, talento e emoción, con actuacións repartidas por distintos espazos da vila”, anuncia o Concello de Viveiro.
Este martes, 20 de maio, haberá concerto da Banda do Conservatorio no salón de actos do propio centro ás 19:45 horas.
O venres 23 de maio o Grupo de Gaitas do Conservatorio ofrecerá unha actuación nas rúas de Viveiro ás 18:30 horas.
E o sábado 24 de maio o Coro de Adultos do Conservatorio actuará na Igrexa das Concepcionistas ás 20:30 horas.
O complexo cultural Regal Xunqueira (Viveiro) acollerá a presentación do libro titulado Ángeles Alvariño: mi estela en los océanos, escrito polo xornalista ferrolán Germán Castro Tomé. Será este venres, día 23 de maio, ás 20 horas.
Ademais do autor do libro, no acto participarán a presidenta do Club de prensa de Ferrol, Julia Diaz Sixto, e María José Leira Ambrós, bióloga e sobriña da científica ferrolá Ángeles Alvariño. Ademais servirase un viño e algo de comer.
A organización da presentación explica que “Germán Castro foi un dinamizador cultural importante en Ferrol, desde o seu posto de xornalista en varios periódicos e fundou o Club de Prensa, Galicia en Foco, a revista Ferrol Análisis,... Comezou a súa carreira periodística no ano 1974 en Ferrol Diario, pasando logo polo Faro de Vigo...
leer másIsonor Quality é unha empresa pertencente ó Grupo Isonor dedicada á comercialización de servizos de prevención de riscos laborais, protección de datos, seguridade alimentaria, formación e cumprimento normativo entre outros.
Asinaron o convenio o director de desenrolo territorial, Javier Romay, a técnico da delegación de Viveiro, Carlota Guisasola, e a presidenta do CCHV, Andrea Porbén.
“Asinamos este convenio co obxectivo de acadar para os nosos asociados vantaxes económicas na contratación de servizos de obrigado cumprimento e que xeran un gasto importante ó longo do ano. Si os podemos axudar a rebaixar o custo deste tipo de servizos xa estamos a cumprir unha das metas que se marcou a actual directiva” según recalcou a presidenta do CCHV.
O director de desenrolo territorial, Javier...
leer más