Viveiro
O Torneo Provincial Xogade 2025 de xadrez celebrarase este sábado, día 10 de maio, a partir das dez da mañá, no Espazo Xove de Viveiro. Organizado polo Club de Xadrez San Roque, de Viveiro, en colaboración co Concello e co Espazo Xove, contará coa participación de 16 equipos. A competición levarase a cabo en catro roldas, nas que un total de 64 rapaces e rapazas xogarán de xeito simultáneo.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, sinalou que “para o Concello de Viveiro sempre é unha honra recibir a deportistas. Neste campionato provincial achegarémonos a unha modalidade que promove a convivencia e a estratexia, dous valores imprescindibles da nosa mocidade”.
A asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Rasca e Gaña con 45.000 premios.
Esta é a segunda edición da campaña que se realizou por primeira vez en novembro, e que debido ó bó resultado e acollida entre os clientes agora vólvese a desenvolver.
Pero esta vez con mais negocios participantes, sendo un total de 56 e aumentando tamén os premios, que pasan de 20.000 na edición anterior a ser agora mesmo 45.000.
Este tipo de tarxetas con premios son un incentivo promocional moi exitoso, e cumpren un dobre obxectivo, por un lado fomentar as ventas no comercio local e por outro premiar a fidelidade dos clientes.
Serán un total de 56 negocios participantes de tódolos sectores, polo que os premios serán moi variados. Participan...
leer másO colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha foliada para o día 10 de maio, sábado, na Escola Vella de Galdo (Viveiro). O programa de actividades, que empezarán ás 18:00 horas, inclúe un obradoiro de baile tradicional, concertos e foliada aberta.
Pensamento e Sementeira explica que “o obradoiro de baile tradicional será impartido por Miguel Abad, o noso profe de baile tradicional durante este curso. Sabemos que sodes moitxs xs que levades preguntando se había prazas nas aulas para este ano e é por iso que vos ofreceremos a oportunidade de achegarvos á experiencia Sementando Puntos a partir das 18:00 horas do vindeiro 10 de maio. Logo, ás 19:30 horas comezarán os concertos de Pandereteiras María Soliña, Abril e Axeigo. E para o peche da II Foliada do Maio, a partir das 23:00 horas, teredes a oportunidade de tocar na foliada...
leer más
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 4 DE MAYO
1 AMATEUR V 20:30
1 AMATEUR S 21:00
1 AMATEUR D 20:30
1 UNA PELÍCULA DE MINECRAFT SD 17:45
2 THUNDERBOLTS V 20:30
2 THUNDERBOLTS S 17:30 21:00
2 THUNDERBOLTS D 17:30 20:30
3 EL CASOPLÓN V 20:30
3 EL CASOPLÓN S 21:00
3 EL CASOPLÓN D 20:30
3 UNA NOCHE EN ZOÓPOLIS SD 18:00
A parroquia de Chavín, no concello de Viveiro, celebrará as festas da Santa Cruz esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de maio.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fénix.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú prolongada co dúo Zafiro.
O campo da festa contará con carpa.
El pabellón municipal de Viveiro acogerá el sexto memorial M. Kodama de karate este sábado, día 3 de mayo.
Este evento deportivo se desarrollará de 12 a 14 horas y habrá curso de karate y examen de los alumnos de Sala 5 Gim Olymро de Viveiro.
El monitor es J.M. Bellas, 4º Dan Shotokai delegado en Galicia de la A.S.E. (Shotokai España), monitor de la As. Keiko y Escuela Kodama.
O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio de Música, organizará en maio un curso gratuíto para adultos que desexen iniciarse na música.
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o luns 28 e o mércores 30 de abril. Os interesados poden apuntarse na Secretaría do Conservatorio ou a través do número de teléfono 982.560.486.
CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 27 DE ABRIL
VIERNES 25
-Amateur – 20:30 horas
-Un funeral de locos – 20:30 horas
-El casoplón – 20:30 horas
SÁBADO 26 y DOMINGO 27
-Una película de minecraft – 17:30 horas
-Amateur – 20:30 horas
-Una noche en zoópolis – 18:00 horas
-Un funeral de locos – 20:30 horas
-El casoplón – 18:15 horas
-Wolfgang – 20:30 horas
A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro acollerá a partir do luns 28 de abril a exposición A banda de Paradela cumpre 150 anos, que organiza Egeria en colaboración coa Banda de Paradela e co patrocinio do Concello de Paradela e da Xunta de Galicia, e que estivo aberta anteriormente na Casa do Concello de Paradela e nas Bibliotecas de Lugo, A Coruña e Sarria. A exposición estará en Viveiro desde o 28 de abril ata o 8 de maio e será inaugurada o día 28 de abril ás 13:00 horas, coa presenza das alcaldesas de Viveiro e Paradela, Mariña Gueimunde e Montserrat Mulet.
A exposición está composta por 12 paneis roller de 2x1 metros, e nela faise un especial percorrido desde a fundación da Banda en 1873 ata o momento actual.
A Banda de Paradela celebrou en 2023 os seus primeiros 150 anos, con diversos actos e con...
leer másO Concello de Viveiro convoca o VII Premio de Novela Vilar Ponte, coa finalidade de render homenaxe aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, ao mesmo tempo, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.
A temática e extensión son libres e pódense presentar obras ata o 30 de xuño de 2025. Hai dous premios, de 4.000 e 1.000 euros.
As bases poden consultarse na web www.viveiro.es.