Viveiro

Etiquetas:
03/01/2025

O Concello de Viveiro anuncia que este domingo, día 5 de xaneiro, “Viveiro acollerá a súa tradicional Cabalgata de Reis, unha das citas máis esperadas do Nadal. Virá acompañada doutras actividades pensada para todos os públicos. A xornada comezará ás 12:00 horas co Roteiro de Nadal no tren turístico Vivertren, que sairá da estación de autobuses. A actividade será de entrada libre ata completar aforo. A gran cita do día, a Cabalgata de Reis Magos, arrancará ás 17:30 horas dende a Piscina Municipal, en Celeiro. O percorrido da Cabalgata incluirá o Paseo Marítimo en Celeiro, Covas, a Variante, a Avenida de Ferrol e a Travesía da Mariña. A Cabalgata chegará á zona vella de Viveiro pola Porta de Carlos V, e os nenos e nenas participantes na cabalgata baixarán á Fonte de Area. A chegada dos Reis Magos á Praza Maior está prevista para as 20:00 horas, e dende ás 18:00...

leer más
27/12/2024

A igrexa das Concepcionistas de Viveiro acollerá un concerto de panxoliñas este domingo, día 29 de decembro, ás 20:30 horas.

Está organizado pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, que anuncia: “o domingo 29 de decembro faremos o noso tradicional concerto de panxoliñas. Será ás 20:30 horas na Igrexa das Concepcionistas de Viveiro e acompañaranos a Coral de Guntín-Taboada, dirixida polo viveirense Manuel Yáñez”.

27/12/2024

O CD Egovarros presentou este venres a vixésimo quinta edición da Carreira Popular Concello de Viveiro, organizada polo club co apoio do Concello, da Deputación de Lugo e de diversas entidades deportivas.

A XXV Carreira Popular terá lugar en Viveiro este domingo, día 29 de decembro, a partir das 16:00 horas. A alcaldesa, María Loureiro, participou na presentación xunto a representantes do club.

Haberá diferentes categorías: sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, adultos feminina e adultos masculina. Estas dúas últimas contarán con primeiro, segundo e terceiro premio, mentres que as categorías infantís non serán competitivas, habendo medallas para toda a cativada participante. Ao finalizar a proba realizaranse diversos sorteos entre os participantes.

As inscricións na carreira realizaranse na...

leer más
Etiquetas:
27/12/2024

CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 2 DE ENERO DE 2025

1 SONIC 3 - VSDL 17:45 20:30
1 SONIC 3 - X 19:45
1 SONIC 3 - J 17:45 20:30

2 MUFASA: EL REY LEÓN - VSDL 17:30
2 MUFASA: EL REY LEÓN - X 19:30
2 MUFASA: EL REY LEÓN - J 17:30
2 WICKED – VSDLJ 20:30

3 KRAVEN THE HUNTER – VSDLJ 20:30
3 VAIANA 2 - VSDL 18:00
3 VAIANA 2  - X 20:00
3 VAIANA 2  - J 18:00

Etiquetas:
23/12/2024

Será a partir de las 20:30 horas. Los magos participantes serán Dani Polo, Luigi Ludus e Lola Mento. 

Dani Polo (Galicia). De sobra conocido y uno de los magos más talentosos de España.
Dani recorre Europa con sus ilusiones y entre dos premios destacan el primer Premio en el concurso del Festival Internacional de Almussafes 2017, un Premio Nacional de Magia y diferentes menciones especiales por parte de las sociedades mágicas de Francia, Italia y Latinoamérica. Más tarde, en 2018, recibo en el congreso Mágico Nacional de Francia (FFAP) el premio Ali Bongo como mago joven revelación del año en Europa.

Luigi Ludus (Málaga). Luigi es uno de los magos infantiles más importantes de Europa, ha participado en los mejores Festivales alrededor del mundo y también ha escrito varias notas y libros dedicados a la magia...

leer más
23/12/2024

A Concellería de Cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e ás veciñas co obxectivo de regular a súa participación como figurantes na Cabalgata de Reis o domingo día 5 de xaneiro. A inscrición está aberta a todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2025, teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos. O total de prazas para ir nas carroza é de 40 nenos e nenas. A inscrición poderase formalizar nos días 26, 27 e 30 de decembro de 9:00 a 14:00 horas.

A folla de inscrición facilitarase no Teatro Pastor Díaz ou pódese solicitar tamén por correo electrónico no: rbg.cultura@viveiro.es. Os datos que se deben facilitar son: nome, apelidos e data de nacemento do neno ou nena; nome e apelidos da nai, pai ou representante legal do/a menor, e autorización da participación na...

leer más
Etiquetas:
21/12/2024

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro en colaboración ca área de Comercio do Concello de Viveiro, continúa nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos. 

Á decoración dos negocios con guirnaldas navideñas e árbores de luces leds sumamos nestes días máis actividades. 

Desde o CCH explican que “ata o 7 de xaneiro sigue en marcha un concurso de Selfies na árbore de Nadal ubicada na Praza Maior con premios e sorpresas para as fotos máis divertidas. Participar é moi sinxelo, só hai que subir a foto ás redes sociais e etiquetar a @viveirocentro. A Casiña de Papá Noel, instalada nos Xardín Noriega Varela está funcionando en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 23 de decembro e o dia 24 o horario será de 16 a 19h. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas...

leer más
Etiquetas:
20/12/2024

O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición dos obradoiros de Nadal, dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos que estuden nalgún dos centros educativos do municipio. Terán lugar os días 26, 27, 30 e 31 de decembro e mais os días 2 e 3 de xaneiro. Haberá xogos, experimentos, música e máis actividades. É de balde e a inscrición será mediante formulario online no enderezo https://docs.google.com/.../1FAIpQLSeMf1_Uw.../viewform

“Son uns obradoiros para favorecer que os nenos teñan actividades durante todos os días do Nadal”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que engade: “xa se levan facendo moito tempo en Viveiro e sempre funcionan, polo que agardamos que, un ano máis, tanto as familias como os nenos estean contentos e...

leer más
Etiquetas:
20/12/2024

CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 26 DE DICIEMBRE

VIERNES 20, SÁBADO, 21, DOMINGO 22, LUNES 23 Y JUEVES 26
-Mufasa: el Rey León – 18:00 y 21:00 horas
-Vaiana 2 – 17:45 horas
-Kraven The Hunter – 21:00 horas
-Wicked – 17:30 horas
-Pídeme lo que quieras – 21:00 horas

MIÉRCOLES 25 DICIEMBRE
-Mufasa: el Rey León – 19:45 horas
-Vaiana 2 – 20:00 horas
-Wicked – 19:30 horas

Etiquetas:
18/12/2024

O Concello de Viveiro presentou a Crono Escalada Monte Castelo, un evento deportivo organizado pola Peña Lar Viveiro que se vai celebrar este domingo, día 22 de decembro. 

Na presentación, que tivo lugar na Igrexa de Galdo, estiveron presentes varios membros da asociación deportiva, así como a alcaldesa, María Loureiro, e o concelleiro de Deportes do municipio, Jesús Fernández. 

O evento comezará ás 10:00 horas do domingo na propia igrexa de Galdo, e chegará ata a ermida de Monte Castelo. Trátase dunha proba cronometrada coas modalidades BTT e Trail e xa hai 50 persoas inscritas en cada unha delas. 

Os participantes da modalidade BTT percorrerán a pista que sube a Monte Castelo, e os da modalidade trail subirán correndo polo vía crucis. O percorrido é de 6 km para a modalidade BTT e de 3,...

leer más