piscina municipal
A Piscina Municipal de Viveiro pon en marcha novas actividades de TRX e adestramento de forza, pensadas para mellorar a forma física e o benestar xeral. O Concello de Viveiro anuncia que haberá sesións de proba gratuítas os días 27, 28, 29 e 30 de abril ás 08:15 horas e o inicio dos grupos será no mes de maio. E explica que son actividades dirixidas a traballar a forza, a estabilidade e a saúde.
Para máis información e inscricións as persoas interesadas deben ir ás instalacións da piscina municipal.
A Piscina Municipal de Viveiro porá en marcha novos cursos a partir do 16 de marzo, co obxectivo de “ampliar a oferta de actividade física e promover hábitos saudables entre a veciñanza”. Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas.
A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta, anuncia o Concello de Viveiro.
As saunas da piscina olímpica municipal de Cervo reabrirán o día 7 de outubro, martes.
O Concello de Cervo anuncia: “a partir do martes 7 de outubro xa poderás gozar novamente das saunas da nosa piscina olímpica municipal. Ven relaxarte e desfrutar dun espazo pensado para o teu benestar!”.
O horario de uso das saunas e os martes e os xoves de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
O Concello de Cervo explica que é obrigatorio informar na recepción da instalación cando se vaia facer uso da sauna.
O concello de Cervo será escenario este verán de tres campus deportivos organizados pola Federación Galega de Natación (FEGAN), en colaboración co propio Concello. As actividades desenvolveranse na piscina municipal e estarán dirixidas a nenos e nenas federados interesados en mellorar as súas habilidades nas disciplinas de natación, natación artística e waterpolo. O calendario dos campus será o seguinte: de waterpolo, do 30 de xuño ao 5 de xullo; de natación, do 7 ao 12 de xullo; e de natación artística, do 14 ao 19 de xullo.
O campus de natación artística está destinado a rapaces e rapazas nados nos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, mentres que os campus de natación e waterpolo están dirixidos aos nados entre 2011 e 2014.
Durante a presentación dos campus, na que estiveron presentes a rexedora municipal de Cervo,...
leer másO Concello de Viveiro oferta nos meses de xullo e agosto unha ampla variedade de actividades na piscina municipal dirixidas tanto a adultos como a nenos e nenas.
Dunha banda,ofrécense cursos intensivos de iniciación á natación para nenos e nenas nados entre os anos 2015 e 2019. As sesión serán os luns, mércores e venres, ás 10.30 horas para a rapazada nada nos anos 2015, 2016 e 2017; e ás 11.30 horas para aqueles nados nos anos 2018 e 2019.
Os cursos desenvolveranse do 8 ao 24 de xullo e do 29 de xullo ao 14 de agosto. O prezo será de 10 euros para persoas aboadas á piscina e de 20 euros para non aboadas.
Doutra banda o Concello de Viveiro propón unha ampla oferta de actividades acuáticas para adultos este verán. Do 8 ao 24 de xullo, ofértanse natación de iniciación (martes e xoves ás 19....
leer más







