Ribadeo
Este xoves, día 29 de maio, ás 20:30horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, presentarase a novela xuvenil Cartas na escuridade, de Lois Pérez, escritor vinculado á vila ribadense que agora está afincado en Lugo.
O acto está organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que “este relato xuvenil levou o premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno”.
Teresa González Piñeiroa (profesora de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo) vai conducir a presentación, na que participará Lois Pérez.
En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar os problemas e as vantaxes do sector comercial en Ribadeo, as actividades organizadas así como a posibilidade de unificar o calendario de aperturas e os horarios comerciais.
Forman parte da comisión como membros voluntarios Rocío Pertejo, Patricia Pérez e Susana Moreira; e como membros natos Carmen Cruzado, presidenta de Acisa; Felipe Fernández, secretario da asociación; Manoli Torviso, tesoureira de Acisa e representante do sector comercial, así como Trinidad Otero e José Ramón Leal, en representación do comercio ribadense asociado; e Jesús Pérez, xerente de Acisa.
Foi o xerente o que explicou que “a comisión é un órgano consultivo non vinculante” e que “calquera decisión ou acordo adoptados deberán ser ratificados pola...
leer másO día 25 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo o cantautor asturiano Pablo Valdés actuará na rúa San Francisco a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
O Domingueo en Ribadeo continuará os días 15 e 29 de xuño e o 6 de xullo por diferentes localizacións da vila.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.
O Concello de Ribadeo, a través da Concellería de Benestar Social, organiza, coa colaboración da asociación Afammer, un ciclo de cursos sobre saúde, que se desenvolverán de maio a outubro.
A edil Elena Sierra explica que “el primero tendrá lugar el próximo lunes, 26 de mayo, será sobre primeros auxilios y las plazas para asistir están cubiertas. El martes, día 27, tendremos un curso sobre primeros auxilios pediátricos de 16 a 21 horas en el Centro Sociocomunitario de Ribadeo, en el que se abordarán cuestiones como las intoxicaciones, las picaduras, las erupciones cutáneas, las reacciones alérgicas o las convulsiones. Y el 29 de mayo nos ocuparemos de la prevención de accidentes domésticos”.
A concelleira de Benestar Social conta tamén que “el 10 de junio tendremos un curso sobre prevención y detección de conductas...
leer másRibadeo acollerá do 23 ao 28 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón, que foi presentado no Salón dos Alcaldes. No acto participaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o alcalde, Dani Vega, o responsable de Negocio Deportivo do equipo asturiano, Daniel Acebal e o CEO de The Football Dream, organizador do Campus Mareo Itinerante, Alberto Carmona.
O edil de Deportes tivo palabras de agradecemento para o club asturiano: “quiero darle las gracias desde el Concello de Ribadeo al Sporting por enseñar los valores y ese gran talento de una de las mejores canteras del fútbol español, como dice su historia, a nuestros jugadores, como hacen con los suyos. Os damos las gracias por hacer tan bien vuestro trabajo, por entender que el deporte es clave y por escoger a Ribadeo como epicentro del deporte y entender que somos...
leer másA Xunta de Galicia apoia a primeira edición do Campus Internacional de Baloncesto ‘Sublime’ de Ribadeo, que se celebrará do 20 ao 25 de xullo nas instalacións do pavillón municipal ribadense.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou este xoves, 22 de maio, na presentación da actividade xunto ao alcalde ribadense, Daniel Vega, e representantes da organización.
O campus contará cun equipo internacional de primeiro nivel, que enfocará os adestramentos a ensinar as mellores técnicas do baloncesto europeo e americano. Está aberto a deportistas nacidos entre os anos 2007 e 2013. A iniciativa enmárcase nun proxecto impulsado conxuntamente polo exxogador profesional lucense Pablo Ferreiro e o campión da NBA cos Boston Celtics Payton Pritchard. A actividade terá un director europeo e outro estadounidense,...
leer másOs días 24 e 25 de maio, sábado e domingo, terá lugar o XIX Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a Asociación de Veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado este xoves. 66 equipos participarán na categoría de +35 e 16 na de +45. Os clubs que se desprazarán ata Ribadeo proceden de México, Arxentina, Portugal, Irlanda, Francia, Bangladesh, Italia, República Checa e España (9 comunidades autónomas).
Os organizadores estiman que entre todos os equipos desprazarán a Ribadeo a máis de 2.500 persoas, das que arredor de 1.650 son xogadores e o resto acompañantes: “a maioría dos equipos estarán en Ribadeo desde mañá ata o vindeiro luns, pero xa contamos con algún equipo na vila desde o martes, que aproveitan para coñecer os campos de fútbol nos que van xogar e para facer turismo pola zona”.
... leer másA décimo primeira edición da feira ribadense do libro Letras no Campo terá lugar desde este venres, día 23 de maio, ata o domingo 25 de cun amplo programa de actividades. O horario de visita ás sete casetas instaladas no Campo de San Francisco será de 11:30 a 13:30 horas e de 17 a 20:30 horas.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “a undécima edición da feira ribadense do libro Letras no Campo celébrase esta fin de semana con varias liñas temáticas. A primeira, as homenaxeadas este ano no 17 de maio: as cantareiras, protagonistas dun concerto didáctico celebrado o martes, dun obradoiro de reciclaxe e da actuación de Xeitosiñas este venres e da presentación colectiva do libro Somos Cantareiras por Mercedes Peón e Ana Romaní, entre outras, o domingo ás 12:00 horas”.
A edil ribadense contou que “a segunda temática é o galego de Asturias. Coa lectura...
leer másDesde hoxe ata o 10 de xuño ten lugar una nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que organizan a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta coa colaboración de Abanca e das asociacións de comerciantes e dos CCA, como é o caso de Acisa Ribadeo.
Durante estas semanas, os clientes que realicen compras en establecementos participantes poderán rexistrar os seus tíckets en www.diasazuis.com/www.diasazuis.com/comercios, duplicando a súa participación se o comercio realiza o rexistro pola súa conta. Entre todos os participantes sortearanse 20.000 euros en premios, distribuídos en 44 tarxetas prepago de 250 euros cada unha (11 por provincia) e 60 tarxetas de 150 euros cada unha (15 por provincia).
... leer más












