Ribadeo
A medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Cedofeira o vindeiro 5 de febreiro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo.
Será na Escola de Cedofeita ás 18:00 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “el doctor Flórez Lozano nos hablará de lo conveniente que es envejecer con humor. Ese es el mejor fármaco para la salud y la longevidad. Es una conferencia con la que animará a los asistentes a vivir plenamente esta etapa de la vida con desafíos, expectativas, ilusiones, trabajo, esfuerzo y superación”.
E engade: “ya tuvimos la suerte de recibir en Ribadeo, en el Salón de los Alcaldes del Concello, al doctor Flórez Lozano el pasado mes de diciembre y...
leer másTeatro do Noroeste representa a obra titulada Guerra, escrita e dirixida por Eduardo Alonso, en Ribadeo este domingo, día 2 de febreiro. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.
A sinopse é a seguinte: “nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no teatro europeo, desde Shakespeare até Lorca, enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución”.
Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez son os intérpretes de Guerra, que conta coa dirección musical de Bernardo Martínez, a...
leer másA Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy organiza unha viaxe a esta localidade da Bretaña francesa do 1 ao 9 de xullo.
“Durante a estancia aloxarémonos coas familias de acollida e gozaremos dun amplo programa de actividades e visitas. O desprazamento será en autobús, con parada intermedia para durmir”, explican os organizadores.
Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 629.47.52.99 ou enviar correo electrónico á dirección irmandade.ribadeo@gmail.com.
As concelleiras de Benestar Social, Cultura e Educación, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, presentaron Que no te atrapen, unha actividade organizada desde o Programa de Prevención de Adiccións en colaboración co CIM.
Ambas explicaron que “se trata dunha exposición itinerante que percorrerá os centros de ensino que teñen alumnado de ESO. Son 14 roll ups con contidos sobre as pantallas e a saúde física e mental, as redes sociais, xogos de azar, etc. Acompáñase cun caderniño para cada alumn@, no que se tratan máis profundamente os temas antes mencionados, de maneira clara e sinxela, con consellos e exercicios”.
E indicaron que “esta mostra ten como finalidade apoiar os coñecementos adquiridos polo alumnado nos obradoiros organizados polo CIM e desenvolvidos o pasado mes de novembro (Conectad@s da Asociación Aliad...
leer másO concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “van participar 70 xogadores procedentes de varios puntos de España. O torneo vaise disputar nas modalidades de individual, dobres e dobres mixtos. Dará comezo ás 9:30 horas e rematará cara as oito da tarde coa entrega de trofeos”.
Silvent subliñou que “é un Máster puntuable para o circuíto nacional de bádminton”.
O edil ribadense dixo que “Ribadeo aumenta as súas modalidades deportivas locais. Consideramos que para os amantes do bádminton é un aliciente poder presenciar un evento destas características na nosa vila, xa que estamos a falar dun Máster a nivel nacional”.
Colaboran co Club de Bádminton da Mariña o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
A compañía teatral Elefante Elegante representará a obra titulada KYOKI este domingo, día 26 de xaneiro, en Ribadeo. Será ás 17:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.
O Concello de Ribadeo anuncia que “Elefante Elegante trae esta marabillosa obra onde os xestos, as cores e os obxectos falan do coidado ás persoas con demencia”.
KYOKI, que significa demencia en xaponés, é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.
El musical No Controles, Revive los 80s y los 90s, llegará en marzo a Ribadeo. Será el día 14 a las 21:30 horas en el auditorio municipal Hernán Naval.
La duración del espectáculo es de 70 minutos.
Las entradas, ya en venta anticipada, tienen un coste de 14 euros. Se pueden comprar en ticketrona.com
El día de la función el precio será de 18 euros.
O recentemente creado colectivo amarinha.gal -constituído en inicio por Lucía Ferro (escritora en varias linguas e autora de performances), José Manuel Ventoso (enxeñeiro desenvolvedor de software en varias compañías multinacionais e de xeito independente) e Antonio Gregorio (físico e profesor xubilado)- ofrece unha charla titulada Retomando prazas públicas, para “aprender a usar alternativas a Facebook, Twiter e Google”, anuncian. Será este venres, día 24 de xaneiro, ás 17:30 horas na biblioteca pública municipal de Ribadeo.
A artista Teresa Esra exporá acuarelas, gravados e debuxos na sala da Oficina de Turismo de Ribadeo desde este mércores, 22 de xaneiro, ata o día 9 de febreiro.
A mostra, titulada Historia dun mariñeiro, poderá visitarse de luns a sábados en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.