Ribadeo
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “con esta campaña o Ribadeo FC pretende recadar fondos para a súa entidade e Acisa premiar aos gañadores do sorteo con vales de compra para poder usar no comercio e na hostalaría asociados. Para participar é necesario comprar algunha das rifas que dende o Ribadeo FC poñerán á venda esta semana, tras a celebración do Antroido. É importante destacar que os ingresos producidos pola venda das rifas son integra e exclusivamente para o Ribadeo FC. O prezo é de 2 euros. As editadas están numeradas do 1 ao 5.000. Queda reservado á organización o dereito de ampliar o número de rifas editadas para a realización do sorteo en caso de que as ventas sexan exitosas. As rifas poderán mercarse ata o 11 de maio”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “as rifas que se poñen á venda estarán formadas...
leer másRibadeo acollerá a quinta edición da Heroican Race o vindeiro 28 de setembro. Concello e BeOne subliñan a dimensión deste evento deportivo, que foi presentado esta mañá.
O alcalde, Dani Vega, declarou: “agradézoche a Roberto e todo o seu equipo que veñan a Ribadeo. O Concello, evidentemente, colabora naquelo que observa e visualiza que é interesante para o municipio. A Heroican Race, que sempre se celebrou en Ribadeo, durante un período non puido ou non foi posible, por desgraza, pero cando nós chegamos ao Concello ao goberno decidimos colaborar con este evento”.
O rexedor dixo: “evidentemente, dio Roberto e dio moi ben, é unha actividade deportiva, pero tamén ten unha dimensión económica, ten ese impacto económico, é un revulsivo para a hostalería, para o comercio, para os hoteis. En definitiva, é outro impulso...
leer másAcisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas novos materiais gratuítos para hostalería. Trátase de 16.500 bolsas de comida para levar. Na presentación participaron a presidenta e o xerente da asociación, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “o investimento realizado nestas 16.500 bolsas de comida para levar está preto dos 6.000 euros, que podemos realizar con fondos propios e coa colaboración do Concello de Ribadeo. Desde Acisa facemos un esforzo moi importante para dotar aos nosos asociados e asociadas deste material de xeito totalmente gratuíto, porque creemos e temos acreditada a súa gran utilidade e por iso priorizamos estas accións na nosa programación. Entendemos que estamos diante dunha grande vantaxe para que os novos...
leer másO Concello de Ribadeo anuncia que este venres, día 28 de febreiro, na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho as Mestras de Conto (Mayte, Loli e Adela) amenizarán ós máis pequenos cun conto teatralizado. É unha actividade para nenas e nenos de 4 a 6 anos e haberá dúas sesións: ás 17:00 e ás 18:30 horas.
“Reserva a túa praza no WhatsApp da Biblioteca: 604.08.42. 01. Unha tarde máxica agarda por vós!”, remata o Concello de Ribadeo.
Despois de ter unha primeira convocatoria este curso, o pasado trimestre, o martes 18 de marzo ás cinco da tarde terá lugar unha nova xuntanza do club de lectura en lingua galega da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ribadeo. Será para falar sobre o libro Resaibo amargo, o primeiro dos publicados da escritora Lucía Ferro. A xuntanza terá lugar na biblioteca do centro.
O club está aberto non só á xente relacionada coa EOI senón tamén a calquera persoa interesada. Nesta nova edición, ademais, participará xente voluntaria do programa de voluntariado da EOI, que se está a desenvolver por segundo ano.
Ademais de nas librarías, esta publicación está dispoñible tanto na EOI como nas bibliotecas públicas da contorna.
O cartel realizado para a ocasión conta cun código QR para aproximarse...
leer másIntensa actividade esta fin de semana no Forte de San Damián. O sábado, 1 de marzo, haberá xornada de portas abertas e visita guiada e o domingo, día 2, charla de Alberto Paraje.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana podemos gozar do Forte de San Damián. O sábado de 10:30 a 13:30 horas e tamén poderemos disfrutar dunha visita guiada ás 12:00 para a que debemos apuntarnos no correo castillosandamian @gmail.com”.
A edil ribadense continuou a relatar que “o domingo, 2 de marzo, ás 17:00 horas Alberto Paraje ofreceranos unha conferencia sobre o ataque inglés a Ribadeo no ano 1719. É un episodio salientable na historia da nosa ría, no que participaron conxuntamente o Forte de San Damián e a Batería da Atalaia, cun desenlace inesperado e deixando tras de sí dous dos pecios máis...
leer másO concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “no pavillón da avenida de Luarca entre as 10 e as 14 horas máis de 300 participantes se darán cita nesta xornada de judo de Xogade, unha iniciativa de Deporte Galego e da Xunta de Galicia”.
O edil ribadense indicou que “se trata de practicar un deporte, como o judo, de xeito fácil e divertido. Son xogos deportivos para nenas e nenos en idade escolar”.
Silvent engadiu que “estamos encantados de que Ribadeo siga acollendo eventos deportivos de diferentes disciplinas ao longo de todo o ano”.
No acto de presentación desta xornada de Xogade, que se desenvolverá en Ribadeo o vindeiro 8 de marzo, participaron Manuel Otero, xefe provincial de Deportes da Xunta en Lugo; Iván Carballeira, delegado en Lugo da Federación Galega de Judo...
leer másO Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, acollerá a presentación do libro titulado Ribadeo, rúas, prazas e espazos, de Eduardo Gutiérrez. Será este venres, día 28 de febreiro, ás 20:00 horas.
“Non vos perdades esta interesante presentación a cargo do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. Unha oportunidade perfecta para coñecer máis sobre a nosa historia”, anuncia o Concello de Ribadeo.
O vindeiro 14 de marzo terá lugar en Ribadeo a Gala do Deporte na que serán premiados 506 deportistas. Está organizada polo Concello e contará con dous invitados moi especiais: Iván Raña e Óscar Pereiro.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “estamos ultimando os detalles deste gran evento deportivo, que se celebrará no pavillón da Avenida de Luarca o 14 de marzo ás 20:30 horas. Contaremos coa presenza de dous grandes deportistas, como son Iván Raña e Óscar Pereiro, aos que lles agradecemos a súa dispoñibilidade para poder acompañarnos nesa importante xornada”.
O edil ribadense contou que “imos premiar a 506 rapazas e rapaces de 16 modalidades deportivas, que son campións da Mariña, ou que acadaron podios provinciais ou galegos, ou que se atopan nos top 20 en campionatos de España....
leer más