Ribadeo
A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza as XXIII Xornadas de Historia Local en Ribadeo desde este mércores, 16 de xullo, ata o venres 18. O título é As mulleres fronte á historia e as actividades serán no salón de actos da Casa do Mar ás 20:30 horas os tres días.
O mércores 16 haberá unha charla coloquio sobre Os ámbitos da cultura e o mundo académico e científico, na que participarán Carmen Rodríguez Cancelo (directora da Coral Polifónica de Ribadeo) e Montserrat Iglesias (farmacéutica e autora de estudos sobre Manuela Barreiro Pico).
O xoves o historiador e investigador Xosé María Leal Bóveda falará sobre Historias de mulleres resilientes nos séculos XVIII e XIX.
E o título da conferencia do venres é A muller no agro galego: afouteza e perseverancia,...
leer másABANCA, Afundación e o Concello de Ribadeo inauguraron este xoves a exposición titulada Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española non século XX, que se poderá visitar ata o 27 de agosto na Oficina de Turismo de Ribadeo en horario de martes a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Ao acto asistiron o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro; a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano; e a subdirectora de ABANCA en Ribadeo, Chus Vizcaíno.
Afundación explica que “esta colaboración forma parte do proxecto Corrente cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra...
leer másPiñeiro, na parroquia ribadense de Cedofeita, celebrará a festa na honra á Virxe do Carme este sábado, día 12 de xullo.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión co Gaiteiro das Catedrais e sesión vermú co grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo La Hora Bruja.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) destaca o esforzo económico que realiza no marco da coorganizacion do Ribadeo Indiano, investindo máis de 45.000 euros neste décimo aniversario que esta a piques de comezar. A vila vístese estes días de branca para gozar dunha cita, que se desenvolverá do 11 ao 13 de xullo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “as rúas, prazas, rotondas xa están decoradas, aparcamentos a punto, escenarios a piques de estar listos,...O X Ribadeo Indiano xa esta aquí. Este ano 2025. con motivo da celebración do décimo aniversario e grazas as axudas obtidas, Acisa Ribadeo fai un esforzo sen precedentes e inviste unha cantidade récord, duplicando o presuposto dedicado ao Ribadeo Indiano, máis do dobre doutras edicións e sendo a actividade á que mais recursos destinamos, con...
leer másXa está na rúa o noveno número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Desde este mércores estase a distribuír entre os negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.
Esta publicación, que conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, é posible grazas ao gran apoio que recibe en cada edición por parte dos anunciantes, que neste número xa son máis de cen, e dos autores que colaboran cos seus artigos. Neste apartado conta con escritos de Aida Álvarez, Alberto Paraje, Begoña Sanjurjo, Carlos Álvarez Lebredo, María José Fernández Azpeitia e Pablo Rodríguez (Vivin).
Neste xornal recóllense tamén testemuñas e historias, en formato reportaxe ou entrevista, do pregoeiro...
leer másO Teatro de Ribadeo acollerá este sábado, día 12 de xullo, a presentación do libro titulado Ramón González e Corona González Santos, un matrimonio de filántropos, do que é autora a historiadora Celia Castro. O acto dará comezo ás 11:30 horas e será presentado polo xornalista ribadense Juan Soto, un dos prologuistas da publicación.
O libro, editado por Eoditorial, fai un repaso pola vida deste matrimonio, pola súa labor de mecenado e pola repercusión que tivo tanto na sociedade ribadense coma na do Porriño.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a asistir á presentación deste sábado, 12 de xullo, “para coñecer máis polo miúdo o que fixeron indianos e filántropos como Ramón González e a súa dona por Ribadeo. A súa pegada está presente na Praza de Abastos, no Teatro e na Terceira Orde, por poñer só...
leer másOs Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado este domingo no quiosco da música, no Campo de San Francisco ribadense. Ducias de nenas e nenos achegáronse a coñecer aos Bolechas, que compartiron fotos, bicos e apertas con eles. Houbo tempo para amosar todo o que saben as pícaras e os pícaros de Ribadeo sobre os indianos máis coñecidos, como Ramón González, a quen está dedicado este ano a décima edición deste evento histórico cultural, que se celebrará do 11 ao 13 de xullo. Son 1.000 exemplares os editados, que se poñen á venda ao prezo de 10 euros na Oficina de Turismo e na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que se repartirán varias partidas polos centros escolares de Ribadeo.
Asistiron ao acto de presentación do libro o alcalde, Dani Vega; as concelleiras de...
leer másRibadeo Basket Pro 2025 terá lugar do 13 ao 19 de xullo. Trátase dun stage de perfeccionamento técnico-táctico feminino de baloncesto destinado a rapazas nadas no 2011 ou en anos anteriores.
Da man de grandes profesionais gozarán de adestramentos específicos, traballo individualizado, desenvolvemento de fundamentos técnico-tácticos ofensivos e defensivos, preparación física orientada ao xogo ou nutrición deportiva.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “as rapazas que participen neste stage recibirán formación de adestradores de primeiro nivel e tamén de preparados físicos e fisioterapeutas”.
E engadiu: “seguimos apostando polo baloncesto e acollemos este verán unha nova edición de Ribadeo Basket Pro. Agardamos que moitas rapazas se animen a participar”.
... leer másCarlos Núñez, o Mago Antón ou Pepo Suevos son algunhas das actuacións das que gozará Ribadeo no terceiro trimestre deste 2025. A axenda cultural inclúe ademais exposicións e actividades para o público infantil.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “esta terceira axenda cultural do 2025 comeza coas vésperas do Ribadeo Indiano: o venres presentación do libro El Rey de los Jíbaros, o sábado concerto da Filarmónica de Lugo no auditorio e o domingo virán os Bolechas para estar cos máis pequenos e presentar o seu libro Ribadeo Indiano. Pero ademais teremos o XIII Curso de Jazz e Música Moderna, que rematará cun concerto na praza de Pancho Maseda o domingo ás 19:30 horas. Este mesmo día As Vacas Fracas terán no Cantón, desde as 11:30, o seu Mercado Xeitosiño, e convídannos a rematar no auditorio con teatro: La recepción”.
... leer más












