Ribadeo
Desde a Área de Igualdade a súa responsable, Begoña Sanjurjo, explica que “desde o 19 de marzo ata o 4 de abril podedes participar neste concurso e compartir a vosa visión sobre a igualdade de xénero. Buscamos fotografías que reflictan a igualdade desde calquera perspectiva: corresponsabilidade no fogar, deporte en igualdade, conciliación laboral... A vosa creatividade será a protagonista”.
A edil ribadense indica que “participar é moi sinxelo. So tedes que enviar as vosas fotografías por email a cim@ribadeo.gal poñendo como asunto: Obxectivo Igualdade 2025: Qué para ti a Igualdade? Desde esta Concellería queremos animarvos a participar e a amosar a vosa visión sobre a igualdade”.
O concurso establece os seguintes premios:
- Categoría A (12-17 anos): 250 € + Diploma....
O poemario titulado Laídos Cardíacos, de Lucía Ferro, será presentado en Ribadeo este venres, día 21 de marzo. O acto será ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, que está na rúa Antonio Otero, 19, da vila ribadense.
Haberá un recital poético con acompañamento musical, a cargo de José Manuel Ventoso á guitarra. E ademais intervirá Antonio Gregorio.
Mañá, 19 de marzo, ás 20 horas o Salón dos Alcades do Concello de Ribadeo acollerá a proxección de “A Nave das Marías”, de Cris Andina.
Dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo convidan a asistir á devandita proxección de “A Nave das Marías”, documental finalista dos Premios Mestre Mateo, que explora o teatro como ferramenta de intervención social.
Esta obra, creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur, dá voz a mulleres migrantes, ofrecendo un espazo de participación e visibilización para impulsar a sensibilización en cuestións de xénero.
Tras a proxección, haberá un coloquio coas directoras Saamira Ganay e Cris Andina, unha oportunidade única para coñecer máis sobre o proxecto e o impacto do teatro na igualdade.
A actividade enmárcase na...
leer másEn Ribadeo abrió recientemente un establecimiento dedicado a la repostería personalizada y también es cafetería. Está en la calle San Francisco, se llama Aware Cakes y acaba de integrarse en la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA) de Ribadeo.
El propietario del establecimiento es Manu Aragón, que nació hace 39 años en Gijón y lleva una década viviendo en Ribadeo. “Vine para pasar un fin de semana y aquí me quedé. Siempre me he sentido muy bien acogido en el pueblo y a lo largo de estos años he trabajado en una conocida pizzería y en un hotel. A raíz de la pandemia y el confinamiento decidí abrir una pequeña tienda online para vender materiales de scrapbooking, que es otro de mis hobbies y mis virtudes, vinculado a un pequeño canal de youtube que tengo para enseñar esos...
leer másEste venres, 21 de marzo, comezan os Encontros de Familias Ribadeo 2025. A xornada estará dedicada á educación emocional.
Desenvolverase no centro sociocomunitario de 18 a 20 horas. Haberá servizo gratuíto de lecer simultáneo para as crianzas.
Estes encontros son un espazo para aprender, reflexionar e compartir experiencias. Están organizados pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia coa colaboración da asociación Guillem Veiga Iglesias.
Os Encontros de Familias seguirán o 28 de marzo e o 4 de abril.
O pub Ribanzo acollerá o vindeiro 22 de marzo o II Torneo de Mus da Mariña Vila de Ribadeo, que reunirá a 40 parellas desde as 10 da mañá.
O evento foi presentado no Concello con asistencia do alcalde, Dani Vega, o delegado da Asociación Española de Mus en Lugo, Atxa, e Jesús Santos, gran apoio neste torneo de Ribadeo, tal e como explican desde a organización.
Xa hai 39 parellas inscritas das 40 posibles participantes. O prazo segue aberto ata o xoves, día 20. O sistema será Torneos A, B e C preclasificatorio e eliminatorias. A primeira rolda dará comezo ás 10 da mañá e a quinta está prevista para as 16:30 horas.
Os premios para os gañadores do Torneo A consistirán en invitación para o Máster Nacional 2025, que se celebrará en novembro en Marbella/Estepona (con hotel e media pensión) e 3...
leer másVolven as audicións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. En marzo serán os días 19 e 25
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro e nas que participa boa parte do alumnado. Neste 2025 terán lugar entre os meses de marzo e xuño.
O responsable do centro, Hugo García, dixo que “tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”.
Dende a vindeira semana e ata o mes de xuño a EMMeD de Ribadeo ten programadas un total de once audicións, dirixidas a toda a cidadanía. A audición do alumnado de oboe e saxofón será o próximo mércores, 19 de marzo, no Salón de Actos. Seguirán a audición do alumnado de...
leer másA parroquia ribadense da Devesa celebrará unha comida veciñal o día 13 de abril, domingo, na explanada do Círculo Habanero.
As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada pola cantante Verónica Cambón. Ás 14:30 horas empezará a comida e seguidamente haberá sorteos e baile a cargo de Verónica Cambón.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de A Devesa, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo.
Na rúa San Roque está instalada a exposición Xeración Líder, que conmemora os mil números do suplemento deportivo de La Voz de Galicia. En sete paneis pódense ver medio milleiro de portadas da devandita publicación, que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A mostra fai un percorrido pola historia do deporte base da provincia de Lugo, centrada en modalidades como o fútbol, o baloncesto e o fútbol sala.