Ribadeo
22/10/2015
O 24 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Hernán Naval e cunha entrada de 3 euros, a prestixiosa pianista arxentina Dora de Marinis ofrecerá un novo concerto no ciclo Músicas posíbeis. A artista, que está de xira por Europa, trae un repertorio con Chopin e Beethoven na primeira parte e cos compositores arxentinos Julián Aguirre e Alberto Ginastera na segunda.
A dilatada carreira artística de Dora de Marinis inclúe tanto os seus concertos como solista e música de cámara como un amplo traballo pedagóxico e de recuperación do legado de compositores arxentinos esquecidos. Dun xeito autodidacta, as súas investigacións convértena nunha das maiores expertas en música latinoamericana do continente.
21/10/2015
Volven os Foros Permanentes para as Mulleres, na súa novena edición cunha xornada de descanso termal a un spa na Coruña. Será o 8 de novembro. A inscrición está aberta no CIM. As prazas son limitadas.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, lembra que “nove anos son que levamos nesta andaina dos Foros dende o Centro de información á Muller do Concello de Ribadeo. Nove edicións dedicadas a promover unha saúde integral das mulleres e a fomentar un tempo libre, un espazo de ocio para elas”.
A edil nacionalista sinalou que “os horarios no caso das mulleres son xornadas sen descanso, por mor da discriminación sufrida historicamente e na actualidade como consecuencia da asinación dun papel vinculado ao ámbito do fogar e dos...
leer más 16/10/2015
Ata o 6 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para participar no XIII Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 5 ao 8 de decembro.
Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “o Mercado de Nadal quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño, onde se visibilice o traballo e o talento creativo e innovador dos creadores/as, artistas e artesáns. Nesta edición queremos dar un pulo a novos creadores e emprendementos no eido da artesanía e da creatividade. O noso mercado estará aberto aos artesáns, artistas e creadores nos ámbitos da ilustración, a fotografía, o deseño gráfico, xoguetería, complementos, roupa e deseño doutros produtos en xeral”.
Os...
leer más 15/10/2015
Caxade, o proxecto persoal do músico Alonso Caxade, ten unha cita co público de Ribadeo este domingo, 18 de outubro, no Teatro. A entrada é libre. O recital enmárcase no ciclo Músicas Posíbeis.
Caxade é un proxecto de indie-folk cun arrecendo a música minimalista e sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, aderezada con surrealismo post-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. O seu primeiro disco, “A Dança das Moscas”, vendeu 1500 copias. Unha xira de presentación de mais de 90 concertos e o bo acollemento do público e da crítica fan que Caxade sexa xa un referente da nova música galega. A súa música mereceu o Premio Opinión Ao Mellor Artista e foi gañadora do Certame Música Xove. Ademais, foi nominado aos Premios...
leer más 07/10/2015
A Asociación Familiar de Amas de Casa de Ribadeo organiza cursos de ximnasia, pilates e zumba para as súas socias, actividades que comezarán a celebrarse este mesmo mes e que se prolongarán ata o mes de xuño.
As clases de Pilates serán os luns e os mércores de 19:15 a 20:25 horas; os martes e os xoves de 17:30 a 18:30 horas e de 18:30 a 19:30 horas. As prazas son limitadas a 20 socias por grupo.
A ximnasia será os martes e xoves de 19:45 a 20:45 horas e as clases de zumba serán os luns e os mércores de 20:15 a 21:15 horas.
Todas aquelas que desexen participar deben achegarse ao local social do colectivo, na Casa do Mar, entre o 13 e o 16 de outubro de 19 e as 20 horas.
02/10/2015
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, presentou este mediodía a axenda cultural para o último trimestre deste ano, que inclúe teatro, concertos, exposicións e actividades para o público infantil. O ciclo Músicas Posíbeis traerá a Ribadeo a Caxade, Dora de Maríns e Pres de Cambral e haberá teatro nas parroquias en Piñeiro, Ove e Santalla, entre outras moitas citas.
O edil nacionalista subliñou que “vai ser un trimestre con moita actividade, como caracteriza a Ribadeo, destinada a que as xentes que vivimos a longo de todo o ano aquí poidamos seguir gozando da actividade cultural: teatro, música, exposicións, … Seguirá habendo tamén presentacións de libros, que levarán a cabo diferentes asociacións, que xa por elas mesmas na súa...
leer más 01/10/2015
Ribadeo acollerá un curso de Branding para emprendedor@s os días 7 e 8 de outubro. Está organizado pola Área de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio e enmárcase dentro do programa Ribadeo Medra Contigo.
A edil Ana Martínez sinala que “hoxe é en día, definir a marca, é fundamental para darnos a coñecer entre o público. A creación dunha marca é posiblemente unha das mellores estratexias de márketing, especialmente nestes tempos onde hai unha ampla oferta de produtos”.
A concelleira de Desenvolvemento Local sinala que “neste senso , saber quen somos para saber onde estamos e por ende porque nos diferenciamos dos demais é imprescindible para crear unha marca que presente un valor engadido...
leer más 30/09/2015
A Concellaría de Igualdade comeza o vindeiro 11 de outubro unha nova edición dos Domingos a pé, que desta volta discorrerá polo municipio de Castropol, nunha ruta a pé duns 11 quilómetros, gratuíta, que inclúe a subida ao monte Pousadoiro. Precísase dun mínimo de 12 mulleres participantes para poder levarse a cabo, segundo anuncia Mariluz Álvarez Lastra.
A edil de Igualdade contou que “dende o Centro de Información á Muller do Concello de Ribadeo queremos informar a toda a cidadanía e sobre todo ás mulleres do noso concello dos Domingos a pé, esas actividades que xurdiron hai nove anos para ter un tempo de desconexión, de relax, para compartir con outras compañeiras e, sobre todo, para coñecer o noso patrimonio e o noso entorno con estas rutas a pé que imos facendo os...
leer más 30/09/2015
A Aula CeMIT de Ribadeo organiza un curso sobre o uso do smartphone para persoas maiores, que se desenvolverá entre os días 21 e 28 de outubro en horario de tarde, entre as 16:00 e as 17:30 horas. A formación inclúe manexo de novos teléfonos móbiles e das súas vantaxes. O curso está organizado en colaboración coa Fundación Vodafone España e Amtega a través de vídeo-pílulas formativas presentadas por unha persoa maior que transmite confianza e seguridade, e coa axuda do Axente TIC. O curso está pensado tanto para os que xa teñen smartphone como para os que non, xa que no caso de non dispor dun hai 12 terminais para realizar o curso.
A clases ensinarán a entender o smartphone, dende acender o teléfono, entender as iconas de pantalla...
leer más 30/09/2015
A Casa da Xuventude Ribadeo acollerá o día 21 de outubro, entre as 19:30 e as 20:30 horas unha charla sobre Os bos e malos usos das TICs. Está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) dentro da Xira Rapaciñ@s.
Segundo explican desde a Concellaría da Mocidade “a charla vai dirixida a familias, docentes e nenos entre 8 a 14 anos co obxectivo de sensibilizalos e formalos acerca dos riscos dun mal emprego de internet, das redes sociais e dos dispositivos e tamén expoñer en detalle os moitos beneficios que poden tirar dun uso axeitado destes recursos”.