Ribadeo
A Coral Polifónica de Ribadeo celebra a patroa da música, Santa Cilla, cun concerto na igrexa ribadense do convento de Santa Clara este domingo, día 24 de novembro, ás 13:00 horas.
Será unha actuación en lembranza do primeiro director da Coral Polifónica de Ribadeo, Carlos Álvarez Fernández-Cid, no 40º aniversario do seu pasamento.
De torreznos e chiquitos por Ribadeo é a nova xornada gastronómica de Acisa para despedir o mes de novembro. Está organizada pola asociación en colaboración con Asoporcel, Celtagal e Azpilicueta. Nesta actividade participan 19 establecementos asociados a Acisa.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 29 de novembro ao 1 de decembro terá lugar De torreznos e chiquitos por Ribadeo, unha cita gastronómica na que participarán 19 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer algo moi tradicional e apetecible, un combinado de tapa de torreznos de porco celta e un chiquito de viño. Grazas á colaboración de Asoporcel e Celtagal puidemos desde Acisa organizar esta nova xornada. Celtagal facilítanos de forma gratuíta preto de 35 quilos de touciño de porco celta, que imos distribuír entre os locais participantes”,
... leer másO pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño, de Ribadeo, acolle este domingo, 24 de novembro, desde as 11 da mañá dúas xornadas da Liga Regular Prebenxamín de hóckey liña.
Na cita participarán equipos chegados da Coruña, de Lugo e de Ourense. No pavillón mediranse os Rollers, os Tiburóns, os Lóstregos, Meigas e Brigantiums e os Trasnos, de Ribadeo.
O evento está organizado polo Club de Hockey Isla Pancha coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Federación Galega de Patinaxe, Deporte Galego e Xunta de Galicia.
Ribadeo organiza diversas actividades arredor do 25N. Arrincan esta vindeira fin de semana e prolongaranse ata o 5 de decembro. Haberá unha andaina, teatro, charlas para as familias, contacontos e talleres nos centros de ensino. Por aquí pasarán importantes figuras como José Antonio Vázquez Taín, Mª José Garrido Antón ou Olalla Guimarey.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que “como non podía ser doutro xeito, polo 25N Ribadeo pon o foco na prevención, na identificación, na actuación e na axuda contra a violencia de xénero. Se ben o traballo neste senso é constante durante os 365 días do ano, activarase unha programación especial con motivo desta data”.
A edil ribadense sinalou que “co lema Move ficha contra a violencia de xénero desde o Concello queremos animar a toda a sociedade a dar un paso...
leer másO estadounidense Cyrus Chestnut Trío abrirá a décima edición do Festival de Jazz&Blues de Ribadeo este sábado, día 23 de novembro ás 20:00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval. As entradas están á venda en ataquilla.com.
A promotora deste festival, Game Over Productions, explica que “Cyrus Chestnut é un pianista que creceu en Baltimore e ten tras de si unha historia fortemente ligada aos estilos de cada unha das estrelas coas que tivo o privilexio de compartir música. Desde Wynton Marsalis a Dizzy Gillespie, desde Betty Carter a Freddie Hubbard, desde Jon Hendricks a Kevin Mahogany. E, por encima de todo, está a súa paixón polo góspel e pola tradición do piano de jazz. Un músico que evita sempre a estandarización, fomenta unha inventiva repleta de alusións á vasta historia desta música e sabe asentar como poucos en pracenteiros...
leer másMag Lari estará en Ribadeo o 15 de decembro co seu espectáculo Strafalari. Será no auditorio Hernán Naval ás 17 horas. As entradas xa están á venda en entradium.com
O seu humor, os seus números, o seu vestiario e a súa maneira de facer son as que dan nome a Strafalari. Trátase dun novo espectáculo de maxia, cargado de participación e grandes ilusións.
Mag Lari é ilusionista desde hai 30 anos. Actuou en teatros de toda España e tamén en festivais internacionais de maxia en Francia, Portugal, Alemaña, Suiza e Xapón. No ano 2016 abriu a súa propia escola de maxia en Barcelona para formar a novos talentos. Presentou durante dúas tempadas o programa Pura Magia, de TVE; dirixiu o programa Magic for Humans, de Netflix, e o espectáculo Nada es imposible, do Mago Pop, representado en Madrid, en Barcelona e proximamente en...
leer másO libro titulado O gran triángulo, escrito polo ribadense Francisco Díaz-Fierros Viqueira, será presentado en Ribadeo este xoves, día 21 de novembro. Será na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho ás 20:30 horas. No acto falarán o profesor ribadense Suso Fernández Acevedo e o autor, Francisco Díaz-Fierros Viqueira.
Esta presentación está organiza pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e seu presidente, Farruca Graña, anuncia: “este xoves, 21 de novembro, imos ter a presentación do libro O gran triángulo, de Francisco Díaz-Fierros Viqueira, editada por Xerais. É unha novela ben interesante e de marcado carácter divulgador da actividade científica. De lectura amena e doada, paga a pena comprobar as vicisitudes polas que tiveron que pasar as xentes do mundo da ciencia para lograren desenvolver os seus descubrimentos. Pero a...
leer másAcisa ofrecerá mañana, 19 de noviembre, una charla informativa en el Cine Teatro sobre el proceso de renovación de la entidad. Será a las 20:30 horas. Desde la asociación animan a los miembros a asistir para informarse de las propuestas y del sistema de participación.
Según explica Jesús Pérez, el gerente de Acisa Ribadeo, “mañana martes a las 20:30 horas tendremos una charla informativa dirigida a socias y socios de Acisa para explicar cuáles son las propuestas de remodelación y modernización de la asociación, que deberán ser debatidas y votadas en la asamblea extraordinaria del próximo 26 de noviembre. En esta charla, pretendemos explicar las propuestas y el sistema de votación de este proceso, para llevar a cabo esta remodelación. Ofreceremos información a todos los socios y socias del porqué de estas medidas, aunque ya cuentan con los...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o vindeiro mércores, 20 de novembro, ás 19:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa dos músicos, que será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.
Polo escenario do auditorio pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de diversos estilos. Agrupacións de vento, corda, tecla, danza, entre outros, darán forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran Festival de Nadal que a Escola celebrará o 14 de decembro tamén no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.
A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, anima “a todas e todos os ribadenses a...
leer más